Catedral de Milán
A catedral de Milán (en italiano: duomo di Milano) sitúase na praza central da cidade de Milán, na Lombardía, no norte de Italia. É a sé da arquidiocese de Milán e unha das máis célebres e complexas edificacións en estilo gótico de Europa.
Catedral de Milán | |
---|---|
Catedral de Milán dende a Piazza del Duomo | |
Datos xerais | |
País | Italia |
Rexión | Lombardía |
Tipo | Catedral |
Advocación | Nosa Señora |
Localización | Milán |
Coordenadas | 45°27′50″N 9°11′26″L / 45.463968, 9.190578 |
Catalogación | Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en Francia (1979). |
Culto | |
Culto | Igrexa católica latina |
Diocese | Arquidiocese de Milán |
Arquitectura | |
Construción | 1386 - séc. XIX |
Estilo | gótico, neoclásico e neogótico |
Medidas | 158 x 92 (altura=108,5m) |
Páxina web | www |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e arte
editarTrátase dunha catedral inmensa, con 157 m de lonxitude e 109 m de largura. O interior ten cinco naves cunha altura que chega aos 45 metros, divididas por 40 piares. Posúe un transepto con tres naves. O estilo gótico da catedral é único (gótico flamíxero).
A construción do edificio comezou en 1386 baixo a iniciativa do arcebispo Antonio da Saluzzo, nun estilo gótico serodio de influencia francesa e centroeuropea, distinto ao estilo corrente daquela en Italia. Os traballos foron apoiados polo señor da cidade, o duque Gian Galeazzo Visconti, que impulsou a obra a través de facilidades fiscais e promoveu o uso do mármore de Candoglia como material de construción. A obra avanzou axiña, e en 1418 o altar mor da catedral foi consagrado polo papa Martiño V. Xa a mediados do século XV a parte leste (ábsida) da igrexa estaba completa. A partir desta data, porén, as obras proseguiron amodo até fins do século XV.
Entre 1500 e 1510 a cúpula octagonal do cruceiro foi completada e o interior foi decorado con varias series de estatuas. Porén, a fachada oeste do edificio permaneceu aínda inacabada. En 1577 a catedral foi consagrada novamente polo arcebispo Carlos Borromeu. A fachada non foi construída até o século XVII, en estilo manierista. A mediados do século XVIII foi completada a parte externa da cúpula, onde se colocou a estatua da Madoninna.
En 1805, por iniciativa directa de Napoleón, que invadira a Italia, as obras foron recomezadas. Nesa época a fachada principal e gran parte dos detalles exteriores, como os pináculos, foi completada nunha mestura de estilos, entre o neogótico e o neobarroco. Non foi até 1813 cando a catedral foi dada por finalizada, máis de catrocentos anos após o inicio das obras. Porén no século XX foi necesario trocar as cinco portas da fachada, traballos que remataron en 1965.
A catedral é actualmente un importante punto turístico de Milán, e dende o alto é posíbel ollar toda a cidade.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Catedral de Milán |