Lima

cidade capital do Perú
Este artigo trata da cidade capital do Perú. Para outros significados, véxase Lima (homónimos).

Lima é a cidade capital do Perú. Tamén o foi do Vicerreinado do Perú. Está situada ás beiras do océano Pacífico, na costa central deste país.

Modelo:Xeografía políticaLima
Imaxe

HimnoHimno de Lima (7 de outubro de 2010) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 12°03′36″S 77°02′15″O / -12.06, -77.0375
EstadoPerú
RexiónLima (pt) Traducir
ProvinciaProvincia de Lima Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación9.943.800 (2022) Editar o valor en Wikidata (3.721,09 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.672,28 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRímac (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude154 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorFrancisco Pizarro Editar o valor en Wikidata
Creación18 de xaneiro de 1535 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónRosa de Lima Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoRafael López Aliaga (2023–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal15001 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico51 1 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

BNE: XX452095

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Lima.
 
Igrexa de San Francisco.

A cidade de Lima foi fundada por Francisco Pizarro o 18 de xaneiro de 1535 co nome español de Ciudad de los Reyes, mais co paso do tempo persistiu o seu nome orixinal que provén da lingua aimará (lima-limaq, flor amarela) ou do quechua (rimaq, falador) polo seu río, o Rímac. Aínda que a súa historia como tal comeza coa colonización española, na zona existía xa un poboamento de culturas preincaicas e mesmo un importante santuario-oráculo inca, cuxo tesouro foi pagado coma rescate a Francisco Pizarro, que talvez por iso elixiu o lugar para fundar a capital do futuro vicerreinado en 1535. Fíxoo coa tradicional grella ortogonal do urbanismo colonial hispano na beira sur do río Rímac.

Nos primeiros mapas do Perú pódense ver conxuntamente o nome de Lima co da Cidade dos Reis.

Hoxe, na primeira década do século XXI, a ‘‘‘"Lima Metropolitana"‘‘‘ é unha cidade de máis de 8 millóns de habitantes, totalmente conurbada co Callao e en claro proceso de megalopolización.

Parece que o lugar do cidade foi decidido o 6 de xaneiro – no festivo dos Reis Magos – por iso o nome "Cidade dos Reis". Mais, a fundación formal da capital fíxose 12 días despois, o 18 de xaneiro.

Xeografía

editar

A cidade abrangue os vales dos ríos Chillón, Rímac, Surco e Lurín; estendéndose así sobre unha área de 2.664,67 km².

Debido á súa extensión, que na actualidade chegou a abranguer certas zonas desérticas, hai quen a considera a cidade máis extensa sobre un deserto, seguida do Cairo. Non obstante, hai que ter en conta que a cidade de Lima foi fundada sobre un val (o val do río Rímac), estendéndose até ocupar outros dous máis.

Litoral

editar

Esténdese desde o quilómetro 50 da panamericana norte, á altura do distrito de Ancón no límite coa provincia de Huaral, até o distrito de Pucusá á altura do km 60 da panamericana sur, no límite da provincia de Cañete, o que fai unha extensión de pouco máis de 130 quilómetros de praias.

Poboación

editar

A capital peruana posúe ao redor dun terzo do total da poboación nacional. Os seus máis de 8 millóns de habitantes son produto principalmente da migración rural -urbana das últimas décadas-, especialmente desde os anos 60 do século XX. A capital peruana encóntrase entre as 28 cidades máis poboadas do mundo.

Situada preto do océano Pacífico ao que se asoma polo seu porto do Callao, e tendo as súas costas a precordilleira dos Andes, o seu xigantismo é tal que representa un terzo da poboación do país, con graves problemas de asentamentos espontáneos ("pobos de xente nova") polo constante fluxo de inmigrantes do interior rural andino.

Economía

editar

A capital peruana concentra máis do 75% da produción industrial e é o centro financeiro do país. As principais actividades comerciais son a industria, o comercio e o turismo.

Transporte

editar

Existen máis de 450 liñas de transporte urbano, formada principalmente polas chamadas "combis", camionetas rurais que fan servizo público, ademais de microbuses e buses en menor número. Existe ademais un tren eléctrico que circula nun tramo de 35 quilómetros na cidade.

Existen praias ao largo de todo o seu litoral, durante case 100 Km, e estradas polo seu doado acceso en non máis de 40 minutos. Isto proporciona no verán a facilidade para que os habitantes accedan a un dos seus pasatempos máis populares.

Servizos

editar

A capital peruana estendeu ao máximo o concepto de comodidade para facilitar a vida dos seus máis de oito millóns de habitantes, pois moitos dos comercios como farmacias, supermercados e tendas atenden o público as 24 horas do día e incluso funcionan sen pechar durante todo o ano. Isto obsérvase, sobre todo, na área de servizos (supermercados, gasolineiras, bancos, centros comerciais, restaurantes,...). Tamén é popular a entrega a domicilio, se ben pode chegar a lugares distantes, como as praias, incluso por un único transportista.

Existe tamén grande oferta de centros de diversión nocturna como bares e discotecas, repartidas ao redor de distritos bohemios como Barranco e Miraflores, así como nas zonas norte ("A Rúa 8" en Comas) e sur da cidade.

A oferta de cines na cidade é moi axeitada, contando con salas modernas de última xeración, procurando estreas que case semprese dan simultaneamente cos Estados Unidos e Europa.

A infrecuente oferta de servizos na cidade débese a que o maior movemento económico está distribuído en zonas habitadas, economicamente falando, por xente de clase media e non en zonas de xente de clase alta, o que xera unha gran demanda.

Cultura

editar
 
Centro arqueolóxico de Pachacámac.

Educación

editar

Lima é un dos principais centros culturais do Perú. Posúe 28 universidades, entre as cales a Universidade Nacional Maior de San Marcos, Decana de América, preséntase como a máis antiga no continente, sendo fundada o 12 de maio de 1551.

Museos

editar

Como importante centro cultural, Lima conta cunha gran lista de museos que poden ser de interese desde o punto de vista cultural para o visitante.

Centro histórico

editar
Artigo principal: Centro histórico de Lima

A orixinalidade do seu centro histórico valeulle ser declarado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade no ano 1988.

Política

editar

Lima é a cidade capital da República do Perú. É sede do Palacio de Goberno, o Congreso da República e a Corte Suprema de Xustiza do Perú. É tamén sede da Secretaría Xeral da Comunidade Andina de Nacións e a Comunidade Suramericana de Nacións.

Goberno

editar

A Provincia de Lima non integra ningunha rexión administrativa do Perú, segundo o artigo 65 da Lei 27867 de Gobernos Rexionais do 16 de novembro de 2002. Ten como "capital" o distrito de Cercado de Lima.

Na provincia de Lima as competencias e funcións recoñecidas aos gobernos rexionais son transferidas á Municipalidade Metropolitana de Lima, a cal posúe autonomía política, económica e administrativa nos asuntos da súa competencia rexional e municipal.

A Provincia de Lima á súa vez está integrada por 43 distritos.

Galería de fotos

editar