Abrir o menú principal

Coordenadas: 22°S 17°L / -22, -17

Namibia é un país da África Austral, limitado ao norte por Angola e por Zambia, ao leste e ao sur por Botswana, ao sur pola Suráfrica e ao oeste polo Océano Atlántico. Capital: Windhoek.

República de Namibia
Republic of Namibia
Republiek van Namibië
Bandeira de Namibia
Escudo de Namibia
BandeiraEscudo
Namibia (orthographic projection).svg
Lema: Unity - Liberty - Justice'
(inglés:
Unidade – Liberdade - Xustiza)
Himno: Namibia, Land of the Brave
Capital
 Poboación
Windhoek
228 500 (2003)
Cidade máis poboadaWindhoek
Linguas oficiaisInglés 1
Forma de gobernoRepública
Hage Geingob
Saara Kuugongelwa
Independencia de Suráfrica21 de marzo de 1990
SuperficiePosto 34º
 • Total825 418 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras3 824 km
Costas1 572 km
PoboaciónPosto 142º
 • Total2 030 692 hab.
 • Densidade2,5 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 127º
 • per cápita6 658 US$
MoedaDólar namibio ou namibiano (NAD)
IDHn/d
XentilicioNamibio, namibia [1] ou namibiano, namibiana [2]
Fuso horarioUTC + 1
 • Horario de veránUTC + 2
Dominio de Internet.na
Prefixo telefónico+264
Prefixo radiofónicoV5A-V5Z
Código ISO516 NAM NA
1 A maioría da poboación branca fala alemán ou afrikáans. Ambas linguas foron idiomas oficiais ata 1990, cando o país logrou a independencia

Índice

HistoriaEditar

Os primeiros habitantes de Namibia foron probabelmente os san (bosquimanos), seguidos dos namas e dos damaras. A partir do século XIV entraron na rexión diversos grupos bantús, entre os que se encontraban os hereros e os ovambos.

Os primeiros europeos que alcanzaron o país foron os portugueses. O interior do país foi explorado polos europeos durante o século XIX. En 1884 Alemaña creou no país unha colonia co nome de África Suroccidental Alemá, que tamén se coñeceu como África do Suroeste Alemá (Deutsch-Südwestafrika), coa excepción do territorio en torno a Walvis Bay que foi posesión británica.

Suráfrica, dominio británico, ocupou Namibia durante a Primeira Guerra Mundial e logo administrou o país como un mandato da Sociedade de Nacións até a Segunda Guerra Mundial, momento no que as autoridades surafricanas anexionaron directamente o territorio. En 1966 a organización SWAPO (South-West African People's Organization), de inspiración marxista, iniciou unha guerrilla independentista contra as forzas surafricanas, e no mesmo ano a ONU revogou o mandato que a Sociedade de Nacións outorgara a Suráfrica para administrala. No ano 1988, Suráfrica decidiu pór fin ao seu control aceptando un plano de paz da Organizacións das Nacións Unidas, que conduciu á plena independencia de Namibia en 1990. A rexión de Walvis Bay permaneceu sob control surafricano como enclave, pero finalmente foi cedido a Namibia en 1994.

PolíticaEditar

Namibia é unha república parlamentarista. O presidente é o Xefe de Estado, elixido por sufraxio universal a cada 5 anos. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro, nomeado polo presidente.

O parlamento é bicameral e composto polo Consello Nacional (National Council) de 26 membros elixidos a cada 6 anos, e a Asemblea Nacional (National Assembly) de 78 membros, sendo 72 elixidos a cada 5 anos e outros seis designados polo presidente.

A constitución do país é de 21 de marzo de 1990, día da independencia do país.

XeografíaEditar

 
Mapa de Namibia, co súas principais cidades.

RelevoEditar

O litoral namibio é pouco recortada e está ocupada polo deserto de Namibia nunha franxa duns 50 km de anchura media. Desde aí érguense unha serie de cadeas montañosas, en parte transversais e en parte paralelas á costa, que en determinados puntos da parte central superan os 2.000 m de altitude (Brandberg, 2.606 m; Monte Erongo, 2.350 m; Gonsberg, 2.332). Unha serie de ríos curtos baixan desde estes cordais cara o Océano Atlántico, creando varios ríos transversais, pero dada a sequidade do clima, a maioría non chegan até o mar, formando porén lagoas endorreicas pantanosas no mesmo deserto, pero son moi importantes para a subsistencia da flora e a fauna. Só algúns destes cursos como o río Ugab ou o Kuiseb desaugan no mar.

Tras as cadeas montañosas érguese un extenso planalto, entre 800 e 1.200 m de altura media, que ocupa o centro do país desde o norte ao sur. Nel aséntase a capital, Windhoek, a máis de 1.600 m de altitude.

HidrografíaEditar

A costa de Namibia está limitada por dous grandes e caudalosos ríos: ao norte o Cunene, que serve de fronteira con Angola e ao sur o Orange, que fai o mesmo papel a respecto da República Surafricana. Como a zona norte é a única do país que supera os 500 mm anuais de precipitacións, xunto con o Cunene e tributarios do gran río endorreico internacional, o Okavango, é o único territorio namibio onde é posíbel o agro (millo, sorgo) e a gandeiría. No sur o Oranxe ten algún gran afluente como o Fish, pero por contra penetra, polo leste, o deserto de Kalahari.

SubdivisiónsEditar

EconomíaEditar

Artigo principal: Economía de Namibia.

DemografíaEditar

 
Muller himba orixinaria de Namibia.

Namibia é un país con cerca de 1.500.000 habitantes, concentrados sobre todo no Norte e na zona da capital. A densidade de poboación é moi reducida ou mesmo nula, como no caso da rexión da Costa dos Esqueletos. A taxa de natalidade é alta, mais a porcentaxe de individuos seropositivos atinxe preto do 15%, polo que non se espera un grande crecemento nos próximos anos.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para namibio.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para namibiano.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Vedder, Heinrich (1997). Das alte Südwestafrika. Südwestafrikas Geschichte bis zum Tode Mahareros 1890 (en alemán) (7ª ed.). Windhoek: Namibia Scientific Society. ISBN 0-949995-33-9.