Taxa de mortalidade

A mortalidade é un termo demográfico que designa un número proporcional de mortes nunha poboación e tempo determinado.

Así, defínese a taxa bruta de mortalidade coma o indicador demográfico que sinala o número de defuncións dunha poboación por cada mil habitantes, durante un período de tempo determinado, xeralmente un ano.

Taxa bruta de mortalidade = (Defuncións/Poboación) x 1000
Taxa bruta de mortalidade por país

Considérase:

  • Alta taxa de mortalidade se supera o 30.
  • Moderada taxa de mortalidade entre 15 e 30.
  • Baixa taxa de mortalidade por baixo do 15.

Xeralmente nos países menos desenvolvidos a taxa de mortalidade e natalidade é máis alta, mentres que nos máis desenvolvidos a taxa de mortalidade e natalidade é máis baixa.

A taxa de mortalidade está inversamente relacionada coa esperanza de vida ó nacer, de tal xeito que canta máis esperanza de vida teña un individuo no seu nacemento, menos taxa de mortalidade ten a poboación.

Do mesmo xeito que hai taxas brutas de mortalidade hai taxas específicas de mortalidade, que son as taxas específicas para cada idade.

Mortalidade en España editar

En España no ano 2004 a taxa de mortalidade se situaba no 8,71, e a taxa de mortalidade infantil no 3,99, fonte INE, Instituto Nacional de Estadística. Indicadores demográficos básicos: [1].

As principais causas de mortalidade en España para o ano 2001 foron Fonte: CNE, Centro Nacional de Epidemioloxía. [2][Ligazón morta]:

Véxase tamén editar