Paris Saint-Germain FC

(Redirección desde «Paris Saint-Germain Football Club»)

O Paris Saint-Germain Football Club, máis coñecido como PSG, é un club de fútbol francés, da cidade de París. Foi fundado en 1970 e xoga na Ligue 1 francesa.

Paris Saint-Germain
NomeParis Saint-Germain Football Club
Alcume(s)PSG
Fundación10 de xuño de 1970 (53 anos)
EstadioParc des Princes,
París, Francia
Inauguración1897 (renovado en 1972 e 2012-2016)
Capacidade48.712
PropietarioQatar Qatar Investment Authority
PresidenteQatar Nasser Al-Khelaifi
AdestradorEspaña Luis Enrique
LigaLigue 1
2020–21
VestimentaNike
Na rede
http://www.psg.fr/
Facebook: PSG Twitter: PSG_inside Instagram: psg Youtube: UCt9a_qP9CqHCNwilf-iULag TikTok: psg Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Estivo presente en Primeira División desde 1974, e obtivo no seu palmarés dous títulos de Liga, oito Copas de Francia, tres Copas de Liga e unha Recopa de Europa.

Historia editar

En 1970 o equipo refúndase, xa que o antigo club, o Stade Saint-Germain fundado en 1904, desapareceu. O novo equipo chámase Paris FC, e un ano máis tarde debuta na Ligue 1 francesa. Máis adiante o equipo cámbiase o nome polo de Paris Saint-Germain Football Club. O club volveu ascender á Ligue 1, categoría na que permaneceu desde entón.

O equipo gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia en 1982, e en 1986 consegue o seu primeiro título de Liga.

En 1996 o club consegue o seu primeiro título internacional, a Recopa de Europa, 5 anos despois, o PSG consegue levantar a súa segunda coroa europea, a Copa Intertoto, nunha emocionante final, na que tras empatar 0-0 na ida, logrou marcar un gol na visita ao Brescia italiano, que ao final terminou en empate, dándolle ao PSG o seu segundo título europeo, pola diferenza de goles fóra de casa.

As súas últimas tempadas na Liga foron bastante pobres e decepcionantes. Na tempada 2006-07 estivo a piques de descender á Ligue 2, pero grazas a unha importante remontada nas últimas datas finalizou no posto 15 salvando a categoría. Na tempada seguinte tamén estivo ao bordo de perder a categoría, pero se recuperou nos 4 últimos partidos sacando 2 vitorias e 2 empates e finalizando 16º. Unha loita na cal outros 2 equipos estiveron involucrados por non obter a terceira cota á Ligue 2 (18ª posición), Toulouse e Lens, este último terminaría descendendo.

Uniforme editar

 
Distintos uniformes do PSG
  • Uniforme titular: Camiseta azul cunha raias finisimas en vertical vermellas e dúas branca, pantalón azul e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca con bordeados vermellos, pantalón vermellos e medias brancas.

Estadio editar

Artigo principal: Parc des Princes.

O PSG xoga como local desde xullo de 1974 no estadio Parc des Princes, inaugurado o 18 de xullo de 1897. Antigamente había un velódromo no seu interior. O estadio actual foi inaugurado en 1972. O arquitecto que o deseñou foi Roger Taillibert e na actualidade conta cunha capacidade de 48.712 persoas.

Datos do club editar

Xogadores editar

Cadro actual editar

  • Actualizado o 20 de febreiro de 2015.
Posto País Xogador
1 POR   Nicolas Douchez
2 DEF   Thiago Silva
4 MED   Yohan Cabaye
5 DEF   Marquinhos
6 DEF   Zoumana Camara
7 MED   Lucas Moura
8 MED   Thiago Motta
9 DIA   Edinson Cavani
10 DIA   Zlatan Ibrahimović
14 MED   Blaise Matuidi
15 DIA   Jean-Christophe Bahebeck
16 POR   Mike Maignan
Posto País Xogador
17 DEF   Maxwell
19 DEF   Serge Aurier
21 DEF   Lucas Digne
22 DIA   Ezequiel Lavezzi
23 DEF   Gregory van der Wiel
24 MED   Marco Verratti
25 MED   Adrien Rabiot
27 MED   Javier Pastore
30 POR   Salvatore Sirigu
32 DEF   David Luiz
40 POR   Mory Diaw

Palmarés editar

Torneos nacionais editar

Torneos internacionais editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar