28 de febreiro
data
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 28 de febreiro é o 59º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 306 días para finalizar o ano, 307 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 364 - Valentiniano I é nomeado emperador romano.
- 380 - O emperador Teodosio I, O Grande ordena que o imperio adopte a relixión cristiá.
- 1258 - Saqueo en Bagdad polo emperador Hulagu Khan
- 1525 - Cuauhtémoc é executado.
- 1638 - En Gran Bretaña, o rei Carlos I de Inglaterra pretende impoñer, xunto co arcebispo Laud, aos escoceses a nova liturxia baseada no Book of Common Prayer inglés.
- 1707 - Decreto de Filipe V de España polo que se organiza o Exército español.
- 1784 - Xoán Wesley funda a Igrexa Metodista.
- 1827 - Primeiro ferrocarril construído dende Baltimore a Ohio que ofrece transporte comercial de xente e carga.
- 1839 - España: Autorízanse as asociacións obreiras de axuda mutua e beneficencia.
- 1844 - No teatro da Cruz, de Madrid, estréase Don Juan Tenorio, de José Zorrilla.
- 1844 - Unha bomba estala no barco Princeton, mentres facía travesía no río Potomac, e mata dous membros do Consello dos Estados Unidos e a outros máis.
- 1848 - Segunda revolución francesa; Proclamación oficial da República.
- 1849 - Comeza o primeiro servizo regular coa chegada do buque California desde o porto de Nova York até a Baía de San Francisco, despois dunha viaxe de 4 meses e 21 días.
- 1850 - Inaugúrase a primeira Universidade de Salt Lake City, Utah.
- 1861 - Créase o territorio de Colorado.
- 1876 - O aspirante Carlos, centro do movemento carlista, foxe a Francia.
- 1883 - Ábrese en Boston, Massachusetts o primeiro teatro de variedades americano.
- 1908 - O tsar de Persia sae ileso dun atentado en Teherán.
- 1911 - Estala a rebelión no Uruguai contra a autoridade española.
- 1913 - Decreto polo que se crea en España o Servicio Aerostático Militar, dividido en dúas ramas: Aerostación e Aviación.
- 1918 - Crise no Goberno español. O Rei encarga a formación dun novo Goberno a Manuel García Prieto.
- 1921 - Guerra entre Panamá e Costa Rica.
- 1921 - Rebeldía antibolxevique entre os mariñeiros do buque Petropavlovsk na cidadela de Kronstadt.
- 1922 - Exipto alcanza a súa independencia de modo restrinxido.
- 1933 - Créase un decreto contra os incendios da Reichstag.
- 1935 - Wallace Carothers descobre o nailon.
- 1935 - Hitler promulga unha ampla amnistía de delitos políticos e outros para as xentes do Sarre.
- 1939 - Dimite Manuel Azaña como presidente da República española.
- 1940 - Estados Unidos: Primeira retransmisión dun partido de baloncesto da universidade de Fordham contra Pittsburgh.
- 1943 - Segunda guerra mundial: Bombardeo aéreo aliado sobre Berlín.
- 1947 - Protestas populares, iniciadas o día anterior en Taipei (Taiwán) polo asasinato de dúas persoas; os graves disturbios foron afogados en sangue polo Exército, que matou decenas de miles de manifestantes.
- 1951 - Caída do Goberno de René Pleven en Francia.
- 1952 - Clausura dos VIII Xogos de Inverno en Oslo.
- 1953 - Os científicos James Watson e Francis Crick determinan a estrutura química do ADN.
- 1955 - Inaugúrase o tren expreso que cobre a ruta Hanoi-Pequín-Moscova-Berlín.
- 1960 - Finalización dos X Xogos Olímpicos de Inverno en Squaw Valley, California.
- 1969 - Rexístranse incidentes en Guinea Ecuatorial contra súbditos españois.
- 1976 - Carme Valero vence no Cross feminino das Nacións celebrado en Gales.
- 1980 - Referendo en Andalucía para ratificar o Estatuto de Autonomía.
- 1983 - Lánzase ao mercado o compact disc.
- 1986 - O primeiro ministro sueco Olof Palme é asasinado.
- 1986 - O Goberno Brasileiro aplica o "Plan Tropical" que supón a conxelación dos prezos e dos salarios.
- 1988 - Graves disturbios en Acerbaixán, en resposta ás manifestacións da Armenia soviética, que reclaman a anexión dun enclave armenio cristián no Acerbaixán musulmán.
- 1989 - Israel: Forte avance do Likud de Shamir e retroceso dos laboristas nas eleccións municipais.
- 1990 - Apróbase na URSS a lexislación que permite e regula a propiedade privada da terra e a súa transmisión por herdanza.
- 1992 - O presidente Felipe González, José María Aznar e José María Benegas asinan o pacto autonómico.
- 1994 - Dous cazas estadounidenses abaten catro avións serbios sobre o espazo de exclusión aérea de Bosnia e Hercegovina, na primeira misión militar da OTAN.
- 1995 - México: Aprobado o documento "Iniciativa da lei para o diálogo, a conciliación e a paz digna en Chiapas".
- 1996 - Morren 29 persoas e outras 18 resultan feridas nun accidente ocorrido na N-323, no termo municipal de Bailén (Provincia de Xaén), ao chocaren frontalmente un coche e un autocar.
- 1997 - O foguete europeo Ariane pon en órbita o satélite INTELSAT-801.
- 2002 - Desaparecen definitivamente as moedas nacionais de doce países da UE e o euro convértese na única divisa de curso legal.
- 2013 - Bieito XVI renuncia ao papado.
Nacementos
editar- 1533 - Michel de Montaigne, escritor francés.
- 1683 - René Antoine Ferchault de Réaumur, científico.
- 1810 - Nicolasa Añón, campesiña e poeta galega.
- 1882 - José Vasconcelos, pensador e político mexicano.
- 1888 - José Gutiérrez Solana, pintor.
- 1890 - Vatslav Nizhinskii, bailarín nado en Kíiv.
- 1893 - José Vicente Foix, poeta español.
- 1901 - Linus Carl Pauling, químico; primeiro Premio Nobel de Química (1954) e Paz (1962).
- 1912 - Antoñita Colomé, actriz e cantante española.
- 1920 - Pepita Embil, cantante de zarzuela e actriz española.
- 1921 - Antonio Ferrandis, actor español.
- 1931 - Abas Madani, político islamista alxeriano.
- 1940 - Mario Andretti, piloto de automóbil estadounidense.
- 1948 - Bernadette Peters, actriz.
- 1957 - Gonzalo Navaza, escritor galego.
- 1966 - Paulo Futre, futbolista portugués.
- 1971 - Xesús Fraga, escritor galego.
Mortes
editar- 1159 - Sancha Raimúndez, infanta-raíña de Galiza.
- 1510 - Juan de la Cosa, navegante e cartógrafo español.
- 1869 - Alphonse de Lamartine, poeta e político francés.
- 1916 - Henry James, escritor estadounidense.
- 1917 - Pedro Bonifacio Palacios, poeta arxentino.
- 1925 - Friedrich Ebert, primeiro presidente da República de Weimar.
- 1930 - Juan Aberle, compositor salvadoreño.
- 1939 - Secundino Feijoo Méndez, empresario circense galego (n. 1870).
- 1941 - Afonso XIII, rei de España.
- 1962 - Julio Camba, escritor e xornalista galego (n. 1884).
- 1981 - Álvaro Cunqueiro, escritor e xornalista (n. 1911).
- 1986 - Olof Palme, primeiro ministro sueco.
- 1991 - Guillerme Manuel Ungo, político salvadoreño.
- 2004 - Carmen Laforet, escritora catalá.
- 2018 - Antonio García-Trevijano, avogado, político e escritor español (n. 1927).
Festas e celebracións
editar- Día do Kalevala (Finlandia)
- Día de Andalucía.
- Día Mundial das Enfermidades Raras
Outros
editar- Santoral: San Macario, Abercio, Rufino, Xusto, Teófilo, Cereal, Alercio, Púpulo, Caio e Serapión (Mártires); Proterio (Patrono e mártir); Barso e Ovaldo (Bispos); Román (Abade); Basilio (Monxe); Hilario (Papa).