Riga

capital de Letonia

Coordenadas: 56°56′56″N 24°6′23″L / 56.94889, -24.10639

Riga (en letónRīga[riːɡa] (AFI)Lv-Rīga.ogg escoitar) é a capital de Letonia, está situada na costa do Mar Báltico nas ribeiras da desembocadura do río Daugava. Riga é a segunda maior cidade dos Países Bálticos. O centro histórico de Riga está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a cidade caracterízase pola súa arquitectura Art Nouveau, comparable a de cidades como Viena, San Petersburgo ou Barcelona.

Riga
Rīga
Flag of Riga.svg
Greater Coat of Arms of Riga - for display.svg
Riga - Latvia.jpg
Vista da cidade
Localización
Riga en Letonia
Riga
Riga
PaísFlag of Latvia.svg Letonia
Xeografía
Altitude7 msnm
Superficie304 km²
Demografía
Poboación696.618 hab. (2013)
Densidade2.300 hab/km²
Outros datos
AlcaldeNils Ušakovs
Páxina oficial de Riga

HistoriaEditar

A fundación da cidade data de 1201, cando o bispo alemán Albrecht von Buxhoeven chega de Bremen para evanxelizar e xermanizar a rexión de Livonia, habitada por pobos bálticos de relixión pagá.

No plano de expansión, o clero alemán foi apoiado pola orde livonia dos Irmáns Livonios da Espada en primeira instancia e logo pola orde Teutónica, que rematou por controlar non soamente Riga, senón todo o territorio da Letonia actual, aínda que as fraccións alemás empezaron finalmente a competir polo dominio da rexión e remataron por se debilitar mutuamente. Así a todo, grazas á adhesión A liga Hanseática, a cidade coñece un período de bonanza comercial durante todo o medievo, o que influíu para que se crease a clase mercantil, á que pertencían maioritariamente os alemáns, que mantivo o control político da cidade durante varios séculos.

 
Riga en 1575

Logo, a cidade pertenceu ós polacos e posteriormente ós suecos de 1621 a 1710, cando foi conquistada polos rusos tras unha guerra. A importancia de Riga para o Imperio Ruso medrou co tempo, ata que a cidade se converteu nun dos portos máis importantes de Rusia. Paralelamente, a poboación duplicouse en só cincuenta anos, entre 1850 e 1900. Neste período de grandes migracións internas, os alemáns remataron sendo unha minoría en comparación cos rusos e letóns, aínda que lograron mante-la súa posición social e política de maior prestixio por pouco tempo. A finais de 1891, a lingua oficial da cidade seguía sendo o alemán, se ben pronto sería substituído polo ruso.

Coa disolución do imperio tsarista, Riga convértese na capital da nova República independente de Letonia en 1918 .

Riga na Segunda Guerra MundialEditar

 
Museo da ocupación de Letonia (1940-1991)

En 1940 Letonia foi anexada á Unión Soviética e ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial de 1941 a 1944. Do 30 de novembro ao 8 de decembro de 1941 uns 24.000 xudeus de Riga e de toda Letonia foron confinados no Gueto de Riga e asasinados na matanza dos bosques de Rumbula. Rematada a guerra volveu ser ocupada polos soviéticos e os opositores políticos foron deportados a gulags.

O país recupera a súa independencia en 1991 coa caída da URSS e a desaparición da República Socialista Soviética de Letonia, da cal era tamén capital.

XeografíaEditar

 
Imaxe de satélite de Riga
 
Castelo de Riga
 
Casa das cabezas negras

A cidade está á beira do mar Báltico, preto da desembocadura do Dvina Occidenta (en letón Daugava) no golfo de Riga. Riga está situada nunha chaira costeira e areosa no golfo de Riga que xurdiu despois do fin da última glaciación hai uns 11.000 anos. A chaira está a 1.10 m sobre o nivel do mar Báltico. Caracterízase por unha gran cantidade de lagos e ríos, o Daugava é o máis importante deles, flúe de sur a norte a través de Riga e parte en dúas a cidade. Riga está situada a 10 km da desembocadura do río Daugava no golfo de Riga.

A zona ten unha extensión de 307 km², a zona residencial esténdese máis de 67 km² (22%), 54 km² son de áreas industriais (17%), 25 km² estradas e rúas (8%), 58 km² son parques (19%) e outros 49 km² de agua (16%).

EconomíaEditar

Case tódalas institucións financeiras do país áchanse en Riga; a máis importante é o banco central letón, chamado Banco de Letonia.

O intercambio co estranxeiro está aumentando dende xa fai algúns anos, e a cidade recibiu un novo pulo económico dende a entrada de Letonia na Unión Europea o 1 de maio de 2004.

En Riga concéntrase case a metade da produción industrial letoa. A industria de Riga está especializada no sector financeiro, os servizos públicos, a industria farmacéutica, de téxtiles, de moblaxe e de produtos manufacturados en xeral, ademais da construción de barcos.

O porto de Riga é un importante porto rexional e centro rexional de expedición vía cargo. Durante a época soviética, Riga era a segunda cidade rusa de occidente despois de San Petersburgo.

PoboaciónEditar

A poboación da cidade diminuíu dende a independencia de Letonia en 1991 de 910.000 a 760.000, principalmente como resultado da emigración por parte da minoría rusa.

Riga é a cidade máis poboada dos países bálticos, con 739.232 habitantes en 2003. En Riga, os letóns representan o 42% da poboación, os rusos atinxen unha porcentaxe case igual. A maior parte dos letóns son protestantes, da fe evanxélica luterana, mentres que os rusos son ortodoxos.

TransportesEditar

 
Entrada á cidade

As viaxes de negocios e de pracer a Riga aumentaron considerablemente nos últimos anos grazas ó melloramento da infraestrutura comercial e de transporte. En canto á cidade portuaria, Riga é o principal nó de transportes do país, nela conflúen os transportes ferroviarios e o sistema de estradas nacionais.

A maior parte dos turistas chega en avión ó Aeroporto Internacional de Riga, o máis grande dos países bálticos, modernizado en 2001 con ocasión do 800 aniversario da fundación da cidade. O transporte mariño conecta a cidade con Estocolmo, Kiel (Alemaña) e Lübeck (Alemaña).

Os turistas denomínana a París do leste pola cantidade de atractivos turísticos e cafés sobre as vereas.

Lugares de intereseEditar

Centro histórico de Riga
 
Domo de Riga
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísModelo:LET
Localización56°57′15″N 24°7′0″L / 56.95417, -24.11667
TipoCultural
CriteriosI, II
Inscrición1997 (21ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador852


O centro histórico de Riga foi declarado en 1997 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, en virtude dos seus edificios de Art Nouveau e pola arquitectura que se conserva do século XIX.

Os monumentos máis importantes da capital letoa son:

  • A Catedral.
  • Igrexa de San Pedro.
  • Casa das cabezas negras.
  • Grande e Pequeno Gremio.
  • Os tres irmáns.
  • Museo da Ocupación.
  • Castelo de Riga (residencia presidencial).
  • Monumento á Liberdade.

A cidade foi Capital europea da cultura no ano 2001 xunto con Basilea (Suíza); tamén foi sede do Festival da Canción de Eurovisión 2003. No ano 2006 a capital de Letonia foi sede dos Campionatos Mundiais de Hóckey sobre xeo, o acontecemento deportivo máis importante na historia dos Estados Bálticos.

En novembro de 2006 acolleu o primeiro cumio da OTAN celebrado en territorio ex-soviético


 

Vista de Riga desde a Academia de Ciencias de Letonia.


Cidades irmásEditar

Predecesor:
  Košice
  Marsella
 
Capital Europea da cultura
xunto con   Umeå

2014
Sucesor:
  Mons
  Plzeň

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar