Pori (en sueco Björneborg, e en latín Arctopolis) é unha cidade de Finlandia, situada no oeste do país, na rexión de Satakunta (da cal é capital). Ten unha poboación de 83.303 habitantes segundo o censo de 2012.[1]

Modelo:Xeografía políticaPori
Pori (fi)
Björneborg (sv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 61°29′12″N 21°47′51″L / 61.4867, 21.7975
EstadoFinlandia
Axencia RexionalSouth-Western Finland Regional State Administrative Agency (en) Traducir
RexiónSatakunta Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación83.219 (2024) Editar o valor en Wikidata (71,98 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Pori Editar o valor en Wikidata
Superficie1.156,16 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Noormarkku (mul) Traducir e Lavia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1558 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoLauri Inna (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoPori City Council (en) Traducir , (Escano: 59) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webpori.fi Editar o valor en Wikidata

Topónimo

editar

O nome Pori vén da palabra borg ("castelo") do nome orixinal en sueco cunha adaptación á pronunciación finesa.[2] O nome en sueco Björneborg significa "castelo do oso", e o nome grego Arctopolis significa "cidade do oso".

Demografía

editar

Xeografía

editar

Río e delta

editar

O levantamento xeolóxico logo da idade do xeo foi relatívamente alto na boca do río Kokemäenjoki. En 1558, cando se fundou a cidade, foi situada na beira da baía de Pori. A causa deste levantamento o delta do río comeza agora na fronte da cidade. A área recreativa de Kirjurinluoto está actualmente nunha illa conectada con pontes á terra. O Parque Nacional Urbano de Pori preserva a historia das fases de desenvolvemento da cidade.

  Pori
(1981-2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) -3 -3 1 8 14 19 21 20 14 8 2 -1
8,3
Temperatura mínima media (°C) -8 -9 -5 -1 4 9 12 10 6 3 -2 -5
1,2
Precipitacións (mm) 26,6 20,7 24,1 20,6 20,0 36,9 36,2 42,5 35,5 37,4 29,6 30,2
360,3
Fonte: Foreca

Cultura

editar

En Pori encóntrase o Museo de Satakunta, un museo de historia fundado en 1888. O Museo de Satakunta presenta a historia da provincia de Satakunta e da cidade de Pori. O edificio que alberga o museo foi deseñado en 1973.[4] O Museo de Arte de Pori é un museo de arte contemporánea e moderna, inaugurado en 1979 e ten como base as coleccións da coleccionista local de arte e mecenas Maire Gullichsen. A sede do museo encóntrase nunha antiga casa de pesaxe constuida orixinalmente en 1860.[5] Outros museos da cidade son o Museo Rosenlew, que presenta a herdanza industrial da empresa Rosenlew[6] e o museo de historia natural Luontotalo Arkki.[7] Toivo é o centro de renovación do Museo de Satakunta, nel preséntanse xeitos tradicionais de restauración de casas de madeira cunha exhibición dunha casa típica de principios de 1900.[8]

  1. ""VÄESTÖTIETOJÄRJESTELMÄ REKISTERITILANNE 30.12.2012"". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2013. 
  2. Paikannimet kahdella kielellä – pitkä kulttuuriperinne Arquivado 03 de xuño de 2009 en Wayback Machine. por Peter Slotte en Kotimaisten kielten tutkimuskeskus (16 January 2007) (en finés)
  3. Porin kaupungin tilastollinen vuosikirja 2009[Ligazón morta]
  4. "Satakunnan Museo" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015. 
  5. "Pori Art Museum" (en inglés). Cidade de Pori. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  6. "Rosenlew Museum" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015. 
  7. "Luontotalo Arkki" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015. 
  8. "Rakennuskulttuuritalo Koivo" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar