Milán
Coordenadas: 45°28′0″N 9°10′0″L / 45.46667, -9.16667
Milán[1] (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión da Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.
Milán | |||
---|---|---|---|
Milano Milàn | |||
![]() | |||
Vistas da cidade. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | ![]() | ||
Provincia | Provincia de Milán | ||
Xeografía | |||
Altitude | 120 msnm | ||
Superficie | 181,76 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1.351.562 hab. (2017) | ||
Densidade | 7.439,65 hab/km² | ||
Xentilicio | Milanés/esa[1] | ||
Outros datos | |||
Código postal | 20100, 20121–20162 | ||
Alcalde | Giuliano Pisapia (SEL) | ||
Páxina oficial de Milán |
HistoriaEditar
Suxeriuse que "Historia de Milán" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
- Véxase tamén: Historia de Milán.
Milán foi fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, sendo conquistada polos romanos aló polo 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. No século IV a cidade converteuse por pouco tempo na capital do Imperio Romano de Occidente, e foi saqueada polos hunos no ano 450.
Ocupada polos ostrogodos trala caída dos romanos, pasou despois polas mans dos bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arcebispos a partir do século VIII.
MonumentosEditar
- A Catedral de Milán (Duomo di Milano), de estilo gótico, mide 157 metros de lonxitude. Situada no centro exacto da cidade, comezou a ser construída en 1386 sobre os restos dunha antiga basílica do século V, e non foi rematada até o século XIX.
- A Galería Víctor Manuel II (Galleria Vittorio Emanuele II).
- O Teatro da Scala (Teatro alla Scala).
- O Castelo Sforzesco (Castello Sforzesco).
- O Palacio Real de Milán (Palazzo Reale).
- A Basílica de San Ambrosio (Basílica de Sant'Ambrogio) e unha das igrexas mais antigas de Italia, construída entre os anos 379 e 386.
- O Palacio Mezzanotte (Palazzo Mezzanotte) é un edificio do século XX que acolle no seu interior a Bolsa Italiana.
- Santa María da Gracia (Santa Maria delle Grazie) é unha igrexa declarada Patrimonio da Humanidade en 1980, que acolle no seu interior o mural A Última Cea de Leonardo da Vinci.
GaleríaEditar
EconomíaEditar
Bolsa de MilánEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
DemografíaEditar
A comuna ten 1 324 110 habitantes (2010), pero a área urbana ten máis de 4 millóns, e a área metropolitana uns 7 400 000 (segundo a OECD).
É unha cidade con bastante inmigración, chegados principalmente de Filipinas, China, Albania, Francia, Brasil e Bangladesh.
DeportesEditar
FútbolEditar
A cidade ten dous dos equipos mais poderosos e laureados de Europa. Ámbolos dous compiten na Serie A 2011-2012 e na Liga de Campións da UEFA 2011-12, e disputan os seus encontros como locais no Estadio San Siro:
- AC Milan (18 Scudettos e 7 Copas de Europa)
- FC Internazionale (18 Scudettos e 3 Copas de Europa)
Outros deportesEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para milanés.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Milán |