O lombardo[3] é un conxunto de variedades faladas principalmente no norte de Italia (a maior parte da Lombardía e algunhas áreas das rexións veciñas) e en Suíza (cantón do Tesino). Os idiomas lombardos son linguas romances occidentais emparentadas co francés e cos outros idiomas galo-itálicos (piemontés, emiliano-romañolo etc.). Aínda que o italiano é normalmente usado como linguaxe escrita e formal nas áreas de fala lombarda, os idiomas lombardos son moi diferentes do italiano xa que pertencen a dúas ramas diferentes da árbore das linguas romances.

Lombardo
Lumbard, Lumbaart
Falado en: Italia Italia
Suíza Suíza
Rexións: Lombardía
Total de falantes: 3 500 000[1]
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Italo-occidental
    Galoibérico
     Galoitálico
      Lombardo
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún país
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: lmo
SIL: LMO
Mapa
Status

O lombardo está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]
Falante de lombardo oriental, gravado en Ecuador.

As dúas variedades lombardas principais, que presentan tractos de gramática e léxico e fonética bastante diferentes, son o Lombardo Occidental (que comprende o dialecto milanés) e o Lombardo Oriental (que comprende os dialectos bergamasco e bresciano). O uso dos idiomas lombardos está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia, mentres que non o é nas áreas suízas. Algúns programas de radio e televisión en idiomas lombardos emítense ocasionalmente pola cadea suíza de fala italiana. A maior institución de investigación de dialectos lombardos atópase en Bellinzona, Suíza (CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía).

Características principais editar

Ortografía editar

O lombardo nunca logrou unha unificación ortográfica. Os dous sistemas ortográficos máis utilizados son o ticinese (chamado tamén pro-alemán), posto que utiliza as vogais ö e ü, aínda que ten a súa orixe nos cantóns suízos e hoxe é utilizado nas zonas lingüisticamente lombardas alto-italianas tanto ao leste como ao oeste do Adda) e o milanés clásico. Este último é o sistema con máis prestixio histórico (usábase xa no século XVI) e até a primeira metade do século XX foi adoptado, aínda que con pequenas diferenzas, en todas as zonas lombardófonas.

Fonoloxía e fonética editar

  • A palatalización dos grupos latinos CL- e GL- en c(i), g(i) (ex. CLAMAR > ciamà, GLAREA > gièra);
  • A lenición das consoantes oclusivas xordas intervocálicas (ex. FATIGAM > fadiga, MONITAM > moneda/muneda);
  • A transformación de -CE, -GE en africadas alveolares ou en sibilantes (ex. GELUM > dzel/zel);
  • A perda das vogais finais latinas excepto a a, resultado do procedemento de síncope[4] (é. MUNDUM > mund/mond) (presente tamén na lingua francesa).
  • A evolución en ü da ū latina (PLUS > pü);
  • A presenza da vogal ö (NOVU > növ/nöf).

Lingüística contrastiva editar

A presenza destas vogais anteriores é unha das características propias do lombardo[5] que comparte co piemontés e o ligur, pero que a separa do véneto e do emiliano-romañolo. Porén, o lombardo sepárase do piemontés pola ausencia da vogal media central, ortograficamente representada ë e polo infinitivo da primeira conxugación que termina en à (r).

Uso editar

O italiano estándar é amplamente utilizado nas áreas de fala lombarda. Con todo, a situación de lombardo é moi diferente entre as zonas de Suíza e de Italia. Isto xustifica a opinión de que hoxe en día as zonas de Suíza, ás veces denominas a Lombardía Suíza (Lombardia svizzera), convertéronse no baluarte do lombardo.

Suíza editar

 
O LSI, publicado en 2004

Nas zonas de Suíza, as variedades lingüísticas lombardas locais están en xeral mellor conservadas e teñen moita máis vitalidade que en Italia, xa que non hai sentimentos negativos asociados co uso da lingua na vida cotiá, aínda cando sexa para dirixirse a xente estraña. Mesmo hai algúns programas de radio e televisión en lombardo, en especial comedias, que son ocasionalmente transmitidos pola Compañía Suíza de Radiodifusión en Lingua Italiana. Por outra banda, non é infrecuente que a xente da rúa responda en lombardo en entrevistas espontáneas, incluso algúns anuncios de televisión son retransmitidos en lombardo.

Cómpre destacar ademais que a maior institución de investigación sobre os dialectos lombardos está situada en Bellinzona (Cantón de Tesino), o CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía, que ademais é unha institución gobernamental; porén non hai ningunha institución comparable en Italia. En decembro de 2004, o CDE lanzou o LSI, un dicionario en cinco volumes que cobre tódalas variedades lombardas faladas en Suíza. Este é, até agora, o recurso máis completo publicado en lingua lombarda, xa que contén máis de 4.500 páxinas, con preto de 57.000 lexemas e máis de 190.000 variantes.

Italia editar

 
Letreiro en lombardo na Lombardía

O uso dos dialectos lombardos é xeralmente escaso na actualidade en Italia. Hoxe en día, na maioría das zonas da Lombardía italiana os menores de corenta anos falan case exclusivamente italiano estándar nas súas vidas diarias por mor da escolarización e a televisión, incluso as persoas que falan un dialecto lombardo coa súa familia ou amigos, case sempre falan italiano estándar a un estraño. Isto débese a unha serie de razóns históricas e sociais. O seu uso foi historicamente desalentado polos políticos, probablemente porque se lle considerou como un obstáculo para o intento de crear unha "identidade nacional", isto chegou até o punto de que falar unha variedade non estándar considérase un signo de mala educación ou de baixo status social. Actualmente, o partido político que máis apoia á lingua (e as variedades do norte de Italia en xeral) é a Lega Nord (no pasado os partidos de esquerda tamén o apoiaban).

Porén obsérvase un certo renacemento no uso do lombardo durante última década, cando o uso da lingua se converteu nunha forma de expresar a identidade local e de distanciarse da estereotípica cultura mediterránea italiana. Ademais a popularidade dos artistas modernos que cantan en lombardo (en italiano: "dialettale rock") é cada vez un fenómeno maior tanto en Italia como en Suíza, entre os que o máis popular é Davide Van de Sfroos.

Exemplo editar

O seguinte é unha poesía en dialecto milanés, por Domenico Balestrieri (17141780), interpretada por Antonio Bozzetti.

Chi tròpp e chi minga
Even staa licenziaa da on cavalier
el dì inanz duu staffer,
et quidem tucc duu e tutt a on bott.
El dì adree el camarer
el ghe n’esebì inscambi sett o vott.
« Bon! – respondè el patron –
Insci, a vista de nas,
fee vegnì innanz quij duu che sien pù al cas
segond la mia intenzion ».
De fatt subet entrènn,
sfrísand el soeul coi reverenz che fenn.
Al primm che intrè el ghe diss: « Savii servì? »
E quell: « Lustrissem, sì ».
« Savii fa on compliment? » « Ch’el se figura!
Savaroo fall sigura » « E per porta imbassad? »
« Magara anch a parola per parola!
No me cala espression nè bona tolla,
e foo prest a girà per i contrad ».
« E, se l’occorres mò,
farissev de mangià
in mancanza del coeugh? » « E perchè no?
Sien past froll o sfojad,
supp, pastizz e pitanz de tucc i sort,
poss dì che l’è el me fort ».
« E sorbett e gelaa
savarissev fa anch quij? » « Oh manco maa ».
« Bravo! E, quand in campagna fudess senza
el barbee, el perrucchee? »
« Ghe sont mì a l’occorrenza;
e, al besogn, foo anch el sart e el caroccee.
Ai curt, el me pò mett
a less e a rost, nol restarà imperfett;
e, segond el salari,
ghe faroo anch de agent, de secretari!… »
« N’hoo a car » – bassand el coo
el repiè el patron – « tucc sti vertù!
Fermev pur in cà mia che i provaroo!… »
Voltaa poeu a l’olter, el ghe diss: « E vu? »
« Quand el voeubbia ess content de la mia servitù
– respondè l’olter – no faroo nient;
giacchè el me camerada el fa tutt coss,
A mì resta tant manch;
e foo el me cunt, che poss
ess de guardia settaa su on cassabanch!… »

Notas editar

  1. Documento do ISTAT
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lombardo.
  4. Hermann W. Haller: "The Other Italy". University of Toronto Press, 1999.
  5. Giovan Battista Pellegrini, A carta dei dialetti d'Italia. Pacini editore, Pisa, 1977.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar