Bordeos

cidade do suroeste de Francia, capital da rexión de Aquitania

Coordenadas: 44°50′16″N 00°34′46″O / 44.83778, -0.57944

Bordeos[1] (en occitano: Bordèu; en francés: Bordeaux) é unha cidade do suroeste de Francia, capital da rexión de Nova Aquitania e do departamento da Xironda. Está cruzada polo río Garona. O seu xentilicio en lingua galega é bordelés/-esa, e burdigalense/-a.[2][3]

Bordeos
Bordeaux
Vistas da cidade
Localización
Bordeos en Francia
Bordeos
Bordeos
PaísFrancia Francia
RexiónNova Aquitania
DepartamentoXironda
DepartamentoDistrito de Bordeos
Xeografía
Altitude1-42 msnm
Superficie1.057 km²
Demografía
Poboación252 040 hab. (2016)
Densidade790 hab/km²
XentilicioBordelés
Outros datos
Código postal33000, 33100, 33200, 33300, 33800
AlcaldeNicolas Florian
Páxina oficial de Bordeos

É un porto accesible para os barcos de altura. Pero os máis atracan augas abaixo do Gironde, principalmente en Verdon. Posúe a derradeira ponte da embocadura do Gironda, a ponte de Aquitania. Máis alá, o Garona, e despois o Gironde, non son franqueables máis que por algúns barcos.

Urbanismo Editar

Bordeos é unha cidade na que o desenvolvemento precoz conduciu rapidamente á urbanización completa do territorio municipal, e tamén ó crecemento nos barrios dos arredores, dende o comezo do século XX, como demostra a evolución do número de habitantes.

Tras un período de rápido despoboamento e de importantes traballos de renovación dos barrios máis antigos, a poboación da cidade estabilizouse. Ó mesmo tempo, a aglomeración desenvolveuse a un ritmo rápido, debido a unha forte urbanización. Isto está moi ligado ó feito de que a tipoloxía das construcións da aglomeración bordelesa excede raramente dous, ás veces tres andares, nos arrabaldes.

Despois de abandonado un proxecto de metro automático, Bordeos dotouse dunha especie de tranvía, inaugurado o 21 de decembro de 2003.

Historia Editar

Bordeos foi fundada no século III aC co nome de Burdigala polos Bituriges Vivisci (literalmente "biturixes desprazados"), que eran un pobo galo da rexión de Bourges. An primeira localización situouse na embocadura do Devèze, un afluente do Garona, próximo ó Gironde.

Nesa época actuou como un emporium, un tipo de vila de comerciantes, controlando as rotas do estaño e do chumbo entre os portos galos do río Loira e a república romana. Despois da ocupación romana, Burdigala desenvolveuse e acabou por se converter na cidade máis opulenta da Galia. No século II quitoulle a Saintes (daquela Mediolanum Santonum) o título de capital administrativa da provincia de Aquitania.

Do século XII ao século XV a cidade é un feudo dos reis de Inglaterra. O século XVIII é a súa época dourada, co florecente comercio coas Antillas. As suntuosas mansións costeiras son desa época. Durante a primeira guerra mundial, estando París ameazado polo avance dos exércitos alemáns, o goberno francés reprégase en Bordeos. Fixo mesmo de capital en 1940, antes da derrota.

Administración Editar

Dende 1966, Bordeos é a sede da Comunidade Urbana de Bordeos, que comprende 27 concellos: Ambarès-et-Lagrave, Ambès, Artigues-près-Bordeaux, Bassens, Bègles, Blanquefort, Bordeos, Bouliac, Le Bouscat, Bruges, Carbon-Blanc, Cenon, Eysines, Floirac, Gradignan, Le Haillan, Lormont, Mérignac, Parempuyre, Pessac, Saint-Aubin-de-Médoc, Saint-Louis-de-Montferrand, Saint-Médard-en-Jalles, Saint-Vincent-de-Paul, Le Taillan-Médoc, Talence, Villenave-d'Ornon.

 
Rúa dos irmáns Bonie
 
Place de la Bourse
 
Igrexa de Saint Pierre

Bordeos está dividido en 8 cantóns:

  • O 1º cantón conta 24.453 habitantes,
  • O 2º cantón conta 23.855 habitantes;
  • O 3º cantón conta 31.634 habitantes;
  • O 4º cantón conta 30.994 habitantes;
  • O 5º cantón conta 25.184 habitantes;
  • O 6º cantón conta 27.302 habitantes;
  • O 7º cantón conta 12.993 habitantes;
  • O 8º cantón conta 38.948 habitantes.

Monumentos Editar

A cidade está clasificada como Patrimonio da Humanidade grazas ao seu conxunto escultórico e arquitectónico.

  • Monumento ós xirondinos e á República.
  • Grand Théâtre.
  • Ponte de Pedra.
  • Catedral de Santo André.
  • Palacio Rohan, onde está a casa do concello.
  • Praza das Quinquonces, segunda praza máis grande de Francia (despois da praza da Concordia en París).
  • Palacio Gallien, derradeiro vestixio da época galo-romana.
  • Porta Cailhau, unha das portas da antiga muralla medieval.
  • La Grosse Cloche, segunda porta restante da antiga muralla medieval.
  • Torre Pey Berland.

Educación Editar

Cidades irmás e socias Editar

Cidades irmás Editar

Cidades socias Editar

Notas Editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bordelés.
  2. "Bordelés-sa". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  3. "Burdigalense". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar