Provincia de Segovia

Provincia de Segovia
Capital Segovia
Área 6.796 km²
Poboación 164.268 hab. (2010)
Densidade 24,17 hab./km²
Concellos 209
Xentilicio Segoviano/a

A provincia de Segovia está situada en Castela e León, a capital da mesma é a cidade homónima. Conta con 155.015 habitantes. Linda con seis provincias de Castela e León (de leste para oeste, a saber: Soria, Burgos, Valladolid, e máis Ávila); polo sueste limita coa Comunidade de Madrid.

Acueduto de Segovia.

Os seus principais núcleos de poboación son: Segovia, Cuéllar, San Ildefonso, San Rafael, El Espinar, Sepúlveda e Ayllón. É unha provincia moi deshabitada, cunha densidade demográfica moi baixa. A súa economía na actualidade baséase nos sectores de servizos e primario (gandaría porcina).

O seu clima é continental, con longos invernos, secos e fríos, e veráns calorosos, pero curtos. Conta con importantes recursos culturais. As súas comunicacións son aceitábeles, estando en construción actualmente a liña do AVE que unirá Madrid con Valladolid a través de Segovia.