Manuel II Paleólogo
Manuel II Paleólogo, nado no 1350 e finado o 21 de xullo de 1425, foi emperador bizantino de 1391 a 1425 e fillo do emperador Xoán V Paleólogo. Con Helena Dragas, filla dun príncipe serbio, tivo sete fillos: Miguel (morto en 1406), Xoán, Teodoro, Andrónico, Constantino, Demetrio e Tomé.
Manuel II Paleólogo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de xuño de 1350 |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | 21 de xullo de 1425 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | político e escritor |
Pai | Xoán V Paleólogo |
Nai | Helena Cantacuzena |
Cónxuxe | Helena Dragas |
Fillos | Xoán VIII Paleólogo, Teodoro II Paleólogo, Andrónico Paleólogo, Demetrio II Paleólogo, Tomé Paleólogo, Zambia Palaiologina e Constantino XI |
Irmáns | Andrónico IV Paleólogo, Teodoro I Paleólogo, Miguel Paleólogo e Irene Palaiologina |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Cando morreu o seu pai, el era refén na corte otomá de Baiaceto I en Prussa (a actual Bursa), pero deu escapado. A continuación foi asediado en Constantinopla polo sultán, cuxa vitoria sobre os bizantinos na batalla de Nicópolis (25 de setembro de 1396) non lle permitiu, con todo, tomar a capital.
Manuel decidiu entón viaxar a Occidente persoalmente en busca de axuda, e con este fin visitou Italia, Francia, Alemaña e Inglaterra, sen éxito real. A vitoria de Tamerlán sobre os turcos na batalla de Ancara en 1402, e a morte de Baiaceto en 1403 permitíronlle un respiro ante a constante presión otomá. Mantivo boas relacións con Mehmed I, pero volveu ser asediado no seu capital por Murad II en 1422. Pouco antes da súa morte, viuse obrigado a asinar un acordo polo cal o Imperio bizantino se comprometía a pagar tributo ao sultán.
Manuel escribiu moitas obras de distinto tipo: teolóxicas, retóricas, poéticas, así como unha colección de epístolas.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán VII Paleólogo |
Manuel II Paleólogo | Precede a: Xoán VIII Paleólogo |
Dinastía Paleólogo |