Guinea

país da África occidental

Coordenadas: 11°N 10°O / 11, -10

A Guinea,[1] oficialmente República da Guinea (en francés: République de Guinée), é un país da África Occidental, limitado ao norte pola Guinea-Bissau e polo Senegal, ao norte e leste por Malí, ao leste pola Costa do Marfil, ao sur por Liberia e Serra Leoa e ao oeste polo océano Atlántico. A súa capital é Conakry.

República da Guinea
République de Guinée
Bandeira da Guinea
Bandeira da Guinea
Escudo da Guinea
Escudo da Guinea
BandeiraEscudo
Lema: Travail - Justice - Solidarité
Trabajo - Justicia - Solidaridad
Himno: Liberté
Capital
 Poboación
Conakry
2 000 000 (2002)
Cidade máis poboadaConakry
Lingua oficialFrancés1
Forma de gobernoRepública gobernada por unha Xunta militar
Mamady Doumbouya
Mohamed Béavogui
Independencia de Francia2 de outubro de 1958
SuperficiePosto 77º
 • Total245 857 km²
Fronteiras3 399 km
Costas320 km
PoboaciónPosto 84º
 • Total9 452 670 hab.
 • Densidade38,5 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 113º
 • Total (2005)18 945 000 000 US$
 • per cápita1 986 US$
MoedaFranco guineano (GNF)
IDH (2007)0,456 (160º) – Baixo
XentilicioGuineano, guineana[1]
Fuso horarioGMT
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.gn
Prefixo telefónico+224
Prefixo radiofónico3XA-3XZ
Código ISO324 / GIN / GN
Membro de: ONU
1 Tamén se fala fula, kissi, kpelle, Maninkakan, Susu e Loma.

Historia editar

En parte do que é agora a Guinea, moitos imperios xurdiron e caeron. Entre eles o Imperio de Malí creado por Sundiata Keita, quen derrotou ao rei dos Sosso, Soumaoro Kanté na batalla de Kirina en 1235, coa cal terminou o Imperio Sosso.

O Imperio de Malí comprendía partes da área norte da Guinea que foi gobernada por mansa (emperadores). O máis famoso foi Kankan Musa I, que fixo unha famosa peregrinación cara a A Meca en 1324. O Imperio de Malí caeu presa dos invasores almorávidas que viñan do norte de África, que estableceu o Imperio Songhai, o cal caeu a mans dos marroquís en 1591.

Os musulmáns fulani migraron a Fouta Djalon na Guinea Central e estableceron un estado islámico de 1735 ata 1898 cunha constitución escrita e gobernadores alternados.

Os aventureiros europeos comezaron o comercio de escravos na rexión costeira da Guinea desde o século XVI ata o século XIX.

A actual Guinea foi creada como colonia por Francia en 1890 con Noël Balley, sendo o primeiro gobernador. A capital, Conakry, foi fundada na illa Tombo en 1890. En 1895 o país incorporouse á África Occidental Francesa.

Independente de Francia desde 1958, a Guinea non tivo eleccións democráticas ata 1993, cando o xeneral Lansana Conté (xefe do goberno militar) foi elixido presidente nunha votación. As supresións da seguridade continúan, aínda que non tan severas como nas primeiras décadas. Reelixido en 1998, o presidente enfrontouse á crecente crítica en 1999 polo seu encarceramento dun principal líder da oposición e o extenso malestar económico. As desordes en Serra Leoa tamén continuaron ameazando a estabilidade da Guinea.

En 2008, á morte de Lansana Conté, tomou o poder Moussa Dadis Camara, que ten como primeiro ministro a Cellou Dalein Diallo.

Xeografía editar

Pódense diferenciar catro zonas xeográficas:

Estas catro zonas, ás veces denominadas "rexións naturais", non se corresponden coas rexións administrativas.

Hidrografía e orografía editar

 
Guinée

O país ten 320 km de costa, na que con frecuencia medran mangleiros. Abundan as augas interiores: vinte e dous grandes ríos da África Occidental nacen na Guinea, sendo o Fouta Djalon o gran centro difusor. Entre eses ríos salientan o Níxer, o Senegal e o Gambia. As montañas máis elevadas son interiores, no confín fronteirizo con Costa do Marfil e Liberia, érguese a maior elevación do país o Monte Nimba, con 1.764 metros.

Economía editar

Artigo principal: Economía da Guinea.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar