Abrir o menú principal

Pobo nama

grupo étnico
(Redirixido desde "Namaqua")

Os nama, ou namaqua, (nàmáqua quere deicir "xente nama") son un grupo étnico, o máis numeroso entre a familia lingüística dos khoe. Constitúen unha poboación de pastores que viven no sur de África, principalmente en Namibia, tamén en Suráfrica e, menor medida, en Botswana.

Pobo nama
Nama Woman Smoking Kalahari Desert Namibia Luca Galuzzi 2004.JPG
Poboación
Poboación total:
324 000
Rexións principais:
Namibia Namibia246 000
Sudáfrica Suráfrica76 000
Botswana Botswana1 600
Aspectos culturais
Linguanama ou khoekhoe, afrikaans, inglés
RelixiónRelixións tradicionais africanas, Cristianismo, Islam
Grupos
relacionados
hotentotes

Ao igual que os san, son de corpulencia pequena, e dun ton de pel relativamente claro en comparación co de outras etnias africanas.

A lingua propia falada por esta etnia é o nama, ou khoekhoe, oficialmente chamado khoekhoegowab nos países onde existe),[1] do grupo khoisan falado polos san e os damaras, coñecido tamén como hotentote.[2][3]

Esta designación foi cuñada no tempo colonial, nunha tentativa dos colonos holandeses de imitar os sons da lingua nama.[4]

É unha linguaxe caracterizada polo abundante uso de chasquidos, e sen ningunha relación con calquera outra lingua africana.

Na actualidade a maioría dos nama fala o afrikaans e/ou o inglés.

HistoriaEditar

 
Namas - O xefe Hendrik Witbooi (centro) e os seus compañeiros.

Durante miles de anos os pobos khoisan de Suráfrica e do sur de Namibia mantiveron unha vida nómade, os khoikhoi como pastores e os san como cazadores-recolectores. Os nama son un grupo de khoikhois que vivían orixinariamente en torno ao río Orange no sur de Namibia e no norte de Surdáfrica. Os primeiros colonialistas referíronse a eles como hotentotes. O seu nome histórico alternativo, "Namaqua", deriva da adición do sufixo da lingua khoekhoe "-qua / khwa", que significa "xente".

De 1904 a 1907, os alemáns, que colonizaron a actual Namibia, libraron unha guerra contra os nama e os herero (un grupo de pastores bantú), levando ao xenocidio aos herero e aos nama no que mataron polo menos ao 80 % dos nama, e poboacións herero. Isto foi motivado polo desexo alemán de establecer unha colonia próspera que requiria desprazar aos indíxenas das súas terras agrícolas. Grandes mandas de gando foron confiscadas, e a xente nama e herero foi conducida ao deserto e, nalgúns casos, internada en campos de concentración na costa (por exemplo, na illa Shark ou illa dos Tiburóns, unha pequena península xunto á cidade costeira de Lüderitz). Ademais, os nama e os herero foron forzados a traballar como escravos para construíren ferrocarrís e escavaren en busca de diamantes durante a "carreira dos diamantes".[Cómpre referencia]

 
Cabanas tradicionais nama.

Nos anos 1920 descubríronse diamantes na desembocadura do río Orange, e os prospectores comezaron a desprazarse alí, establecendo cidades en Alexander Bay e Port Nolloth. Isto acelerou a apropiación das terras tradicionais que comezaran no pincipio do período colonial. Baixo o apartheid, os colonizadores animaron aos pastores restantes a abandoar o seu estilo de vida tradicional en favor da vida en aldeas.[Cómpre referencia]

En 1991, unha parte de Namaqualand (fogar dos nama e unha das últimas áreas salvaxes de Suráfrica) foi nomeada como Parque Nacional Richtersveld.

En decembro de 2002, as terras ancestrales, incluído o parque, foron devoltas á propiedade comunitaria e os gobernos de Suráfrica e Namibia comezaron a crear un parque transfronteirizo desde a costa oeste do sur de África até o interior do deserto, absorbendo o parque nacional de Richtersveld. Hoxe, o Parque Nacional Richtersveld é un dos poucos lugares onde as tradicións orixinais dos nama sobreviven. Alí, os nama desprázanse coas estacións e falan o seu idioma. A vivenda tradicional dos Nama, cunha cuberta en cúpula feitata con tapetes portátiles, protexe contra o Sol e é fácil de mover cando o pastoreo é escaso.

Nos albores do século XIX, xentes do pobo oorlam invadiron Namaqualand e Damaraland. Estes tamén descenden de indíxenas khoikhoi, pero trátase dun grupo con ascendencia mixta, incluíndo europeos e escravos de Mozambique, Madagascar, a India e Indonesia.[5]

Despois de dous séculos de asimilación na cultura nama, moitos oorlams consideran hoxe o khoikhoigowab (damara/nama) como a súa lingua materna, aínda que outros falan afrikaans. A distinción entre namas e oorlams foi desaparecendo ao longo do tempo até o punto de seren considerados hoxe como un grupo étnico único, malia os seus distintos antepasados.[6]

Clans namaEditar

Ademais dos clans dos oorlams, hai dez subtribos ou clans coñecidos de namas. Os seus nomes e centros tribais son:[6]

  • Nación vermella (en khoekhoe, Khaiǁkhaun), en Hoachanas, o grupo principal e o máis antigo clan nama en Namibia.[7]
  • Bondelswarts, en Warmbad.
  • Topnaars do sur, en Rooibank.
  • Topnaars do norte, en Sesfontein.
  • Namas fransman, en Gochas. Despois de ser derrotados pola Schutztruppe da Alemaña Imperial na batalla de Swartfontein o 15 de xaneiro de 1905, este grupo nama dividiuse en dous. Parte dos kharakhoen fuxiron a Lokgwa, Botsuana, e quedaron alí permanentemente,[8] a parte que permaneceu en África do Suroeste cambiou o seu centro tribal a Amper-Bo. En 2016 estableceuse David Hanse como xefe do clan.[9]
  • Veldschoendragers en Koës.
  • Groot Doden, en Schlip.
  • Namas swartbooi en Rehoboth, e máis tarde en Salem, Ameib e Franzfontein.
  • Namas keetmanshoop, baixo a dirección de Hendrik Tseib,[10] separáronse da Nación Vermella en febreiro de 1850 e establecéronse en Keetmanshoop.[7]

CulturaEditar

TradiciónsEditar

En xeral, os nama practican unha política de propiedade comunitaria. A música, a poesía e a narración de historias son moi importantes na cultura nama, e moitas historias foron transmitidas oralmente a través das xeracións.

Os nama teñen unha cultura rica en habilidades musicais e literarias. A música tradicional, os contos populares, os proverbios e as poesías de loanza foron transmitidas durante xeracións e constitúen a base de gran parte da súa cultura. Son coñecidos por artesanías que inclúen coiro, karosses e alfombras de pel, instrumentos musicais (como flautas de cana), xoias, potes de barro e colectores de po de cunchas.

 
Parella de namas bailando.

Moitos dos nama do sur de Namibia perderon as súas terras durante o colonialismo alemán. O novo ministro da reforma agraria de Namibia, Uutoni Nujoma, foi acusado de preferir outros namibios doutras rexións sobre os namas nativos.[11]

VestidoEditar

O vestido tradicional das mulleres nama consiste en vestidos longos e formais que se asemellan á moda tradicional vitoriana. Os vestidos longos e fluídos desenvolvéronse a partir do estilo dos misioneros nos anos 1800, e esta roupa tradicional é hoxe unha parte integrante da cultura da nación nama.

RelixiónEditar

Os nama abandonaron en gran parte a súa relixión tradicional, debido aos esforzos de misioneiros cristiáns (e hoxe en día musulmáns). A maioría dos nama en Namibia hoxe son cristiáns, mentres que os musulmáns nama forman unha importante porcentaxe dos musulmáns de Namibia..[12]

Ritual de vodaEditar

 
Unha casa no suburbio de Windhoek de Hochland Park. A bandeira branca indica que os arreglos do matrimonio están preparados.

