Blaise Matuidi
Blaise Matuidi (AFI: [blɛz ma.tɥi.di]), nado en Tolosa (Alta Garona, Mediodía-Pireneos) o 9 de abril de 1987, é un futbolista internacional francés que xoga como centrocampista para o Inter de Miami da Major League Soccer (MLS). Desempéñase no campo como centrocampista.
Blaise Matuidi | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Blaise Matuidi | ||
Nacemento | 9 de abril de 1987 (36 anos) | ||
Lugar de nacemento | Tolosa | ||
Altura | 1,75 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Inter de Miami | ||
Número | 8 | ||
Carreira xuvenil | |||
1993–1998 | Fontenay-sous-Bois | ||
1998–2001 | Vincennois | ||
2000–2003 | Clairefontaine | ||
2001–2004 | Créteil | ||
2004–2005 | Troyes | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2007 | Troyes | 67 | (4) |
2007–2011 | Saint-Étienne | 132 | (3) |
2011–2017 | Paris Saint-Germain | 203 | (23) |
2017–2020 | Juventus | 98 | (6) |
2020– | Inter de Miami | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2006–2007 | Francia sub-19 | 9 | (0) |
2006–2009 | Francia sub-21 | 25 | (0) |
2010– | Francia | 84 | (9) |
Na rede | |||
http://www.blaise-matuidi.com | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 1 de agosto de 2020. Selección: actualizado a 18 de novembro de 2019.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Inicios editar
Nado na cidade de Tolosa, no departamento da Alta Garona, Matuidi é descendente de pai angolano e nai franco-angolana.[1] A pesar de nacer no sur de Francia, criouse xunto cos seus catro irmáns no suburbio parisiense de Fontenay-sous-Bois.[1] Na capital francesa viuse atraído cara o fútbol vendo xogar ao principal equipo da cidade, o Paris Saint-Germain. Debido a isto, converteuse nun admirador do ex-dianteiro do PSG Jay-Jay Okocha.[2] Comezou a súa carreira futbolística á idade de seis anos xogando para o club da súa cidade natal o Fontenay-sous-Bois.[3] Despois de cinco anos no Fontenay, uniuse ao CO Vincennois nas proximidades de Vincennes, onde foi compañeiro de Yacine Brahimi durante un ano. En 1999, Matuidi foi cualificado como un dos mellores xogadores da rexión da Illa de Francia e posteriormente foi seleccionado para asistir á academia de Clairefontaine, onde se forma durante tres tempadas. Alí xoga durante a semana, mentres que ao mesmo tempo xogaba para o Vincennes as fins de semana.
En 2001, deixou ao Vincennes para asinar co club semiprofesional Union Sportive Créteil-Lusitanos; Pasou catro anos na canteira do club converténdose rapidamente nun dos xogadores máis buscados do club. A pesar de recibir unha oferta interesante dos nese momento bicampións de Francia, o Olympique Lyonnais, decide asinar en 2004 co Troyes AC.[3]
París Saint-Germain editar
O 25 de xullo de 2011, o club francés Paris Saint-Germain, confirmou que Matuidi asinara un contrato por tres anos substituíndo ao retirado Claude Makélélé.[4] A taxa do traspaso non foi revelada, mais estímase que foi por volta dos 7,5 millóns de euros máis incentivos futuros.[5] Matuidi foi presentado aos medios de comunicación o mesmo día xunto ao seu compatriota e compañeiro de equipo Jérémy Ménez e fóiselle asignado o dorsal número 14. Matuidi fixo o seu debut na liga o 6 de agosto de 2011 onde o PSG caeu 0-1 contra o Lorient.
Títulos editar
Club editar
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Ligue 1 | Paris Saint-Germain | Francia | 2013 |
Supercopa | Paris Saint-Germain | Francia | 2013 |
Copa da Liga | Paris Saint-Germain | Francia | 2014 |
Ligue 1 | Paris Saint-Germain | Francia | 2014 |
Supercopa | Paris Saint-Germain | Francia | 2014 |
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 corrieredellosport.it, ed. (2 de maio de 2009). "Matuidi, mediano scudo della difesa" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ maxifoot.fr, ed. (16 de abril de 2010). "PSG : quand Okocha régalait Matuidi" (en francés).
- ↑ 3,0 3,1 Le Parisien, ed. (15 de xaneiro de 2006). "Matuidi a tout d'un grand" (en francés).
- ↑ L'Equipe, ed. (25 de xullo do 2011). "Matuidi et Menez au PSG" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ "Matuidi et Ménez s'engagent avec le PSG" (en francés). 25 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil no sitio web oficial do PSG Arquivado 08 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
- Perfil no sitio web oficial da Ligue 1 (en francés)
- Perfil no sitio web oficial da FIFA Arquivado 25 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)