14 de setembro
día do ano
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 14 de setembro é o 257º día do ano do calendario gregoriano e o 258º nos anos bisestos. Quedan 108 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 81 - en Roma, Domiciano convértese en emperador do Imperio romano ao morrer o seu irmán Tito.
- 791 - Afonso II é coroado rei de Galiza.[1]
- 1752 - O Imperio británico adopta o calendario gregoriano
- 1923 - Miguel Primo de Rivera proclámase ditador en España
- 1936 - O ouro do Banco de España é transportado a Cartaxena.
Nacementos
editar- 1580 - Francisco de Quevedo, escritor e poeta español (m. 1645).
- 1769 - Alexander von Humboldt, naturalista e explorador alemán (m. 1859).
- 1801 - Juan Bautista Alonso, avogado, poeta e político galego (m. 1879).
- 1846 - Joaquín Costa Martínez, político, xurista, economista e historiador español (m. 1911).
- 1849 - Ivan Pavlov, médico fisiólogo ruso, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1904 (m. 1936).
- 1858 - Ramón Armada Teixeiro, escritor e poeta galego (m. 1920).
- 1897 - Eduardo Blanco Amor, novelista, dramaturgo, poeta, fotógrafo e xornalista galego (m. 1979).
- 1907 - Edel Quinn, misioneira irlandesa (m. 1944).
- 1913 - Jacobo Arbenz Guzmán, político e militar guatemalteco, presidente de Guatemala (m. 2008).
- 1918 - Cachao López, músico e compositor cubano (m. 2008).
- 1920 - Mario Benedetti, escritor uruguaio (m. 2009).
- 1937 - Renzo Piano, arquitecto italiano.
- 1948 - Mario Conde, financeiro e avogado galego.
- 1952 - César Antonio Molina, escritor e político galego.
- 1952 - Matías Prats Luque, xornalista español.
- 1956 - Costas Caramanlis, avogado e político grego, primeiro ministro de Grecia.
- 1965 - Dmitrii Medvedev, avogado e político ruso, primeiro ministro de Rusia.
- 1974 - Hicham El Guerrouj, atleta marroquí.
- 1982 - Antía Otero, poeta e actriz galega.
- 1983 - Amy Winehouse, cantante e compositora británica (m. 2011).
Mortes
editar- 404 - Xoán Crisóstomo, bispo de Constantinopla, un dos Pais da Igrexa (n. 347).
- 775 - Constantino V, emperador bizantino (n. 718).
- 891 - Estevo VI, papa da Igrexa católica (n. ?).
- 1321 - Dante Alighieri, poeta italiano (n. 1265).
- 1523 - Hadrián VI, papa da Igrexa católica (n. 1459).
- 1851 - James Fenimore Cooper, escritor estadounidense (n. 1789).
- 1852 - Arthur Wellesley, duque de Wellington, militar e político británico (n. 1769).
- 1881 - Juan Antonio Saco y Arce, sacerdote, lingüista e escritor galego (n. 1835).
- 1901 - William McKinley, presidente dos Estados Unidos (n. 1843).
- 1905 - Pierre Savorgnan de Brazza, explorador francés de orixe italiana (n. 1852).
- 1916 - José Echegaray Eizaguirre, enxeñeiro, matemático, dramaturgo e político español (n. 1832).
- 1927 - Isadora Duncan, danzarina estadounidense (n. 1877).
- 1936 - Javier Estévez Viana, comerciante, xornalista e político galego (n. 1903).
- 1937 - Víctor Fraiz Villanueva, mestre e sindicalista galego (n. 1887).
- 1937 - Tomás Masaryk, filósofo e político austrohúngaro, fundador e primeiro presidente de Checoslovaquia (n. 1850).
- 1951 - Fritz Busch, director de orquestra e pianista alemán (n. 1890).
- 1953 - Ramón Villar Ponte, escritor, xornalista e político galego (n. 1890).
- 1970 - Rudolf Carnap, filósofo alemán (n. 1891).
- 1980 - José María Gil Robles, avogado e político español (n. 1898).
- 1982 - Grace Kelly, actriz estadounidense, esposa do príncipe Rainiero III de Mónaco (n. 1929).
- 1982 - Ramón Carballal Pernas, xuíz e escritor galego (n. 1921).
- 1984 - Janet Gaynor, actriz estadounidense (n. 1906).
- 1989 - Dámaso Pérez Prado, músico, compositor e actor cubano (n. 1916).
- 1999 - Charles Crichton, cineasta británico (n. 1910).
- 2005 - Robert Wise, cineasta estadounidense (n. 1914).
- 2009 - Patrick Swayze, actor, cantante e bailarín estadounidense (n. 1952).
- 2011 - Rudolf Mößbauer, físico alemán, Premio Nobel de Física en 1961 (n. 1929).
- 2018 - Elixio Villaverde García, escritor e historiador galego (n. 1954).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Exaltación da Santa Cruz.
Notas
editar- ↑ Gil Fernandez (ed.). Crónica Rotense (en latín) (1985 (Crónicas asturianas) ed.). Universidad de Oviedo. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2020.
Era DCCCXXVll/I. Hunctus est in regno predictus rex magnus Adefonsus XVIII kalendas octobris era qua supra.