Imperio Romano de Occidente

parte occidental do Imperio Romano após 286

O Imperio Romano de Occidente é o nome que se lle deu á parte occidental do Imperio Romano despois da súa división por Diocleciano no ano 286. Tivo unha existencia política separada tras a morte de Teodosio I (395), quen deixou a parte occidental do seu imperio a Honorio, e finalizou oficialmente coa abdicación de Rómulo Augústulo o 4 de setembro de 476 polas presións do xefe xermánico Odoacro.

Modelo:Xeografía políticaImperio Romano de Occidente
Imperium Romanum Occidentale (la) Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°53′35″N 12°28′58″L / 41.8931, 12.4828Coordenadas: 41°53′35″N 12°28′58″L / 41.8931, 12.4828
CapitalMediolano (pt) Traducir (395–402)
Ravenna (en) Traducir (402–476) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua latina Editar o valor em Wikidata
Relixióncristianismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.534.957 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación17 de xaneiro de 395 Editar o valor em Wikidata
Disolución476 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino franco, Kingdom of Italy (en) Traducir e Reino visigodo de Tolosa Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernoAutocracia
monarquía Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoSenate of the Roman Empire (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
MoedaMoeda da Antiga Roma Editar o valor em Wikidata

Decadencia Occidental, Prosperidade Oriental editar

Sendo xa notoria a decadencia no Imperio Romano (395), o emperador Teodosio decidiu dividir o imperio entre os seus dous fillos, Arcadio e Honorio, para facilitar o manexo de tan vastas terras.

Os bárbaros penetraron o territorio do imperio romano despois da súa disolución.

División do Imperio Romano e principais pobos veciños

A metade occidental coas penínsulas Itálica e Ibérica, as Galias, a illa de Gran Bretaña, o Magreb e as costas de Libia correspondeu ao seu fillo Honorio, mentres que a parte oriental (os Balcáns, Anatolia, Oriente Próximo e Exipto) pasou ao seu fillo Arcadio, converténdose co tempo no Imperio Bizantino, nome tomado de Bizancio, denominación grega da súa capital, Constantinopla.

Honorio situou a súa capital en Milán. Xa desde había tempo, a metade occidental do Imperio Romano estivera sumida en continuas guerras civís polo poder, con xenerais que se rebelaban cada poucos meses e se autocoroaban emperadores alternativos, especialmente en Britania e as Galias. A este complicado cadro que facía tremendamente difícil manter o goberno sobre o Imperio de Occidente uníanse as continuas inxerencias dos pobos bárbaros, que se poñían alternativamente ás ordes duns ou outros contendentes ou rompían con todos entregándose ao saqueo segundo lles conviña. Por todo iso, Occidente sufriu de forma moito máis contundente as consecuencias da crise do século III, mentres que Oriente lograba recuperarse aos poucos, a pesar de se afrontar de forma continua aos godos e os persas, grazas aos ingresos que os ricos campos de Anatolia e sobre todo Exipto lle proporcionaban, a súa maior cohesión interna e a súa poboación máis abundante e menos afectada polas guerras civís, a corrupción e as pestes como ocorría en Occidente.

Invasións Bárbaras editar

Os Xermanos editar

A crise apoderouse de forma irreversíbel de Occidente cando os visigodos baixo o mando de Alarico I se dirixiron a Italia no ano 402. Ao principio, o xeneral romano de orixe vándala Estilicón, unha das últimas grandes figuras militares de Occidente, logrou pararlle os pés na Batalla de Pollentia. Para desgraza dos romanos, as tropas xa non abundaban tanto como antes e Estilicón só puido reunir homes suficientes retirando boa parte dos que vixiaban a fronteira do río Rin. Como consecuencia diso, no Nadal do 406 os vándalos, suevos, francos e, en menor medida, os xépidos, alanos, sármatas e hérulos, cruzaron de forma masiva o río xeado e se estenderon como unha praga por toda a Galia e logo por Hispania, saqueando todas as cidades ao seu paso. Pouco despois Alarico volveu a ameazar a Roma esixindo o pagamento de importantes tributos, mentres en Britania un novo usurpador se coroaba a si mesmo como Constancio III. Estilicón mostrárase incapaz de atallar a crise e foi executado en 408.

As tropas romanas abandonaron Britania mentres era invadida por novos continxentes bárbaros, a fin de acalmar a situación na Galia, pero pouco puideron facer. En todo o Imperio a autoridade romana desaparecía, e só as sucesivas capitais de Milán e Rávena contaban con forzas suficientes. Con este cadro, a Alarico foille doado chantaxear a abandonada cidade de Roma cercándoa sucesivamente en 408 e 409, retirándose cando obtiña o ouro convido co Senado. Pero o último ano non se lle puideron entregar as 4000 pezas esixidas e ordenou saquear a cidade en 410. Tal feito foi visto polos propios romanos como o fin dunha Era e unha aldraxe inimaxinábel, pois a cidade que conquistara o mundo caía agora presa dos bárbaros. Alarico dirixiuse logo a Nápoles con intención de embarcar e saquear África, pero morreu polo camiño. Sorprendentemente, Gala Placidia, irmá do emperador Honorio (refuxiado en Rávena) que fora capturada en Roma, conseguiu convencer os visigodos para que asinasen a paz e se aliasen cos romanos. Selou esta alianza casando co novo rei visigodo, Ataúlfo, ao cal se lle cedeu a Aquitania en 412 co fin de que restablecese a autoridade romana sobre a Galia, e conseguiuno tras longas guerras con outros pobos bárbaros. Posteriormente, os godos recibirían tamén a encarga de restablecer a orde sobre Hispania, o que conseguiron cunha pequena consecuencia: ao expulsar os vándalos de Hispania en 429, estes dirixíronse a África e arrasárona, tomando Cartago. Alí apoderáronse do que quedaba da frota romana e aprenderon a arte de navegar, estendendo o seu novo imperio marítimo sen problemas por Córsega, Sardeña, parte de Sicilia e as Baleares. Saquearon tamén moitas cidades, incluída de novo Roma en 455. Os romanos perdían o dominio dos mares e a súa principal reserva de cereais, a do Norte de África.

Os Hunos editar

 
Atila dirixindo as súas hordas contra Italia

Reducido á Galia, Italia e parte de Hispania, o decadente Imperio viviu unha nova ameaza, peor aínda que as dos pobos xermánicos. Coa chegada dos hunos de Atila en 451, os romanos coñeceron a destrución total, os saqueos sistemáticos e o xenocidio de poboacións enteiras. O exército huno só puido ser expulsado da Galia grazas ao xenio militar do último gran xeneral romano, Aecio, que aliado cos visigodos de Teodorico, os francos e os alanos, logrou derrotar na Batalla dos Campos Cataláunicos aos hunos e os seus vasalos ostrogodos. Porén, Atila recuperouse e invadiu Italia en 452, deténdose só diante das portas de Roma cando o papa León I Magno se entrevistou con el. Dous anos máis tarde, a envexa e os celos moveron ao emperador Valentiniano III a se desfacer do seu mellor xeneral, Aecio, condenando ao Imperio para sempre.

O Final editar

 
Situación política de Europa no ano 476

A Valentiniano sucedérono emperadores cada vez máis febles e ficticios, ata que en 476, Rómulo Augusto, chamado despectivamente "Augústulo" por ser só un neno, foi deposto por Odoacro, xefe dos hérulos (tribo ostrogoda). Porén, Odoacro quixo gañarse o favor do Imperio de Oriente enviando as insignias imperiais a Constantinopla, coroándose só como rei de Italia e polo tanto asumindo o goberno de forma simbólica en nome do Emperador de Bizancio. Xa que logo, considérase o 476 como o fin do Imperio Romano e a Idade Antiga, e a Rómulo Augústulo como o último emperador, a pesar de que a autoridade de Occidente había tempo que era historia e que Oriente, en cambio, sobreviviu 1000 anos máis baixo o goberno dos bizantinos.

A Galia quedou dividida entre os novos reinos franco, burgundio e visigodo. Este último asumiu tamén o mando en Hispania tras a destrución do reino suevo, e posteriormente transplantaría a súa base a esta rexión, fundando nela o Reino visigodo de Toledo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar