Damnatio memoriae

Damnatio memoriae é unha locución latina que significa literalmente "condena da memoria". Era unha práctica habitual na antiga Roma, consistente, coma o seu propio nome indica, en condenar a lembranza dun inimigo do Estado trala súa morte. Cando o Senado Romano decretaba oficialmente a damnatio memoriae, procedíase a eliminar todo canto lembrase ao condenado: imaxes, monumentos, inscricións, e incluso chegábase á prohibición de usar o seu nome. Moitos emperadores víronse tamén afectados por esta práctica, como se amosa a continuación.

Tondo coa familia de Septimio Severo no que aparecen retratados Severo, a súa dona Xulia Domna, os seus fillos Caracalla, e Xeta, cuxa face foi borrada pola súa damnatio memoriae ordenada polo seu irmán e asasino Caracalla.

Emperadores romanos condenados

editar
 
Lucio Elio Sexano foi condenado a damnatio memoriae despois de conspirar contra Tiberio no ano 31; como consecuencia, as súas estatuas foron esnaquizadas e o seu nome foi borrado de todos os rexistros públicos. Esta moeda de Augusta Bilbilis, acuñada para conmemorar o consulado de Sexano, ten raspadas as palabras L. Aelio Seiano

Fontes clásicas

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar