Claude Makélélé
Claude Makélelé Sinda, nado o 18 de febreiro de 1973 en Kinshasa, é un exfutbolista congolés, nacionalizado francés. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección francesa.
(2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fr) Claude Makélélé Sinda 18 de febreiro de 1973 (51 anos) Kinshasa, República Democrática do Congo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Francia (1992–) República Democrática do Congo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 65 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista , adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua francesa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Francia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista defensivo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarNaceu na República Democrática do Congo e transferiuse coa súa familia aos suburbios de París en 1977 á idade de 4 anos. O seu pai xogou na selección nacional do seu país e no campionato de fútbol belga.
Á idade de 16 anos trasladouse a Brest a unha escola de fútbol, de onde foi recrutado en 1992 polo Nantes, permanecendo alí ata 1997. Co equipo francés conquistou o título nacional en 1995, empezou a xogar na selección nacional e en 1997 pasou ó Olympique de Marsella (1997–98) onde quedou só unha tempada.
Logo foi transferido ó club galego Celta de Vigo, onde estivo dúas tempadas, fichando en 2000 polo Real Madrid, co que gañou dúas veces a Liga, unha Copa de Europa, unha Supercopa Española, unha Supercopa Europea e unha Copa Intercontinental.
En 2003 pasou ao Chelsea FC dirixido polo técnico Claudio Ranieri por unha cifra próxima ós 17 millóns de libras esterlinas. Co club inglés gañou a Premier League e a League Cup no 2005, repetindo o logro no campionato 2006.
Desde principios do 2004 ten unha relación coa modelo francesa Noémie Lenoir coa que tivo un fillo en febreiro de 2005 chamado Kelyan.
En agosto de 2007 Makélélé renovou o seu contrato co Chelsea. O novo contrato uniu ao centrocampista francés co club londiniense ata finais de xuño de 2009.
Selección nacional
editarCoa Selección de fútbol de Francia xogou máis de 50 partidos, formando parte dela nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e nos mundiais de fútbol Corea-Xapón 2002 e Alemaña '06.
Participacións en Copas do Mundo
editarMundial | Sede | Resultado |
---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol de 2002 | Corea do Sur e o Xapón | Primeira fase |
Copa Mundial de Fútbol de 2006 | Alemaña | Subcampión |
Palmarés
editarCampionatos nacionais
editarCopas internacionais
editar(*) Incluíndo a Selección