Claudio
- Esta páxina está referida ao emperador Claudio I; para ver otras persoalidades co nome "Claudio" ver Claudio (homónimos).
Tiberio Claudio Nerón Druso Xermánico (en latín Tiberius Claudius Nero Drusus Germanicus), nado en Lugdunum (actual Lión, en Francia) o 1 de agosto do ano 10 e finado o 13 de outubro do 54, foi un emperador e historiador romano.
Claudio | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Tiberius Claudius Drusus |
Nacemento | 1 de agosto de 10 a. C. |
Lugar de nacemento | Lugdunum |
Falecemento | 13 de outubro de 54 |
Lugar de falecemento | Roma |
Causa | envelenamento |
Soterrado | Mausoleo de Augusto |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | relixión na Roma antiga e Estoicismo |
Ocupación | político, historiador, áugure e escritor |
Pai | Nero Cláudio Druso |
Nai | Antónia, a Jovem |
Cónxuxe | Pláucia Urgulanila, Aélia Paetina, Mesalina e Agripina Minor |
Fillos | Druso, Claudia Julia, Antônia, Cláudia Octávia, Tibério Cláudio César Britânico e Nerón |
Irmáns | Livia Júlia e Germânico |
Coñecido por | De vita sua |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |


Membro dunha poderosa gens romana (era neto de Marco Antonio e tío avó de Calígula) nunca foi preparado para a política debido a súa invalidez (hoxe en día se cre que era debida a polio). Tralo asasinato de Calígula a mans da Garda Pretoriana, foi encontrado agochado no palacio imperial. Ante a ausencia dun aspirante mellor a Garda Pretoriana presentouno como novo emperador ante o Senado que non tivo máis remedio que aceptalo. O seu mandato lémbrase con benevolencia. O Imperio Romano estendeuse a Britania (actual Inglaterra) e Mauritania. Fundou Colonia Claudia Ara Agrippinensis (actual Colonia, Alemaña). Construíu o acueduto Claudiano e baixo o seu mandato a institución imperial asentouse, tomando máis poder e centralizando os asuntos de estado. Ao parecer a súa morte débese a que foi envelenado pola súa muller, Agripina a menor.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Calígula |
Claudio | Precede a: Nerón |
Dinastía Xulio-Claudia |