Monrovia

Coordenadas: 6°18′48″N 10°48′5″O / 6.31333, -10.80139

Monrovia é a capital e a cidade principal de Liberia. Situada na costa do Atlántico, no ano 2003 tiña 572.000 habitantes. A cidade foi denominada así en homaxe ao presidente nortamericano James Monroe, que gobernaba cando os libertos negros foron asentados no litoral africano occidental.

Monrovia
MonroviaLB14.png
Vistas da cidade
Localización
Monrovia en Liberia
Monrovia
Monrovia
PaísFlag of Liberia.svg Liberia
CondadoMontserrado
DistritoGreater Monrovia
Xeografía
Superficie13 km²
Demografía
Poboación970.824 hab. (2008)
Densidadehab/km²
Outros datos
AlcaldeMary Broh

HistoriaEditar

 
Gravado do enclave colonial de Cabo Mesurado, orixe da actual Monrovia

A área de Monrovia xa estaba habitada cando os portugueses a chamaron Cabo Mesurado, en 1560, mais a cidade no se fundou até o mes de abril do ano 1822, cando a illa de Providence (actualmente unida ao centro urbano por unha ponte) foi ocupada pola Sociedade Americana de Colonización (American Colonization Society),[1] como refuxio para escravos liberados nos Estados Unidos e mais nas Indias Occidentais británicas, imitando o que xa fixeran os ingleses en Freetown a finais do século anterior. Inicialmente foi denominada Christopolis, mais en 1824 pasou a ser designada Monrovia na honra do entón presidente dos EUA, James Monroe.

A cidade ficou severamente danada durante a Guerra Civil liberiana. As batallas importantes libráronse entre as forzas gobernamentais de Samuel Doe e as dos rebeldes de Prince Johnson no ano 1990 e mais durante o asalto do Parlamento no 1992. A consecuencia da guerra, hai en Monrovia unha gran cantidade de rapaces e mozos abandonados.

A cidadeEditar

Monrovia está situada nunha península entre o Océano Atlántico e o río Mesurado; ao norte desemboca o río Saint Paul. É a urbe máis grande de Liberia, da que é o centro administrativo, económico, comercial e financeiro. A economía urbana gravita arredor do seu porto, que durante a Segunda Guerra Mundial foi ampliado substancialmente polas forzas dos Estados Unidos.

A través do porto expórtase mineral de ferro e látex producidos no país; as súas instalacións comprenden tamén estaleiros. As industrias principais da cidade son cementeiras, refinamento de petróleo, alimentarias, materiais de construción (ladrillos, azulexos), mobiliario e produtos químicos.

Lugares de intereseEditar

Os principais sitios de interese son o Museo Nacional de Liberia, o Templo Masónico (actualmente en ruínas), o mercado de Waterside, o Centro Cultural e un bo número de praias. A cidade ten tamén un zoolóxico e un dos estadios deportivos máis grandes de África, con capacidade para acoller 40.000 persoas. É a sede da Universidade de Liberia e do Cuttington College and Divinity School.

 
Rúa de Monrovia, co hotel Old Ducor ao fondo

ComunicaciónEditar

Monrovia está conectada por mar con Greenville e Harper, cidades liberianas. O aeroporto máis achegado, o Aeroporto Internacional Roberts, está situado a 60 km da cidade, en Robertsfield.

NotasEditar

  1. "Map of Liberia, West Africa". World Digital Library. 1830. Consultado o 2013-06-02. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar