Liberia

país de África

Liberia,[1] oficialmente República de Liberia, é un país de África Occidental. Liberia significa "Terra dos libres" en latín.[2] Limita ao norte con Serra Leoa e coa Guinea, ao leste con Costa do Marfil e ao suroeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 111 369 km² e está habitado por 4 503 000 de persoas (2015).[3] O inglés é a lingua oficial, e outras 20 linguas indíxenas son faladas por diferentes tribos que representan máis do 95% da poboación. A súa capital é Monrovia.

Modelo:Xeografía políticaLiberia
Republic of Liberia (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoAll Hail, Liberia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«The Love Of Liberty Brought Us Here»
«Любовта към свободата ни доведе тук» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 6°32′00″N 9°45′00″O / 6.53333, -9.75Coordenadas: 6°32′00″N 9°45′00″O / 6.53333, -9.75
CapitalMonrovia Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.214.030 (2021) Editar o valor em Wikidata (46,82 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie111.369 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Wuteve (pt) Traducir (1.440 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación7 de xaneiro de 1822 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor em WikidataGeorge Weah (2018–) Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataGeorge Weah Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoLegislature of Liberia (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal3.509.000.000 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar liberiano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.lr Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+231 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911 e 114 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísLR Editar o valor em Wikidata

Sitio webvisitliberia.net Editar o valor em Wikidata

Os bosques da costa están compostos na súa maioría por mangleirais tolerantes do sol, mentres que as terras menos poboadas do interior teñen bosques que se abren a unha meseta de pasteiros. O clima é ecuatorial, con abondosas chuvias durante a estación húmida dende maio a outubro e o vento harmattan que lembra o paso do ano. Liberia posúe arredor do 40% da selva húmida guineana. Foi un importante produtor de caucho a comezos do século XX.

A República de Liberia comezou como un asentamento da American Colonization Society (ACS), pero declarou a súa independencia o 26 de xullo de 1847. Os Estados Unidos non recoñeceron a independencia de Liberia até a Guerra Civil Estadounidense o 5 de febreiro de 1862. Entre o 7 de xaneiro de 1822 e a Guerra Civil, máis de 15 000 escravos americanos liberados foron enviados dende os Estados Unidos e 3 198 afrocaribeños foron recolocados no asentamento.[4]

Os colonos afroamericanos levaron canda si a súa cultura a Liberia. A constitución liberiana e a súa bandeira foron creadas a semellanza dos Estados Unidos. O 3 de xaneiro de 1848, Joseph Jenkins Roberts, un rico afroamericano nado libre en Virxinia, foi elixido como o primeiro presidente de Liberia despois de que o pobo proclamara a independencia.[4] Ó contrario que o resto dos países africanos, Liberia é a única república que autoproclamou a independencia sen rebelarse e loitar con outra nación, sendo a primeira e máis antiga república do continente. Liberia mantivo e preservou a súa independencia durante a era colonial europea.

Durante a segunda guerra mundial, Liberia apoiou os esforzos dos Estados Unidos na loita contra Alemaña, e en troques, os Estados Unidos investiron unha infraestrutura considerable en Liberia para axudar os seus esforzos bélicos. Isto axudou ó país a modernizarse e a mellor as súas redes de transporte. Ademais, o presidente William Tubman foi o responsable de grandes reformas económicas que transformaron o país. Internationalmente, Liberia foi un membro fundador da Sociedade de Nacións, da Organización das Nacións Unidas e da Organización para a Unidade Africana.

As tensións políticas duradeiras por mor do goberno durante 27 anos de William Tubman deveron nun golpe de estado militar en 1980, marcando o comezo dunha política de inestabilidade. Cinco anos de goberno do People's Redemption Council e outros cinco anos de goberno civil do National Democratic Party of Liberia foron seguidos pola Primeira e Segunda Guerra Civil Liberianas. Os resultados foron a morte e o desprazamento de máis de medio millón de persoas e a devastación da economía. O acordo de paz de 2003 conseguiu unhas eleccións democráticas no 2005. A recuperación do país avanza, pero arredor dun 85% da poboación vive por debaixo do limiar de pobreza.

A estabilidade económica e política de Liberia estivo ameazada na década de 2010 pola epidemia do ébola. Orixinouse na Guinea en decembro de 2013, entrou en Liberia en marzo de 2014 e foi declarada oficialmente rematada o 8 de maio de 2015.[5][6][7]

Historia editar

 
Mapa europeo de África Occidental e da Costa do Gran, en 1736. É unha representación arcaica de Negroland.

A Costa da Pementa, tamén coñecida como costa do gran, estivo habitada por pobos indíxenas africanos polo menos dende o século XII, ou se cadra antes. Os mende expandíronse cara ao oeste dende a rexión do Sudán, forzando a outros grupos étnicos máis pequenos a moverse cara ao sur e o océano Atlántico. Os dei, bassa, kru, gola e Kissi foron algúns dos primeiros pobos documentados nesta área.[8]

Este fluxo viuse agravado polo decline Imperio de Malí en 1375 e do Imperio Songhai en 1591. Ademais, como as rexións interiores estaban a padecer desertificación, os seus habitantes movéronse cara a costa húmida. Estes novos habitantes trouxeron con eles avances como fiado de algodón, o tecido da roupa, a fundición do ferro, o cultivo do arroz e do sorgo, e institucións políticas e sociais dos Imperios de Malí e Songhai.[9] Pouco despois de que os mane conquistaran a rexión, os vai do antigo imperio de Malí inmigraron cara a rexión de Grand Cape Mount. A etnia Kru opúxose á chegada dos vai, formando unha alianza cos mane para detelos.

Os pobos que habitaban na costa construíron canoas e comerciaron con outros pobos do occidente africano dende a Península de Cabo Verde até a Costa do Ouro. Os comerciantes árabes entraron na rexión dende o norte, e crearon un comercio de escravos de longa duración, tomando persoas a áreas cara ao norte e o leste do continente.

Entre 1461 e finais do século XVII, comerciantes portugueses, neerlandeses e británicos tiveron contactos e comerciaron na rexión. Os portugueses chamaron á área Costa da Pimenta ("Costa da Pementa") pero máis tarde sería coñecida como Costa do Gran pola abundancia de grans de pementa da Guinea ou grans do paraíso. Os comerciantes europeos intercambiaron diversos bens e produtos coa poboación local.

1815 - Colonización afroamericana editar

A emigración a Liberia foi un proceso diferenciado doutros países do Globo. A mediados de 1815 discutíase nos Estados Unidos sobre o destino dos ex-escravos. Dous grupos manifestaban as súas ideas: o primeiro composto por representantes do goberno que querían dar liberdade aos escravos e consideraban que estes se desenvolverían mellor se volvesen para a África. E o segundo grupo composto polos propios cidadáns brancos que consideraban que os negros non tiñan condicións de se encadrar no sistema capitalista. É bo lembrar que a escravitude nos Estados Unidos só foi abolida na década de 1860, e que eses ex-escravos eran apenas unha minoría.

Non hai rexistros correctos, mais foi nese período cando un caker e emprendedor afroamericano chamado Paul Cuffe investiu na primeira leva de inmigrantes que desembarcaron en Serra Leoa (a Liberia aínda non existía). Mais Paul Cuffe morreu e para completar a traxedia, os inmigrantes que el levara ata a África caeron debido a unha febre amarela en función da precaria situación do país.

Mais as mortes dos negros non abalaron o presidente James Monroe, polo contrario, inspirárono a criar unha colonia na África para se librar dos ex-escravos. No 1816 reúnese con representantes da burguesía para criar unha colonia na África. Coa axuda de Robert Finley fundase a Sociedade Americana de Colonización. Esa sociedade tiña por obxectivo xuntar fondos para enviar os negros para a nova colonia.

En 1820 os burgueses xa tiñan xuntado diñeiro dabondo. Ata que en xaneiro o navío Elizabeth parte con tres axentes brancos e 88 emigrantes. Para a insatisfacción de Monroe os axentes e 22 emigrantes morreron de Febre Amarela.

Mais iso tampouco desmotivou a Monroe, e en 1821 o navío Sail chega con outra quenda máis de emigrantes.

