Plinio o Vello
Caio Plinio Segundo (en latín: Gaius Plinius Secundus), coñecido como Plinio o Vello, naceu en Como no ano 23 e morreu na actual Catellmare de Stabia no ano 79, vítima da súa curiosidade científica ao ir observar a erupción do volcán Vesuvio, que sepultou as cidades de Pompeia e Herculano.
Plinio o Vello | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Caio Plinio Segundo |
Nacemento | anos 20xuliano, 23 e c. 24 |
Novum Comum | |
Falecemento | 79, agosto de 79, 24 de agosto de 79 e 25 de agosto de 79 |
Estabia | |
Causa | Erupción volcánica |
Nacionalidade | romana |
Etnia | Romans |
Ocupación | escritor, científico, naturalista e militar romano |
Pai | Gaius Plinius Celer |
Nai | Marcella |
Fillos | Plinio o Novo (sobriño adoptado) |
Irmáns | Plinia Marcella |
Lingua | latín |
Coñecido/a por | Naturalis Historia |
Influencias | Séneca, Aristóteles |
Influíu | Cristovo Colón, Hernán Cortés, Odorico de Pordenone, Marco Polo, Fernão de Magalhães |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Tras estudar en Roma, comezou a súa carreira militar na Xermania, durante doce anos, onde chegou a ser comandante da cabalaría das lexións romanas. No ano 57 volveu a Roma nos tempos do emperador Nerón, para dedicarse ao estudo e ás letras. Desempeñou diversos cargos nos tempos do emperador Vespasiano, que o nomeou entre outros como Almirante. Escribiu diversos tratados de cabalaría, unha Historia de Roma e varias crónicas históricas, hoxe perdidas. Só se conserva a súa Naturalis Historia, rematada no ano 77, e que abrangue 37 libros, dedicados ao emperador Tito. Constitúe un auténtico tratado enciclopédico da Antigüidade, xa que escribiu sobre Cosmoloxía e Astronomía (1 libro), Xeografía e Historia (4 libros), Zooloxía (5), Botánica e Agricultura (8), Medicina (13), Xeoloxía, Mineraloxía, Metalurxia e Arte (5)[1].
No libro Historia Natural mestura un gran número de relatos e feitos útiles con conceptos fantásticos e contos de viaxeiros. Foi un dos textos máis lidos até a Idade Media, cunha grande influencia no bestiario desas épocas.
Notas editar
- ↑ "Versión en francés da obra Naturalis Historia". Consultado o 12-10-2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plinio o Vello |