Pena de morte

execución dun prisioneiro como castigo por un crime ou delito

A pena capital ou pena de morte é a execución dun prisioneiro como castigo por un crime ou delito. A expresión provén do latín capita (=cabeza), onde á súa vez chegou supostamente dun termo indoeuropeo kaput, co mesmo significado. Así, etimoloxicamente, a pena capital é o castigo imposto a un crime tan grave que, a xuízo dalgúns, merece a decapitación.

Pena de morte no mundo: azul: suprimida para tódolos crimes; verde: suprimida para os crimes non cometidos en circunstancias excepcionais (coma os cometidos en tempo de guerra); laranxa: contemplada como sanción penal, pero suprimida na práctica; vermello: contemplada como sanción penal, aínda aplicada
Pena capital nos Estados Unidos: azul: suprimida para tódolos crimes; laranxa: declarada inconstitucional; verde: non suprimida, pero non aplicada desde 1976; vermello: non suprimida, aplicada en varias ocasións desde 1976

Segundo o informe anual de execucións xudiciais de Amnistía Internacional, no ano 2003 foron executadas polo menos 1.146 persoas en 28 países. O 84% das mortes documentadas ocorreron en catro países: a República Popular da China levou a cabo 726 execucións, Irán matou 108 persoas, Estados Unidos 65 e Vietnam 64.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o 18 de decembro de 2007 unha resolución chamando a tódolos países a suspender a pena de morte en todo o mundo. 104 Estados votaron a favor, 54 en contra e 29 abstivéronse. No 2008, 137 países xa aboliran este castigo pero 60 aínda o manteñen e o aplican. Durante o 2007 foron condenadas a morte 3.347 persoas e executadas 1.252 (42 delas nos Estados Unidos)[1].

O 10 de outubro celébrase o Día Mundial contra a Pena de Morte para sensibilizar a poboación.

HistoriaEditar

 
Pintura de Pisanello, 1436 - 1438.

A execución de persoas foi empregada por moitas sociedades, tanto para castigar crimes como para suprimir oposicións políticas.[2] Moitos rexistros históricos, así como prácticas tribais primitivas, indican que a pena de morte formou parte dos sistemas penais dende o principio dos mesmos e continuou a ser un castigo habitual para unha gran cantidade de delitos nas cidades estado sumerias, no antigo Israel, en Babilonia e Persia, na Grecia e en Roma.

Ao longo da Idade Media, a pena capital continuou a ser moi común non só en Europa occidental, senón tamén en Bizancio e na América precolombiana. En América a práctica da pena capital levábase a cabo por diferentes étnicos, aztecas, mixtecas e zapotecas.

Despois dos esforzod de ilustrados como Cesare Beccaria, a guillotina foi o símbolo do Reino do Terror na época da Revolución francesa. Karl Marx escribiu que «o mundo xamais se corrixiu ou intimidou polo castigo». No século XX, os estados autoritarios empregaron a pena de morte como un método de opresión política.

A maioría dos estados federados dos Estados Unidos retomaron esta práctica tran unha breve interrupción durante a década de 1970, o que converte os Estados Unidos nunha das poucas democracias, xunto co Xapón, que continúan a aplicar a pena de morte. En xaneiro de 2008, 36 dos 50 estados prevían a aplicación da pena capital. En decembro de 2007 Nova Jersey aboliuna.[3]

Uzbekistán aboliu a pena de morte o 1 de xaneiro de 2008 mediante un decreto.[4] Entre abril de 2015 e xuño de 2016 abolírano a República do Congo, Fidxi, Madagascar, Mongolia, Nauru e Suriname, período en que se fixo un relatorio da ONU sobre os países que aboliron a pena de morte.[5]

Pola contra, en 2017 os gobernos de dous países, Turquía e as Filipinas fixeron movementos para reinstaurar a pena capital.[6][7]

Métodos de aplicaciónEditar

 
Cesare Beccaria, Dei delitti e delle pene

Os seguintes métodos de execución foron empregados en 2015:[8][9][10][11][12]

Ó longo da historia tamén se empregaron outros métodos:

NotasEditar

  1. "Día Mundial contra a Pena de Morte", artigo en La Voz de Galicia, 8 de outubro de 2008.
  2. "Criminal Justice: Capital Punishment Focus". criminaljusticedegreeschools.com. Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  3. Richburg, Keith B. "N.J. Approves Abolition of Death Penalty; Corzine to Sign", The Washington Post, 14 de decembro de 2007. Consultado o 13 de xuño de 2010.
  4. "Entra em vigor decreto que elimina a pena de morte no Uzbequistão" Arquivado 02 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.. EFE, 1 de xaneiro de 2008. Consultado o 17 de xaneiro de 2008.
  5. ONU (29 de setembro de 2016). "ONU: 170 países aboliram pena de morte ou não a praticam mais". Consultado o 30 de setembro de 2016. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  7. Philippines Moves Closer to Reinstating Death Penalty
  8. "Methodes of execution by country". Nutzworld.com. Consultado o 23-2-2011. 
  9. "Methods of execution – Death Penalty Information Center". Deathpenaltyinfo.org. Consultado o 23-2-2011. 
  10. "Death penalty Bulletin No. 4-2010" (en noruegués). Translate.google.no. Consultado o 23-2-2011. 
  11. "INFORMATION ON DEATH PENALTY" (en noruegués). Amnesty International. Consultado o 23-2-2011. 
  12. "execution methods by country". Executions.justsickshit.com. Arquivado dende o orixinal o 14-11-2010. Consultado o 23-2-2011. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar