George Weah
George Manneh Oppong Ousman Weah, nado o 1 de outubro de 1966 en Monrovia, Liberia, é un ex-futbolista e político liberiano, presidente do país dende 2018.
George Weah | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | George Manneh Oppong Weah | ||
Nacemento | 1 de outubro de 1966 | ||
Lugar de nacemento | Monrovia | ||
Altura | 184 centímetros | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
É considerado no seu país unha icona, debido aos numerosos actos e axudas de carácter benéfico que ofrece ao seu pais e pola súa recoñecida habelencia nos campos de xogo.
TraxectoriaEditar
Despois de xogar en varios equipos do seu país natal e do Camerún, en 1988 fichou polo AS Mónaco francés, do que en 1992 pasou ao PSG, co que ganou unha Copa de Francia (1993) e unha Copa da Liga (1994). A súa actuación na Liga de Campións de Europa valeulle ser fichado en 1994 polo AC Milán, por cerca de 11.000 millóns de liras. Con este equipo gañou varios scudettos, o último deles en 1998-99. Tamén obtivo tres veces o Balón de Ouro africano (1989, 1994 e 1995), unha vez o Balón de Ouro europeo (1995), e foi escolleito pola FIFA o mellor futbolista do mundo en 1995. Mantívose no elenco rossonero até o 2000, ano no que fichou polo Chelsea F.C. inglés. Logo pasou ao Manchester City, e de aí volveu a Francia; o Olympique de Marsella sería o seu último equipo en Europa. Despois de xogar no Al Jazira dos EAU, retirouse da actividade en 2003.
PolíticaEditar
En 2005 fixo incursión no mundo da política ao presentarse como candidato á presidencia do seu país, mais foi derrotado nos comicios por Ellen Johnson-Sirleaf.
Weah foi finalmente elixido presidente de Liberia nas eleccións de 2017, nas que derrotou o vicepresidente Joseph Boakai,[1][2] e xurou o cargo o 22 de xaneiro de 2018.[3]
NotasEditar
- ↑ Liberia’s election threatens its fragile stability Financial Times, 8 de abril 2016
- ↑ "Weah maintains lead in Liberia election's early results". News24 (Naspers). The Associated Press. 14 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ “Liberia: George Weah sworn in as president”. Al Jazeera. Consultado o 22 de marzo de 2018