Teodosio I

emperador romano entre 379 e 395

Teodosio I (Flavius Theodosius), nado en Cauca, Hispania (na Gallaecia segundo Hidacio e Zósimo)[1] ou en Itálica, Baetica, Hispania (segundo Temistio, Claudius Claudianus, ou Marcellinus Comes),[2] no 346 e finado o 17 de xaneiro de 395, foi emperador romano da parte oriental do Imperio, do 379 a 395. Era fillo de Teodosio o Vello. Aínda que foi alcumado "O Grande", débese máis a unha denominación dada pola Igrexa por mor do seu apoio ao cristianismo que á súa política.[3]

Modelo:BiografíaTeodosio I

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Theodosius
(la) Flavius Theodosius Augustus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Theodosius Editar o valor en Wikidata
11 de xaneiro de 347 Editar o valor en Wikidata
Coca, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xaneiro de 395 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir
Constantinopla Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
19 de xaneiro de 379 – 17 de xaneiro de 395
Emperador bizantino
19 de xaneiro de 379 – 17 de xaneiro de 395
← GracianoArcadio →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de xaneiro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador romano Editar o valor en Wikidata
FamiliaTheodosian dynasty (en) Traducir e Valentinianic dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGala (387–)
Aélia Flacila (–385), morte Editar o valor en Wikidata
FillosGratianus
 ()
Arcadio
 () Aélia Flacila
Pulquéria
 () Aélia Flacila
Flavio Honorio
 () Aélia Flacila
Gala Placidia
 () Gala Editar o valor en Wikidata
PaisConde Teodósio Editar o valor en Wikidata  e Thermantia Editar o valor en Wikidata
IrmánsHonorius Editar o valor en Wikidata
ParentesSerena, sobriña, fillo adoptivo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir
Yuzhakov Big Encyclopedia (en) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1135022 WikiTree: Augustus-51 Find a Grave: 37263452 Editar o valor en Wikidata
Retrato de Teodosio I.

Traxectoria

editar

De orixe hispana, dunha familia cristiá. O bispo Hidacio e mailo historiador bizantino Zósimo concretan a súa orixe no lugar de Cauca (actual Coca, Segovia),[3] daquela pertencente á Gallaecia.

Foi proclamado Augusto, o que significaba emperador, o 19 e xaneiro do 379 por Graciano[4] e recibiu o Oriente, a Macedonia e a Dacia. En 380, con Graciano, detiveron aos godos en Epiro e en Dalmacia. Teodosio instalou unha parte dos ostrogodos en Panonia, e el mesmo instalouse en Constantinopla. O mesmo ano, adheriuse ao concilio de Nicea, converteuse no ardente defensor dos cristiáns e en Tesalónica, publicou o edicto seguinte: «Todos os pobos deben unirse á fe transmitida aos romanos polo apóstolo Pedro, a que recoñecen Dámaso e Pedro de Alexandría, é dicir, a Santa Trindade do Pai, do Fillo e do Espírito Santo». O catolicismo volvíase relixión do Estado.

Condenou o arianismo tras o segundo concilio ecuménico de Constantinopla en 381. En 382, instalou aos visigodos en Mesia.

Entre 383 e 388, tivo que facer fronte á usurpación de Máximo (Magnus Clemens Maximus), que, tras ter derrotado a Graciano, se apoderara de toda a prefectura das Galias e ocupaba Roma e toda Italia en detrimento de Valentiniano II. Teodosio venceu a Máximo, que foi morto en Aquileia, en 388.

De 388 a 391, Teodosio estivo en Occidente, case sempre en Milán. En 390, publicou unha lei que castigaba coa morte aos homosexuais e reprimiu ferozmente unha revolta en Tesalónica. A represión causou de sete a dez mil mortos, segundo as fontes, cousa que lle valeu a Teodosio a excomuñón polo bispo Ambrosio de Milán. Cómpre indicar que os masacrados foron aquí maioritariamente romanos e os asasinos antigos bárbaros, poboacións nas que o exército era recrutado – cousa que pode explicar a amplitude do masacre.

Durante varios meses, Teodosio e Ambrosio camparon nas súas respectivas posicións. Despois Teodosio, notando que a súa se volvía insostíbel, aceptou vir se humillar ante Ambrosio para obter a súa reintegración á Igrexa. Esta é unha das raras vitorias desta sobre o poder temporal.

En 391, probabelmente baixo a influencia de santo Ambrosio, suprimiu as últimas manifestacións do paganismo «oficial» no Imperio (con todo, o culto sobreviviu na clandestinidade), fundando así o primeiro estado cristián ortodoxo. Isto valeulle o título de Grande.

Entre 392 e 394, reprimiu a usurpación de Euxenio, un funcionario pagán que foi proclamado emperador tras o suicidio de Valentiniano II.

En 394, foi o autor do decreto que prohibía os Xogos Olímpicos acusados de difundir o paganismo.

Morreu pouco despois, en Milán, o 17 de xaneiro de 395.[5] Nesta data o Imperio está reunificado por primeira vez desde había trinta anos pero tamén por última vez na súa historia.

Teodosio cometeu o erro de enrolar no exército romano continxentes de bárbaros permitíndolles unha organización autónoma; estes federados prepararon a ocupación do Imperio polos bárbaros.

Familia

editar

Teodosio casou dúas veces. Da súa primeira muller, a probablemente hispana Elia Flacila Augusta, tivo dous fillos, Arcadio (nado no 383) e Honorio (nado no 393), e unha filla, Elia Pulqueria. Dividiu entre eles o Imperio: Honorio (10 anos) recibiu o Occidente e Arcadio (18 anos) o Oriente, e encargou ao vándalo Estilicón de velar polos dous. Tanto Elia Flacila como Pulqueria morreron no 385.

A súa segunda esposa, que nunca foi declarada Augusta, foi Gala, filla do emperador Valentiniano I e da súa terceira esposa Xustina. Teodosio e Gala tiveron tres fillos: Graciano, nado no 388 e falecido novo, e unha filla, Elia Gala Placidia (392-450). Esta foi a única descendente que chegou á idade adulta e máis tarde converteuse en emperatriz; Un terceiro fillo, un rapaz chamado Xoán, morreu coa nai no parto no 394.

Teodosio e o cristianismo

editar

Os emperadores Teodosio, polo Imperio de Oriente e Graciano, polo Imperio de Occidente, os dous católicos, elevan o cristianismo ao rango de relixión única oficial e obrigatoria polo Edicto de Tesalónica o 28 de febreiro de 380. O emperador Graciano cesa daquela de levar o título de «sumo pontífice» dos cultos pagáns. Este título será dado de novo ao bispo de Roma algúns séculos despois. Os templos pagáns son pechados e a estatua da deusa Vitoria é retirada da sala onde se reunía o Senado romano. En 393, Teodosio esmagou a usurpación do pagán Euxenio que favorecía a antiga relixión romana e anulara as medidas tomadas por Teodosio. Esta data é considerada por algúns como o fin do mundo antigo.

Imperio Romano

Segue a:
Valentiniano II
Teodosio I
Precede a:
Honorio
Dinastía Valentiniana-Teodosiana
Imperio Bizantino

Segue a:
Valentiniano II
Teodosio I
Precede a:
Arcadio
Dinastía Valentiniana-Teodosiana
  1. Hydatius Chronicon, ano 379, II.
  2. Alicia M. Canto, "Sobre el origen bético de Teodosio I el Grande, y su improbable nacimiento en Cauca de Gallaecia", Latomus 65/2, 2006, 388-421. O autor indica que a cidade de Cauca non formaba parte de Gallaecia, e demostra as probables interpolacións dos textos tradicionais de Hydatius e Zosimus.
  3. 3,0 3,1 Teja (1991), p. 42
  4. Teja (1991), p. 41
  5. Fessia, Ricardo Miguel (1996). Breve sintesis historica de Roma y su derecho (en castelán). Santa Fe: Centro de Publicaciones Universidad Nacional del Litoral. p. 113. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Teja, Ramón (1991). La época de los Valentinianos y de Teodosio. Colección: Historia del mundo antiguo, nº 61 (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-7600-656-X.