Analfabetismo

incapacidade de ler e escribir

O analfabetismo[1] é a incapacidade de ler e escribir, que se debe xeralmente á falta de aprendizaxe. Nos países que teñen unha escolarización obrigatoria, concretamente no Primeiro mundo, o analfabetismo é minoritario.

Porcentaxes de escolarización por país.

Porén, nalgúns países a comprensión lectora pode ser deficiente a pesar de que a súa taxa de analfabetismo sexa pequena (iletrismo), xa que ler non é só decodificar as letras senón entender mensaxes por escrito.

Nalgúns países as leis conteñen disposicións especiais para analfabetos. Así, por exemplo, o Código Civil español establece que aqueles analfabetos que desexen outorgar testamento cerrado, e pidan a outra persoa que o escriba, deben firmar en todas e cada unha das páxinas.

Hogano moitos países realizan intentos desesperados por erradicaren o analfabetismo con sistemas que demostraron unha escasa efectividade.

Analfabetismo dixital é un proceso da cultura da Nova Economía que consiste en non posuír os rudimentos necesarios para moverse coas novas tecnoloxías, especialmente a Internet, o que contribúe á fenda dixital.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para analfabetismo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar