Abrir o menú principal

Coordenadas: 12°30′S 18°30′L / -12.500, -18.500

Angola
República de Angola (portugués)
Repubilika ya Ngola (quicongo, quimbundo, umbundo e chócue)
Bandeira de Angola
Emblema de Angola
BandeiraEmblema
Angola (orthographic projection).svg
Himno: Angola Avante!
Capital
 Poboación
Luanda
2 825 311
Linguas oficiaisPortugués1
Forma de gobernoRepública unitaria presidencialista
João Lourenço
Bornito de Sousa
Independencia de Portugal11 de novembro de 1975
SuperficiePosto 23º
 • Total1 246 700 km²
 • % augadesprezable
Fronteiras5 198 km
Costas1 600 km
PoboaciónPosto 50º
 • Total (2014)25 789 024 hab.
 • Densidade20,7 hab./km²
PIB (nominal)Posto 61º
 • Total (2014)129 785 millóns US$
 • per cápita6 052 US$
PIB (PPA)Posto 64º
 • Total (2014)139 059 millóns US$
 • per cápita6 484 US$
MoedaKwanza (Kz, AOA)
IDH (2013)0,526 (149º) – Baixo
XentilicioAngolano, angolana
Fuso horarioWAT (UTC+1)
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ao
Prefixo telefónico+244
Prefixo radiofónicoD2A-D3Z
Código ISO024 / AGO / AO
Membro de: ONU, UA, CPLP, UL, OPEP
1 Ademais do portugués, están recoñecidos os idiomas quicongo, chócue, umbundu, kimbundu, nganguela e kwanyama.

Angola,[1][2] oficialmente República de Angola (en portugués: República de Angola; en quicongo, kimbundu, umbundu e chócue: Repubilika ya Ngola), é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste por Zambia, ao sur por Namibia e ao oeste polo Océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte, que está constituído como unha das súas 18 provincias. A súa capital é Luanda.

Colonia portuguesa ata 1975, ten recursos naturais considerábeis, entre os que destacan o petróleo e os diamantes. O seu sistema de goberno é a democracia, cun réxime presidencialista e eleccións multipartidistas.

EtimoloxíaEditar

O nome Angola é unha derivación portuguesa do termo bantú N'gola, título dos reis do reino de Ndongo existente na época en que os portugueses se estabeleceron en Luanda, no século XVI.

HistoriaEditar

Primeiros habitantesEditar

Artigo principal: Reino de Ndongo.
 
Mapa do antigo reino de Ndongo.
 
Encontro de portugueses coa familia real do reino do Congo.

Os habitantes orixinais de Angola foron cazadores-recolectores khoisans, dispersos e pouco numerosos. A expansión dos pobos bantús, chegando do Norte a partir do segundo milenio, forzou aos khoisan (cando non eran absorbidos) a recuar cara ao sur, onde grupos residuais existen ata hoxe, en Angola (ver mapa étnico), en Namibia e en Botsuana.

Os bantús eran agricultores e cazadores. A súa expansión, a partir da África Centro-Occidental, efectuouse en grupos menores, que se relocalizaban de acordo coas circunstancias político-económicas e ecolóxicas. Entre os séculos XIV e XVII, establecéronse unha serie de reinos, sendo o principal o Reino do Congo que abrangueu o noroeste da Angola actual e unha faixa adxacente da hoxe República Democrática do Congo, da República do Congo e do Gabón; a súa capital situábase en M'Banza Kongo e o seu apoxeo deuse durante os séculos XIII e XIV. Outro reino importante foi o Reino de Ndongo, constituído naquela época ao sur/sueste do Reino do Congo. No nordés da Angola actual, mais co seu centro no sur da actual República Democrática do Congo, constituíuse, sen contacto cos reinos atrás referidos, o Reino de Lunda,[3] coloca este período no contexto rexional e continental.

En 1482, chegou á foz do río Congo unha frota portuguesa, comandada polo navegante Diogo Cão que, de inmediato, estabeleceu relacións co Reino do Congo. Este foi o primeiro contacto dos europeos con habitantes do territorio hoxe abranguido por Angola, contacto este que viría a ser determinante para o futuro deste territorio e das súas poboacións.

Período colonialEditar

Artigo principal: África Occidental Portuguesa.
 
Ilustración da raíña Nzinga en negociacións de paz co gobernador portugués en Luanda en 1657.
 
Vista da cidade de Luanda en 1883.

A partir do fin do século XV, Portugal seguiu na rexión unha dobre estratexia. Por un lado, marcou continuamente presenza no Reino do Congo, por intermedio de (sempre poucos, mais influentes) padres cultos (portugueses e italianos) que promoveron unha lenta cristianización e introduciron elementos da cultura europea. Por outro, estabeleceu en 1575 unha factoría en Luanda, nun punto de fácil acceso ao mar e próximo aos reinos do Congo e de Ndongo. Gradualmente tomaron o control, a través dunha serie de tratados e guerras, dunha faixa que se estendeu de Luanda en dirección ao Reino do Ndongo. Este territorio, dunha dimensión aínda bastante limitada, pasou máis tarde a ser designado como Angola. Por intermedio dos Reinos do Congo, do Ndongo e da Matamba, Luanda desenvolveu un tráfico de escravos con destino a Portugal, ao Brasil e á América Central que pasou a constituír a súa base económica.[4] Este proceso ten que ser visto contra o pano de fondo dun sistemático trafego de escravos a partir de Luanda[5]

Os holandeses ocuparon Angola entre 1641 e 1648, procurando estabelecer alianzas cos estados africanos da rexión. En 1648, Portugal retomou Luanda e iniciou un proceso de conquista militar dos estados do Congo e Ndongo que terminou coa vitoria dos portugueses en 1671, redundando nun control sobre aqueles reinos.[6]

Non obstante, Portugal comezara a estender a súa presenza no litoral en dirección ao Sur. En 1657 estabeleceu unha poboación preto da actual cidade de Porto Amboim, trasladada en 1617 para a actual Benguela que se tornou nunha segunda factoría, independente da de Luanda. Benguela asumiu aos poucos o control sobre un pequeno territorio a norte e leste, e iniciou á súa vez un tráfico de escravos, coa axuda de intermediarios africanos radicados no Planalto Central da Angola de hoxe.

Desde o inicio da súa presenza en Luanda e Benguela, houbo incursións ocasionais dos portugueses máis ala dos pequenos territorios baixo o seu control, pero os esforzos serios de penetración no interior só comezaron nas primeiras décadas do século XIX, desacelerando a mediados daquel século, mais recomezando con máis vigor nas súas últimas décadas.[7] Estas incursións eran en parte militares, visando o establecemento dun dominio duradeiro sobre determinadas rexións, e tiveron xeralmente que vencer, polas armas, unha resistencia maior ou menor das respectivas poboacións.[8] Noutros casos tratouse, no entanto, só de crear postos avanzados destinados a facilitar a extensión de redes comerciais. Formas particulares de penetración económica foron desenvolvidas no Sur, a partir de Moçâmedes (hoxe Namibe).[9] Finalmente, implantáronse as primeiras misións católicas nos perímetros controlados por Luanda e Benguela.[10]

 
Soldados portugueses embarcando para Angola durante a Primeira Guerra Mundial

No momento en que se realizou en 1884/85 a Conferencia de Berlín, destinada a resolver a distribución de África entre as potencias coloniais, Portugal pode por tanto facer valer unha presenza secular en dous puntos do litoral, e unha presenza máis recente (administrativa/militar, comercial, misioneira) nunha serie de puntos do interior, mais estaba moi lonxe dunha "ocupación efectiva" do territorio hoxe abranguido por AngolaModelo:Nota de rodapé.

Perante a ameaza das outras potencias coloniais, de se apropiaren de partes do territorio reclamado por Portugal, este país iniciou finalmente, tras a Conferencia de Berlín, un esforzo que visaba a ocupación de todo o territorio da actual Angola. pero como consecuencia dos seus recursos limitados, os progresos neste sentido foron, no entanto, lentos: aínda en 1906, só do 5% a 6% dos territorios podían, con algunha razón, ser considerados "efectivamente ocupados".[11]

Só despois da chegada da República en Portugal, en 1910, a expansión do Estado colonial avanzou de forma máis consecuente. A mediados dos anos 1920 alcanzou un dominio integral do territorio, aínda que houbese aínda en 1941 un breve brote de "resistencia primaria", por parte da etnia Vakuval. Aínda que lento, este esforzo de ocupación non deixou, porén, de provocar novas dinámicas sociais, económicas e políticas.

DescolonizaciónEditar

Tras unha longa guerra cas forzas coloniais de Portugal, en 1975 Angola acadou a independencia. Entón comezou unha guerra civil entre o MPLA (Movemento Popular de Libertação de Angola), o UNITA (União Nacional para a Independência Total de Angola) e o FNLA (Frente Nacional de Libertação de Angola). O FNLA abandonou a loita, deixando que o marxista MPLA e o UNITA (respaldado por occidente) loitasen polo poder. No 1991, ambas faccións acordaron converter Angola nun estado democrático, politicamente pluralista e non racial, pero despois de que o presidente José Eduardo dos Santos do MPLA gañase as eleccións supervisadas pola ONU, o UNITA denunciou que houbera fraude e comezou novamente a loita.

En 1994 firmouse a paz. Instaurouse un goberno de unidade nacional no 1997. O presidente José Eduardo dos Santos suspendeu o funcionamento das institucións democráticas debido a un novo conflito iniciado no 1998.

O 22 de febreiro do 2002, Jonas Savimbi, líder do UNITA foi asasinado dun disparo e acordouse un alto o fogo. O UNITA abandonou o seu brazo armado e asumiu o seu papel como maior partido na oposición. O MPLA seguiu conseguindo amplas maiorías nas eleccións de 2008, 2012 e 2017. Angola enfróntase a unha grande catástrofe humanitaria debido á guerra, á abundancia de campos de minas, e ás accións dalgunhas guerrillas que loitan pola independencia do enclave setentrional de Cabinda. No aspecto económico o país experimentou un forte crecemento pero con grandes dificultades que o obrigaron a solicitar o apoio do FMI, sen conseguir a eliminación dunhas grandes desigualdades económicas e sociais.

Organización político-administrativaEditar

Angola está dividida en 18 provincias:

 
Provincias de Angola

As provincias están divididas en municipios que, á súa vez, subdivídense en comunas.

EconomíaEditar

Artigo principal: Economía de Angola.

O país tornouse un membro da OPEP o 2006, e súa produción diaria de petróleo atinxe os 1,65 millóns de barrís.[12]. A clasificación do país nos índices internacionais de desenvolvemento humano é 148ª posición no mundo en IDH, co 54,8% da poboación en situación de pobreza extrema[13]

Exceptuando os sectores de petróleo diamantes, os demais foron moi prexudicados polos 26 anos de guerra civil.[12] Desde o 2005, o goberno ten utilizado créditos de axuda da República Popular China, Brasil, Portugal, Alemaña, España e toda a UE na reconstrución da súa infraestrutura.[12]

DemografíaEditar

Artigo principal: Demografía de Angola.

Os habitantes de Angola son, na súa maioría, negros (90 %), que viven ao lado dun 10 % de brancos e mestizos.

 
Mapa etno-lingüístico de Angola

A maior parte da poboación negra é de orixe bantú, destacando os ambundos, os bakongos e os chócue-lundas; porén o grupo máis importante é o dos ovimbundus.

No suroeste existen diversas tribos de boximanes e hotentotes (non bantús).

