Setembro
Noveno mes do ano dos calendarios xuliano e gregoriano
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | |||
2021 Todos os días |
Setembro é o noveno mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome, que vén da mesma raíz latina cá "sétimo", débese a que era o sétimo mes no calendario romano.

Setembro ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, un manuscrito do secúlo XV.
O mes de setembro empeza no mesmo día da semana que decembro cada ano.
AcontecementosEditar
- O 7 de setembro celébrase a Independencia do Brasil.
- O 18 de setembro celébrase a Independencia de Chile.
- O 21 de setembro é, no hemisferio sur, o primeiro día da primavera e no hemisferio norte, o primeiro día do outono.
Setembro na cultura popular galegaEditar
- Artigo principal: Setembro na cultura popular galega.
RefraneiroEditar
- En setembro colle o viño e non durmas no camiño.
- Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño.[1]
- Setembro ou seca as fontes ou leva as pontes.
NotasEditar
- ↑ Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Setembro |