Monte Nimba
Coordenadas: 7°37′21″N 8°24′29″O / 7.6225881944444, -8.4080586944444
Monte Nimba | |
---|---|
Elevación: | 1752 metros |
Localización: | Guinea, Costa do Marfil |
Cordilleira: | Macizo do Monte Nimba |
Primeira acensión: | |
Rota máis fácil: | |
![]() |
O Monte Nimba é a máxima elevación da Costa do Marfil e da Guinea, con 1.752 m de altitude. Está situado na fronteira entre ambos os dous países, a só 9,4 km do límite con Liberia. O nome que ostenta foille dado aínda en decembro de 1929, dacando a expedición de Sempere, Sattler e Michelis.
Nas proximidades do monte ubícanse as cidades de Lola (a 24 km) e Nzérékoré (a 48 km), na Guinea, e Yekepa (a 14 km) en Liberia.
Protección medioambiental editar
Prominente sobre a sabana circundante, o Monte Nimba é unha zona de grande riqueza ecolóxica. As ladeiras están cubertas de bosques espesos e a cimas de pasteiros de gramíneas, que teñen chamado a atención dos naturalistas. Para protexer a zona foi creada a Reserva Natural Integral do Monte Nimba, clasificada, desde 1981, como Reserva da Biosfera e sitio do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
Como de lado liberiano, especialmente, sufriu unha intensa explotación das súas ricas reservas de ferro, e había perspectivas de volver á minería, a zona foi incluída na lista de Patrimonio en Perigo.