Á parte da poboación autóctona, ao longo do período colonial constituíuse en Angola unha poboación portuguesa que, en 1975 contaba con entre 320 000 e 350 000 persoas.[14][15][16] Entre as varias fontes sobre este número, a que máis crédito merece é a de Gerald Bender & Stanley Yoder,[17] e José Manuel Zenha Rela.[18] Destes, unha parte estaba establecida no país a título permanente, moitas veces na segunda ou mesmo na terceira xeración; a outra parte viñera na fase do "colonialismo tardío" dos anos 1960-70, xeralmente a título temporal. Na súa gran maioría saíron de Angola na época da independencia, pero, porén, algúns deste grupo, por riba de todo outros portugueses, afluíron ao país nas dúas últimas décadas, na busca de empregos ou de posibilidades empresariais. O número de portugueses que viven actualmente en Angola estímase en aproximadamente nunhas de 200 000 persoas (rexistros consulares), en 2012,[19] pero é probabelmente superior. Como ao mesmo tempo houbo unha forte inmigración de latinoamericanos, especialmente brasileiros e cubanos, a poboación "caucasiana" volveu a constituír un grupo seguramente non inferior ás 300 000 persoas.

A densidade demográfica é globalmente baixa, con cerca de 15 habitantes por quilómetro cadrado, pero extremadamente desigual: ás áreas urbanas, en constante expansión, contrapóñense grandes extensións pouco habitadas, particularmente nas provincias situadas ao leste e ao sur do país.

Os principais centros urbanos, ademais da capital, Luanda, son Huambo (antiga Nova Lisboa), Lobito, Benguela, e Lubango (antiga Sá da Bandeira).

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para angolano.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  3. Elikia M'Bokolo (2003). Vulgata, ed. África Negra: História e civilizações, tomo I, Até ao Século XVIII. Lisboa. 
  4. David Birmingham, Trade and Conflict in Angola. The Mbundu and their Neighbours under the Influence of the Portuguese. 1483–1790, Londres: Oxford University Press, 1966
  5. Ver James Duffy, A Question of Slavery, Oxford: Clarendon Press, 1967
  6. António Custódio Gonçalves (2005). Estampa, ed. A história revisitada do Kongo e de Angola. Lisboa. 
  7. David Birmingham (1965). Oxford University Press, ed. The Portuguese Conquest of Angola. Londres. 
  8. René Pélissier (1977). Edição do autor, ed. Les guerres grises: Résistance et revoltes en Angola (1845-1941). Montamets/Orgeval. 
  9. William G. Clarence-Smith, Slaves, peasants and capitalists in southern Angola, 1840-1926, Cambridge: Cambridge University Press, 1979
  10. Manuel Nunes Gabriel (1978). Literal, ed. Angola: Cinco séculos de cristianismo. Queluz. 
  11. Douglas Wheeler & René Pélissier (1971). Pall Mall, ed. Angola. Londres. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "The World Factbook.". Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  13. Programa de las Naciones Unidas para el Desarrollo, ed. (2011). "Informe sobre Desarrollo Humano 2011" (PDF). Consultado o 10 de febreiro de 2013. 
  14. "Flight from Angola". The Economist. 1975-08-16. ISSN 0013-0613. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  15. "Angola - The Portuguese Coup d'Etat and the End of the Colonial Era". countrystudies.us. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  16. Portugueses em Angola quadruplicaram, Jornal de Notícias, 10 de marzo de 2009. Consultado o 24 de setembro de 2019.
  17. Bender & Yoder 1976.
  18. Zenha Rela 1992.
  19. Das Glück liegt in Angola. Zehntausende Portugiesen kehren in die einstige Kolonie zurück, um als Gastarbeiter der wirtschaftlichen Misere in ihrem Heimatland zu entfliehen (A sorte está en Angola. Decenas de miles de portugueses regresan á antiga colonia para fuxiren, como traballadores convidados, da miseria económica no seu país de orixe) (en alemán). Consultado o 24 de setembro de 2019.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Agadjanian, Victor & Ndola Prata (2002): "War, peace and fertility in Angola", Demography, 39 (3): 215-231.
  • Gerald & Stanley Yoder (1976): "Whites in Angola on the Eve of Independence: The politics of numbers", Africa Today, 21 (4): 23-37.
  • Zenha Rela, José Manuel (1992): Angola entre o presente e o futuro. Lisboa: Escher e Agropromotora.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.