Alamania
Alamania (Alamannia en latín),[1] citada por primeira vez no ano 289, tamén chamada Ducado de Alamania, Reino bárbaro de Alemaña, Reino de Alemaña ou Reino dos alamanos, aínda que non designa un territorio unificado gobernado por un só rei, senón unha confederación de pequenos reinos que cohabitan nunha zona xeográfica, foi un dos reinos xermánicos establecidos na provincia romana da Xermania Superior, con territorios hoxe en Suíza, Baden-Württemberg e Alsacia.[2] Os mapas das Tableaux synoptiques del Histoire de Maurice Griffe identifícana como a fronteira galorromana de Siagrio en 476. O Reino dos alamanos estendeuse, por tanto, pola Galia romana. Case toda a súa nobreza morreu asasinada nun masacre en 746, coñecido como o masacre de Cannstatt (hoxe esta localidade é un barrio da cidade de Stuttgart).[3]
Alamannia (la) ducatus Alamannorum (la) | |||||
Epónimo | Alamáns | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | século III | ||||
Disolución | 909 ↔ 917 | ||||
Sucedido por | Reino franco, Ducado de Suabia e duchy of Alsace (en) | ||||
Historia
editarOs alamanos eran orixinariamente unha alianza de varias tribos, todas pertencentes aos xermáns occidentais, que eran, antes de migrar ao rededor do río Main superior, un dos principais afluentes do Rin, en Alemaña. Unha das fontes máis recentes é o cognomen Alamannicus adoptado por Caracalla, que gobernou o Imperio Romano entre 211 e 217, e que se proclamou a si mesmo como vencedor destas tribos, coas que estableceu unha alianza. A natureza desta alianza segue sendo incerta. A alianza volveuse agresiva e os xermanos atacaron a provincia romana da Xermania Superior cando tiveron a oportunidade.
A partir do século I o Rin converteuse na fronteira entre a Galia romana e os poblos da Xermania. Os pobos xermanos e celtas situábanse a longo das dúas beiras. Estes territorios foron divididos polos romanos en dúas partes: a Xermania Superior (ao sur) e a Xermania Inferior (ao norte), ambas pertencentes á zona xeográfica do alto Rin.
A Xermania Superior siutábase entre o Rin e o Danubio superiores, incluíndo a Selva Negra, e era máis ampla que na actualidade. Os romanos chamárona Agri Decumates (os Campons Decumanos). O sentido de Decumates perdeuse e foi obxecto de moitas disputas. Segundo o clasicista inglés Michael Grant, a palabra probabelmente refírese a un termo celta antigo,[4] indicando a división política da rexión en 'dez cantóns'. A única referencia antiga ao nome Agri Decumates aparece no libro de Tácito Germania.[5]
Os romanos crearon o limes de Xermania, un conxunto de fortificacións establecidas na beira oeste do Rin, na provincia de Xermania Superior. Os guerreiros alamanos atravesaron a miúdo o limes para saquearen a provincia e logo retirarse aos Campos Decumanos despois de feitas as súas incursións. Pero foi na forma de confederación en que se asentaron, ao final do século IV, na meseta suíza e en parte da actual Baviera, o Tirol e, máis ao oeste, nos Vosgos alsaciáns, e chegaron as vales alpinos no século VIII.
Á caída do Imperio Romano, Alamania quedou baixo o dominio dos francos, e máis tarde formou parte do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Notas
editar- ↑ Felix Gaffiot (2000): Le Grand Gaffiot. Dictionnaire Latin-Français. París: Hahette. ISBN 978-2-0116-6765-6.
- ↑ Grant, Michael (1997): A Guide to the Ancient World: A Dictionary of Classical Place Names. New York: Barnes and Noble. ISBN 0-7607-4134-4.
- ↑ Hagel, Jürgen (2007): Cannstatt und seine Geschichte. 2. Auflage. Hrsg. Verein Pro Alt-Cannstatt. ISBN 978-3-0002-2904-6, p. 237.
- ↑ Compárese co irlandés antigo dechmad. Hind, J. G. F., "Whatever Happened to the 'Agri Decumates'?" Britannia 15, 1984, p. 188.
- ↑ Tácito, Germ. 29,3: Non numeraverim inter Germaniae populos, quamquam trans Rhenum Danuviumque consederint, eos qui decumates agros exercent. Levissimus quisque Gallorum et inopia audax dubiae possessionis solum occupavere; mox limite acto promotisque praesidiis sinus imperii et pars provinciae habentur.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Reuter, Timothy (1991): Germany in the Early Middle Ages 800–1056. Nova York: Longman. ISBN 978-0-5824-9034-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Alamània na Gran enciclopèdia catalana.
- The Alemanni (4th to 8th c. A.D.) (en inglés).
- Informacións sobre a Lex Alamannorum na Bibliotheca legum. A database on Carolingian secular law texts (en alemán), (en inglés).
- Alamanni und Sueben (Alamanos e Suevos) (en alemán).