Os namas teñen un ritual de matrimonio complicado. Primeiro o home ten que discutir as súas intencións coa súa familia. Se están de acordo, aconsellaranlle aos costumes para pedirlle á familia da noiva e despois acompañalo até o lugar no que vive esta. O xardín da casa onde vive a noiva está preparado antes da chegada da familia do futuro marido; peles dos animais están colocadas nas esquinas para que os distintos grupos se senten e discutan.[13]

No compromiso, a familia do noivo leva animais vivos á casa da familia da muller. Os animais son sacrificados, colgados en tres varas e ofrécese á familia da noiva. Outros elementos como sacos de azucre ou de fariña só se ofrecen en cantidades de dous ou catro, para indicar que sempre haberá abundancia de alimentos. Este proceso celébrase ao revés na casa da familia do home. Bandeiras brancas ízanse nas casas de ambas as familias, e non poden non ser retiradas e van secando ou son arricadas polo vento.[13]

Os preparativos do matrimonio poden tardar atéa un ano. A familia do noivo fai un agasallo á nai da noiva, tradicionalmente unha vaca e un becerro, porque alimentou á noiva cos seus peitos. Un proceso de negociación acompaña o agasallo que pode levar semanas. No día do casamento, ambas as familias subministran animais e outros alimentos que levan á casa da noiva. A voda en si ten lugar nunha igrexa. As festas seguen durante varios días. A primeira noite despois da voda a parella durme por separado. Á mañá seguinte, parten para a súa propia casa.[13]

NotasEditar

  1. Haacke, Wilfrid H. G. & Eiseb, Eliphas (2002): A Khoekhoegowab dictionary with an English-Khoekhoegowab index. Windhoek: Gamsberg Macmillan. ISBN 9-9916-0401-4
  2. Gamal Mokhtar, editor (2010): História Geral da África – Vol. II – África Antiga. Brasília: UNESCO. ISBN 978-8-5765-2124-2, p. 220.
  3. Almeida, António de (1994): Os Bosquímanos de Angola, pp. 50, 91 e 92. Instituto de Investigação Científica Tropical.
  4. Isaac Schapera (1930): The Khoisan Peoples of South Africa: Bushmen and Hottentot, Londres: Routledge & Kegan Paul.
  5. "Slavery in the Cape". Institute for the Study of Slavery and its Legacy – South Africa. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2010. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  6. 6,0 6,1 Malan, Johan S. (1998). Die Völker Namibias [As tribos de Namibia] (en alemán). Windhoek, Göttingen: Klaus Hess. pp. 120–125. 
  7. 7,0 7,1 Dierks, Klaus (3 de decembro de 2004). "The historical role of the Nama nation". Die Republikein. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  8. Goeieman, Fred (30 de novembro de 2011). "Bridging a hundred year-old separation". Namibian Sun. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  9. Cloete, Luqman (2 de febreiro de 2016). "ǃKhara-Khoen Nama sub-clan installs leader". The Namibian. 
  10. von Schmettau, Konny (28 de febreiro de 2013). "Aus "ǂNuǂgoaes" wird". Allgemeine Zeitung (Namibia) (en alemán) (Tourismus Namibia monthly supplement). p. 10. 
  11. "Swartbooi resigned, not fired". 
  12. "Islam in Namibia, making an impact". Islamonline.net. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Sasman, Catherine (3 de decembro de 2010). "Love, traditionally – a ǀHaiǀKhaua wedding". New Era (Namibia). 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Hoernlé‚ A. W. (1925): "The Social Organisation of the Nama Hottentots", American Anthropologist, New Series, Vol. 27, nº 1, pp. 1–24 JSTOR
  • Hoernlé‚ A. W. (1918): "Certain Rites of Transition and the Conception of !Nau among the Hottentots", en Oric Bates (1918): Harvard African Studies II; Varia Africana II, pp. 65–82, Cambridge, Massachusetts. (Review by: Robert H. Lowie (Apr. - Jun., 1919) American Anthropologist, New Series, Vol. 21, No. 2, pp. 208–210 JSTOR)
  • Schultze, Leonhard (1907): Aus Namaland und Kalahari, Gustav Fischer Verlag, Jena.
  • Leonhard Schultze et al. (1970): In Namaland and the Kalahari, Human Relations Area Files, New Haven, Conn.

Ligazóns externasEditar