Mesalina (en latín: Valeria Messalina),[1] nada c. 17/20 e finada no 48, foi a muller do emperador romano Claudio. Era curmá paterna do emperador Nerón, curmá segunda do emperador Calígula, e sobriña neta do emperador Augusto. Unha muller poderosa e influente, difamada cunha reputación de promiscuidade, conspirou presuntamente contra o seu marido e foi executada cando se descubriu o seu complot.

Modelo:BiografíaMesalina

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Valeria Messalina Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte48 Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Jardins de Lúculo, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
Emperatriz consorte Imperio Romano
24 de xaneiro de 41 – 48 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Xulio-Claudia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGaius Silius (48–)
Claudio (38–) Editar o valor en Wikidata
ParellaDecius Calpurnius
Sabinus Editar o valor en Wikidata
FillosCláudia Octávia
 () Claudio
Tibério Cláudio César Britânico
 () Claudio Editar o valor en Wikidata
PaisMarco Valério Messala Barbato Editar o valor en Wikidata  e Domícia Lépida Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarco Valério Messala Corvino
Fausto Cornélio Sila Felix
Marcus Junius Silanus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Messalina-1 Find a Grave: 110006817 Editar o valor en Wikidata

Familia

editar

Mesalina era a filla de Domicia Lépida e o seu curmán Marco Valerio Mesala Barbado Mesalino.[2][3] A súa nai era a filla máis nova do cónsul Lucio Domicio Enobarbo e Antonia a Maior. O irmán da súa nai, Cneo Domicio Enobarbo, foi o primeiro marido da futura emperatriz Agripina e o pai biolóxico do futuro emperador Nerón, o que fai que Nerón e Mesalina fosen curmáns malia levarse dezasete anos de diferenza. Os avoas de Mesalina, Claudia Marcela e Antonia a Maior eran medio irmás. Claudia Marcella, a avoa paterna de Mesalina, era a filla da irmá de Augusto Octavia a Menor polo seu matrimonio con Caio Claudio Marcelo. Antonia a Maior, avoa materna de Mesalina, era a filla máis vella de Octavia polo seu matrimonio con Marco Antonio, e era a tía materna de Claudio. Compróbase polo tanto, a endogamia da familia.

Pouco se coñece da vida de Mesalina antes do seu matrimonio no ano 38 con Claudio, que daquela tiña 48 anos. Dous fillos naceron como resultado da súa unión: unha filla Claudia Octavia (nada en 39 ou 40), a primeira muller do emperador Nerón; e un fillo, Británico. Cando o emperador Calígula foi asasinado no ano 41, a Garda Pretoriana proclamou a Claudio como novo emperador e Mesalina converteuse en emperatriz.

Reputación

editar
 
Mesalina traballando nun bordel, de Agostino Carracci, finais do século XVI.

Co seu ascenso ó poder, Messalina entra na historia cunha reputación de ser desapiadada, depredadora e sexualmente insaciable. O seu esposo é representado como doadamente conducido por ela e inconsciente dos seus moitos adulterios. No ano 48, el marchou de viaxe e foi informado cando regresou que Mesalina chegara a casar co seu último amante, o senador Caio Silio. Malia que moitos a tería condenado a morte, o emperador ofreceulle outra oportunidade. Ó ver iso como unha debilidade, un dos seus principais oficiais argallou de costas ó emperador e ordenou a morte de Mesalina. Ó escoitar as novas, o emperador non reaccionou e sinxelamente pediu outro cálice de viño. Despois , o senado romano ordenou unha damnatio memoriae para que o nome de Mesalina fose borrado de tódolos lugares públicos e privados e tódalas súas estatuas fosen derrubadas.

Os historiadores que relataron tales sucesos, principalmente Tácito e Suetonio, escribiron 70 anos despois dos eventos, nun ambiente hostil contra a liña imperial á que pertencía Mesalina. A historia relatada por Suetonio está chea de escándalos. Tácito di que os seus textos transmiten ‘o que foi escoitado e escrito polos meus maiores’ sen citar outras fontes que as memorias de Agripina a Menor, que argallou para desprazar os fillos de Mesalina da sucesión imperial e polo tanto tiña un interese especial en escurecer o nome do seu predecesor.[4] Tense argumentado que o que pasou á historia da súa vida é o resultado das sancións políticas que seguiron á súa morte.[5]

As acusacións de excesos sexuais foron consideradas como unha táctica de difamación e o resultado dunha ‘hostilidade motivada politicamente’.[6] Dous relatos contribuíron especialmente nesa fama. Un é a historia da súa competición cunha prosituta de manter sexo toda a noite, que se relata no Libro de X da Naturalis Historia de Plinio o Vello, segundo a cal a competición durou 24 horas e Mesalina gañou por deitarse con 25 homes.[7] O poeta Xuvenal tamén ofrece unha coñecida descrición na súa sexta sátira de como a emperatriz adoitaba traballar clandestinamente nun bordel baixo o nome de Loba.[8] Tamén alude a historia de como impulsou a Caio Silio a divorciarse e casar con ela na Sátira X.[9]

  1. Prosopographia Imperii Romani V 161
  2. Prosopographia Imperii Romani V 88
  3. Suetonius, Vita Claudii, 26.29
  4. K.A.Hosack, “Can One Believe the Ancient Sources That Describe Messalina?“, Constructing the Past 12.1, 2011]
  5. Harriet I. Flower, The Art of Forgetting: Disgrace and Oblivion in Roman Political Culture, University of North Carolina 2011, pp 182-9
  6. Thomas A. J. McGinn, Prostitution, Sexuality, and the Law in Ancient Rome, Oxford University 1998 p 170
  7. Online translation, X ch.83
  8. Poetry in translation, VI.114-135
  9. Translation by A. S. Kline, lines 329-336

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Tatum, W. Jeffrey; The Patrician Tribune: Publius Clodius Pulcher (The University of North Carolina Press, 1999).
  • Mudd, Mary; I, Livia: The Counterfeit Criminal. the Story of a Much Maligned Woman (Trafford Publishing, 2012).