O erro xeográfico-social dos americanos editar

Cando a Sociedade Americana de Colonización definiu o territorio liberiano, non pensou nas graves consecuencias que virían: Os antigos escravos terían que compartir o territorio do país cos pobos que alí vivían; e os conflitos entre eses pobos e os novos inmigrantes foron constantes.

 
Joseph Jenkins Roberts, primeiro presidente de Liberia.

No 1822 fundouse a capital Monrovia, en homenaxe a James Monroe. En 1847, Joseph Jenkins Roberts, gobernador da colonia, proclamou a independencia. Con ese acontecemento, a Liberia converteuse nun dos primeiros países independentes de África.

Feitos interesantes da emigración editar

Os emigrantes forman actualmente o 5% da poboación de Liberia e son a elite do país.

Liberia quedou devastada por unha guerra civil que durou ata 2003. Formalmente é o país coa maior mariña mercante do mundo, pois un réxime fiscal vantaxoso fai que os armadores rexistren os seus navíos como liberianos.

Política editar

Artigo principal: Política de Liberia.

Liberia é unha república con réxime presidencial. O país vive actualmente unha fase de transición da guerra civil cara a unha democracia. O goberno baséase no modelo dos Estados Unidos con tres ramas iguais, aínda que o presidente ocupa en realidade un lugar preponderante dentro do ámbito político. Despois da disolución do Partido Republicano en 1876, o partido True Whig ten o poder dende o golpe de Estado de 1980. Actualmente, ningún partido posúe a maioría no parlamento.

Tralo último golpe de Estado en 2003, un goberno provisional exerceu o poder executivo do país até que nas eleccións do 8 de novembro de 2005, Ellen Johnson-Sirleaf converteuse na presidenta electa do país; a primeira muller que dirixe un país africano.

Subdivisións editar

Artigo principal: Subdivisións de Liberia.
 
Mapa de Liberia.

Liberia está dividida en quince condados:

Xeografía editar

Artigo principal: Xeografía de Liberia.

Economía editar

Artigo principal: Economía de Liberia.

Demografía editar

Artigo principal: Demografía de Liberia.

A poboación de máis de tres millóns de habitantes comprende dezaseis grupos étnicos nativos e varias minorías estranxeiras. Os kpelle no centro e oeste de Liberia son o grupo étnico máis numeroso. Os americo-liberianos, decendentes de escravos liberados que chegaron a Liberia en 1821 representan aproximadamente o 5% da poboación. Tamén hai un número importante de libaneses, indios e inmigrantes doutros países de África Occidental que contribúen en gran medida ao comercio de Liberia. Unha minoría de raza branca (estimada en 18.000 habitantes en 1999; posibelmente agora sexan menos) reside no país.

Cultura editar

Artigo principal: Cultura de Liberia.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para liberiano.
  2. Bayor, Ronald (31 de xullo de 2011). ABC-CLIO,, ed. Multicultural America: An Encyclopedia of the Newest Americans, Volume 2. p. 1462. 
  3. The World Bank country page for Liberia, ed. (2015). "Liberia". Consultado o 4 de setembro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 "July 26, 1847 Liberian independence proclaimed", This Day In History, History website.
  5. "Help in the time of Ebola". The Economist. 20 de setembro de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2014. 
  6. "Ebola in west Africa". The Economist. 9 de maio de 2015. Consultado o 10 de maio de 2015. 
  7. World Health Organization (ed.). "WHO - Latest Ebola outbreak over in Liberia; West Africa is at zero, but new flare-ups are likely to occur". Consultado o 14 de xaneiro de 2016. 
  8. Dunn-Marcos, Robin; Kollehlon, Konia T.; Ngovo, Bernard; Russ, Emily (abril de 2005). Center for Applied Linguistics, ed. "Liberians: An Introduction to their History and Culture" (PDF). Culture Profile (19): 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xuño de 2008. Consultado o 23 de xullo de 2011. 
  9. Dunn-Marcos, Robin; Kollehlon, Konia T.; Ngovo, Bernard; Russ, Emily (abril de 2005). Center for Applied Linguistics, ed. "Liberians: An Introduction to Their History and Culture" (PDF). Culture Profile (19): 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xuño de 2008. Consultado o 23 de xullo de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar