Lexión romana

A lexión romana (do latín legio, "leva") era a división fundamental do exército romano e estaba formada xeralmente por entre 5000 e 6000 soldados de infantaría (posteriormente 8000) e varios centos de cabaleiros e tropas auxiliares. As lexións tiñan un nome e un número e coñécense unhas 50. Habitualmente había 28 lexións máis os auxiliares.

Dramatización dunha lexión romana

HistoriaEditar

 
Campamentos das 27 lexións romanas (80 a. C.

Dos 5000 homes da lexión, cerca de 300 proviñan de cidades ou estados vasalos, e facían o papel de auxiliares de infantaría ou cabalaría. O compoñente principal da lexión era a infantaría pesada, formada por soldados armados con pillum e gladius e protexidos por unha loriga segmentata e un escudo rectangular convexo. Alén, é claro, dun casco, sendo o máis utilizado no período imperial o modelo imperial gálico.

Unha Lexión dividíase en dez cohortes de 500 ou 600 homes, comandada cada unha por un tribuno. As cohortes constaban de seis centurias (divisións con 100 lexionarios), comandadas polos centurións. Por outra parte, cada cohorte constaba de tres manípulos de douscentos homes (dúas centurias). As centurias tiñan dez decurias, cun decurión á fronte de cada unha. Ademais, cada lexión contaba con trescentos xinetes, seleccionados de entre os patricios. As lexións estaban comandadas por seis tribunos que recibían as ordes do cónsul.

Durante a República e certos períodos do Imperio Romano, non había un exército romano propiamente dito. Cada xeneral ou alto maxistrado posuía unha ou máis lexións que lle eran fieis e obedecían antes as súas ordes do que as dun comandante xeral. Durante a República, cada cónsul era responsábel das súas propias lexións, debendo tamén comandalas. Das catro lexións que tiña o exército romano a fins da República e comezos do Imperio (que podían aumentar en casos especiais) pasouse a 28 cara o ano 69 d.C., cun total aproximado de 168.000 infantes e 8.400 xinetes. En tempos de Marco Aurelio, coa máxima expansión do Imperio, o exército chegou ás 40 lexións, con case 250.000 efectivos. No século III, as tropas de cabalaría comezaban a substituír a estrutura militar das lexións.

Localización das lexiónsEditar

 
Campamentos das lexións romanas (80 a. C.)

A finais do século I, as lexións e a súa localización eran as seguintes:

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar