Brasilia
Coordenadas: 15°47′38″S 47°52′58″O / -15.79389, -47.88278
Brasilia[2] (en portugués: Brasília) é a capital federal do Brasil e sede do goberno do Distrito Federal. Foi planeada polos arquitectos brasileiros Oscar Niemeyer e Lucio Costa. O trazado de rúas na parte planeada (chamada Plano piloto) obedece a un plano ríxido trazado polos dous arquitectos.
Brasilia | |||
---|---|---|---|
Brasília | |||
| |||
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Centro-Oeste | ||
Estado | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1.171 msnm | ||
Superficie | 5.801,937 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2.974.703 hab. (estimativa de 2018) [1] | ||
Densidade | 442,98 hab/km² | ||
Xentilicio | Brasiliano[2] | ||
Outros datos | |||
Código postal | 7XXXX-XXX | ||
Alcalde | Ibaneis Rocha (MDB) | ||
Páxina oficial |
Brasilia | |
---|---|
![]() Palacio da Alvorada | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 15°47′38″S 47°52′58″O / -15.79389, -47.88278 |
Tipo | Cultural |
Criterios | i, iv |
Inscrición | 1987 (XI sesión) |
Rexión da UNESCO | Latinoamérica e o Caribe |
Identificador | 445 |



Foi inaugurada o 21 de abril de 1960 polo presidente brasileiro Juscelino Kubitschek de Oliveira. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. É un exemplo de Distrito Federal, ou sexa, unha cidade escollida para ser capital dun país organizado baixo a forma de federación como é o Brasil. Así, non se subordina ao veciño estado de Goiás, non está dividido en municipios, e tampouco é capital de ningunha outra unidade da federación (estado) brasileira. O seu administrador non recibe o título de prefeito, pero si o de governador (gobernador).
A principal función de Brasilia é administrativa, pero axudou a poboar o interior brasileiro. Dela parten estradas como a Belém-Brasilia (cara ao norte) e Brasilia-Acre (cara á fronteira co Perú e Bolivia). Está a 920 km da cidade do Río de Xaneiro e a 1.015 km de São Paulo.
Demografía Editar
A cidade creceu máis có planeado polo seus creadores. Polo seu proxecto, debía ter 500 mil habitantes como máximo. Malia isto, en 2013 a cidade xa contaba con case tres millóns de habitantes. A poboación máis pobre (no principio, os traballadores que a construían; despois outros inmigrantes de varias rexións do Brasil) foi morar en Cidades-Satélite. Algúns exemplos destas cidades son Taguatinga, Guará, Gama e Ceilândia.
O Índice de Desenvolvemento Humano na cidade é de 0'936, alcanzando o nivel dun país desenvolvido, e a taxa de analfabetismo do 4'35% aproximadamente.
Cultura Editar
Os principais museos da cidade están situados no Eixo monumental, entre eles o Museo Nacional da República.
Educación Editar
Universidades Editar
- Universidade de Brasilia (Universidade de Brasília — UnB)
- Universidade Católica de Brasilia (Universidade Católica de Brasília — UCB)
- Instituto Científico de Ensinanza Superior e Enquisa (Instituto Científico de Ensino Superior e Pesquisa - UNICESP)
- Centro Universitario de Brasilia (Centro Universitário de Brasília — UniCEUB)
- Centro Universitario do Distrito Federal (Centro Universitário do Distrito Federal — UniDF)
- Centro Universitario Euroamericano (Centro Universitário Euroamericano — UNIEURO)
- Instituto de Educación Superior de Brasilia (Instituto de Educação Superior de Brasília — IESB)
- Unión Pioneira de Integración Social (União Pioneira da Integração Social — UPIS)
- Universidade Paulista (Universidade Paulista — UniP)
Notas Editar
- ↑ Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística (IBGE). "Estimativa populacional 2018" (PDF).
- ↑ 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brasiliano. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Brasilia |