Dólar liberiano
Liberian Dollar en inglés
Código:LRD
Ámbito: Liberia
Símbolo:L$
Fracción:100 centavos
Moedas:1, 5, 10, 25, 50 centavos
e 1 dólar
Billetes:5, 10, 20, 50 e 100 dólares
Emisor:Banco de Liberia [1]
Taxa de troco:
18-2-2014 [1]
1 EUR = 117.62278 LRD
1 USD = 85.5 LRD
Troco actual

O dólar liberiano (en inglés Liberian dollar) é a unidade monetaria da República de Liberia. O código ISO 4217 é LRD e se abrevia $ ou L$ para diferencialo do dólar estadounidense e dos outros tipos de dólar. Se subdivide en 100 cents ou centavos.

Historia

editar
 
Billete dun dólar liberiano de 1862

Cando Liberia declarou a súa independencia en 1847 adoptou o dólar liberiano, que estivo en vigor ata 1907, ano en que se introduciu a libra da África occidental. En 1943 esta unidade monetaria foi substituída polo dólar estadounidense, ata que en 1960 volveuse a adoptar o dólar liberiano, do cal inicialmente só se emitiron moedas.

Billetes

editar

Circulan billetes de:

  • 5 dólares
  • 10 dólares
  • 20 dólares
  • 50 dólares
  • 100 dólares

Moedas

editar

As características principais das moedas en circulación son as siguintes:

Denominación Emisión actual Metal Forma Diámetro Canto Deseño no anverso Deseño no reverso
1 centavo 1960 Cobre Circular Liso Elefante e facial Muller e ano
5 centavos 1960 Níquel Circular Liso Elefante e facial Muller e ano
5 centavos 1960 Níquel Circular Estriado Facial e ano Muller alegórica
10 centavos 1960 Níquel Circular Estriado Facial e ano Muller alegórica
25 centavos 1960 Níquel Circular Estriado Facial e ano Muller alegórica
50 centavos 1960 Níquel Circular Estriado Facial e ano Muller alegórica
1 dólar 1960 Níquel Circular Estriado Facial e ano Muller alegórica

As moedas dun centavo aínda están en circulación, aínda que xa non se acuñan debido ao seu escaso valor.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  1. Krause, Chester L. e Clifford Mishler (2002). Standard Catalog of World Coins: (1901–2002). Krause Publications. ISBN 0-87349-401-6.
  2. Pick, Albert (2009). Standard Catalog of World Paper Money, Modern Issues, 1961-Present. Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9.

Ligazóns externas

editar