Augusto (título)

Augustus, do latín Augustus ou Avgvstvs, abreviado como AVG, (plural: augusti ), "maxestoso", "impulsor" ou "venerable",[1] foi un antigo título romano, que primeiro tivo César Augusto e que máis tarde se converteu nun dos títulos coñecidos agora: os emperadores romanos. A forma feminina foi Augusta.

Unha moeda romana coa efixie do emperador Diocleciano [DIOCLETIANVS] e o título [AVGVSTVS] á dereita

Aínda que o uso do cognomen "Augusto" como parte do nome xeralmente se interpreta como identificador do emperador Octavio Augusto, esta interpretación é algo errónea; "Augusto" foi o nome máis significativo asociado ao emperador, pero de feito non representou ningún título oficial até o século III baixo o reinado de Diocleciano. A dignidade imperial non era un título ordinario, senón unha concentración de poderes bastante extraordinaria en mans dun home; "Augusto" foi o nome que identificou inequivocamente a ese home.

Nas provincias de fal grega do Imperio, o nome traduciuse como sebastos (Σεβαστός, "venerable") ou helenizouse como Augoustos (Αὔγουστος). Despois da caída do imperio, estes títulos continuaron a ser empregados no Imperio bizantino até a caída de Constantinopla en 1453, aínda que pasenñamente foron perdendo a exclusividade imperial. Despois da caída do Imperio Romano, Augusto foi empregado como un nome para os homes de nacemento aristrocrático, nas terras do Sacro Imperio Romano Xermánico. Hoxe, en moitos sitios, coas súas variantes, segue a ser un nome común para os homes.

Ocatavio AugustoEditar

 
Moeda de finais do s. III coa efixie do emperador Probo e coas inscricións Invictus [INV] ("invicto") e Pius Felix (abreviado [PF] - Misericordioso e Bendito). Augusto [AVG].

O primeiro "augusto" (e o primeiro home considerado emperador romano) foi Caio Xulio César Octaviano, nome outorgado polo Senado romano o 16 de xaneiro do 27 a.C. a Ocatavio tras unha proposta de Lucio Munacio Planco. Durante os próximos corenta anos, Augusto (como se será coñecido) establecerá literalmente o estándar polo cal os Emperadores posteriores haberían ser recoñecidos, acumulando varios títulos e poderes e facendo que o seu propio nome ("Augustus") fose identificable coa consolidación destes poderes. Aínda que o nome non indicaba nada a nivel legal, recoñeceuse que representaba todos os poderes que acumulara César Augusto.

Como princeps senatus (literalmente, "príncipe do senado", "primeiro home do senado") foi o líder do Senado, o equivalente a un primeiro ministro moderno; como Pontifex maximus (literalmente "sumo sacerdote") era o principal sacerdote da relixión do estado romano; como ostentador do imperium consular tiña autoridade igual aos maxistrados (e Epónimos ) dentro de Roma e ao ter, tamén, o imperium maius tiña unha autoridade superior a de aqueles, fóra de Roma (por iso, permaneceu por riba de tódolos gobernadores provinciais e foi tamén comandante supremo de tódalas Lexións romanas); ao ostentar a tribunicia potestas, tiña inviolabilidade persoal (sacrosanctitas) e o dereito a vetar calquera acto[2] ou proposta feita por calquera maxistrado de Roma, actuando como o principal apoderado da lexislatura.

Esta concentración de poderes converteríase no modelo ideal polo que tódolos emperadores posteriores deberían gobernar Roma, en teoría. Na práctica, esta teoría sistemática e sofisticada perdeu gradualmente calquera parecido coa realidade e caeu completamente nos séculos III e IV, cando os emperadores asemellábanse máis a déspotas orientais que "aos primeiros entre iguais".

Octavio César Augusto tamén estableceu a norma pola que se chamaban aos emperadores romanos. Os tres títulos empregados pola maioría dos emperadores romanos: imperator, césar e augustus; todos eles empregados por César Augusto (que oficialmente se chamaba Imperator Caesar Augustus). Destes nomes, só Augusto era exclusivo do propio emperador (igualmente, a nai ou a muller do emperador podían ostentar o título de Augusta); mentres que outros podían, e de feito facíano, emprega-lo título de Imperator e, por outra banda, a denominación de César foi o nome dun clan dentro da liña xuliana.

Tamén se fixo habitual que cando un emperador ascendía á púrpura, adoptase un destes títulos e o incorporase ao seu nome oficial: Nn César (onde Nn, Nomen, é o antropónimo do individuo) ou máis tarde Nn Nobilissimus Caesar (Nomen César Nobilísimo) e, ocasionalmente, o título Princeps Iuventutis (Primeiro entre os mozos). Máis tarde os emperadores introduciron novos títulos como Píus Félix, (Misericordioso e bendito) e Invictus (Invicto), nos seus antropónimos.

Neste uso, indicando a suposición completa de todos os poderes imperiais, "Augusto" é aproximadamente análogo a "emperador", aínda que "Augusto" non se corresponda coa concepción monárquica moderna da figura dun emperador. Cómpre ter en conta que non había ningún cargo constitucional asociado á dignidade imperial; a autoridade persoal (dignitas) e a influencia (auctoritas ) procedían da súa posición de princeps senatus, e a súa autoridade legal derivábase do seu consulari imperium e tribunicia potestas; na teoría constitucional romana, " augustus " podería considerarse unha abreviatura de " maximus consulari imperio et tribuniciae potestate de pontífexs de princeps senatus et " (é dicir, líder da casa e sumo sacerdote con imperium consular e poder tribunicio)

"Augustus" é comparable á dignidade británica de príncipe; é un título persoal, dignidade ou atributo máis que un título de nobreza como duque ou rei . O emperador era máis comunmente chamado prínceps; con todo, co paso do tempo, imperator ou César convertéronse nas denominacións máis comúns.

Equivalente femininoEditar

Orixinalmente, o título Augusta só se outorgaba excepcionalmente ás mulleres das dinastías imperiais: para estas mulleres significaba un fortalecemento do seu poder mundano e unha posición próxima á divindade. Non había unha cualificación maior de prestixio.

A primeira muller que o recibiu foi Livia Drusila, no 14, sendo a derradeira vontade do seu marido Augusto. Por iso foi coñecida como Xulia Augusta. Así como Augusto, foi o modelo para os emperadores sucesores, Xulia Augusta converteuse tamén no modelo de tódalas Augustae (plural de Augusta): unha denominación que incluía conspirar para que un fillo seu se convertese en sucesor ao trono ou caer en desgraza, aos ollos do novo emperador, se as maquinacións tivesen éxito.

Agripina menor, que se convertería en Augusta co seu último marido Claudio, adheriríase a este modelo, sendo enviada á morte polo seu fillo Nerón uns anos despois de converterse, este, en emperador.

 
Un exemplo bizantino tardío de Augusto na titulación imperial: nesta miniatura de ca. 1404, Manuel II Paleólogo titúlase "basileus e autokrator dos romanos", mais tamén "aei augoustos" ("sempre Augusto"), despois da fórmula antiga tardía "semper Augustus".

Se o título de Augusto pódese comparar co título de príncipe nas sociedades máis modernas, entón Augusta sería análogo ao título británico, e doutras casas reais, de princesa real: é un título outorgado polo monarca que reina, en raros casos, a un parente, o que lle outorga unha maior preeminencia fronte a outros membros da casa real. Por suposto, esta é só unha comparación parcial: a princesa real era un título que recibían a miúdo as mulleres máis novas, mentres que o título de Augusta quedaba reservado para as mulleres maiores. Neste sentido, Augusta tamén ten algo da connotación da Raíña Nai. Por outra banda, o "semellante á divindade" non se pode extrapolar a ningún destes títulos máis modernos.

No imperio romano divididoEditar

Máis tarde, baixo a Tetrarquía, os dous emperadores superiores (Occidente e Oriente) tiveron o título de Augusto, mentres que César referíase aos subemperadores adxuntos.

Os tres títulos principais dos emperadores: imperator, césar e augusto transformáronse en autocrator, césar e sebastos. O título grego continuou empregándose no Imperio Romano de Oriente até a súa extinción en 1453, aínda que sebastos perdeu a exclusividade imperial: as persoas que non eran o emperador podían recibir títulos consistentes en sebastos, mentres autocrator convertíase nun título exclusivo do emperador romano de Oriente.

O último emperador romano de Occidente, Rómulo Augusto, coñeceuse como Augustulus ou "pequeno Augusto", debido á insignificancia do seu reinado.

LegadoEditar

O título, en latín, dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico era normalmente "Imperator Augustus", que transmite a idea moderna de "emperador" máis que o significado romano orixinal (como era o de "primeiro cidadán" da República). Así, a palabra alemá para "emperador" é "Káiser", unha palabra derivada claramente César.

NotasEditar

  1. González González, M. (dir.). "augusto, augusta". academia.gal. Consultado o 3 de xullo de 2021. 
  2. Aramburu (2020), p. 121

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Aramburu Córdoba, Romina del Valle (2020). Historia e instituciones del Derecho Romano (en castelán). La Plata: Editorial de la Universidad Nacional de La Plata (Edulp). ISBN 978-987-8348-31-5. 

Outros artigosEditar