Tito (emperador)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Titus Flavius Sabinus Vespasianus, nado o 30 de decembro de 39 e finado o 13 de setembro de 81 foi un emperador romano. No ano 79, á morte do seu pai Vespasiano, quen foi divinizado, foi nomeado o seu sucesor. É o segundo emperador da dinastía Flavia.
Tito | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 41, 30 de decembro de 40, 30 de decembro de 41 e 30 de decembro de 39 |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 13 de setembro de 81 |
Lugar de falecemento | Aquae Cutiliae |
Soterrado | Mausoleo de Augusto |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | relixión na Roma antiga |
Ocupación | político e militar |
Pai | Vespasiano |
Nai | Domitila a Maior |
Cónxuxe | Arrecina Tértula e Márcia Furnila |
Fillos | Júlia Flávia e Flavia |
Irmáns | Domiciano e Domitila a Menor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |


Traxectoria editar
Tito seguira unha brillante carreira militar en Britania e Xermania e sufocou a rebelión xudía no ano 70. Despois de todos estes feitos, foi nomeado César e o seu pai asociouno ó goberno.
A destrución do templo de Xerusalén, a súa lendaria xenerosidade e bondade de carácter e os seus contrariados amores con Berenice, irmá do rei xudeu Agripa II, converteron a Tito en protagonista de dramas e óperas.
Pero gobernou pouco tempo, apenas dous anos, e o seu paso pola escena política carece de relevo e interese.
A fama das súas boas cualidades humanas venlle dos seus desvelos por auxiliar as vítimas da erupción do Vesuvio no ano 79, e a destrución das cidades de Pompeia e Herculano e cos damnificados do incendio que un ano despois sufriu a propia Roma. Morreu de forma prematura no ano 81.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Vespasiano |
Tito (emperador) | Precede a: Domiciano |
Dinastía Flavia |