Arquidiocese católica latina de Milán

(Redirección desde «Arquidiocese de Milán»)

A Arquidiocese de Milán (en italiano Arcidiocesi di Milano, en latín Archidioecesis Mediolanensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica de rito latino en Italia, na rexión da Lombardía. Ten mantido unha forma litúrxica latina propia, o rito ambrosiano, que emprégase hoxe na maior parte do seu territorio e en pequenas partes de dioceses veciñas. Entre os seus arcebispos, salientan o propio santo Ambrosio, san Carlos Borromeo e o papa Paulo IV.

Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Milán
Archidioecesis Mediolanensis (la) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 45°27′52″N 9°11′31″L / 45.464308, 9.191844Coordenadas: 45°27′52″N 9°11′31″L / 45.464308, 9.191844
Poboación
Poboación5.558.412 (2019) Editar o valor em Wikidata (1.320,92 hab./km²)
Lingua usadalingua italiana Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie4.208 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creaciónséculo I Editar o valor em Wikidata
CatedralCatedral de Milán Editar o valor em Wikidata

Páxina webchiesadimilano.it Editar o valor em Wikidata

A arquidiocese é a sé metropolitana da provincia eclesiástica de Milán, que inclúe ás sés sufragáneas de Bérgamo, Brescia, Como, Crema, Cremona, Lodi, Mantua, Pavia e Vigevano. A arquidiocese de Milán é a maior do mundo.[1]

Historia editar

Segundo a tradición, o Evanxeo foi predicado en Milán por San Bernabé, e que o primeiro bispo da diocese, Santo Anatalón, foi un discípulo do apóstolo. Pero a diocese, en sentido estrito, foi estabelecida arredor do ano 200, xa que a lista dos bispos milaneses tan só da cinco predecesores de Mirocles, quen participou no concilio de Letrán que tivo lugar o 313 en Roma.

Historicamente a Igrexa de Milán ten estado n plena comuñón co papa. Entre os seus bispos pódense citar a Eustorxio I de Milán e Dionisio de Milán, quen opuxéronse con firmeza á apostasía imposta polo emperador romano Constancio II. Dionisio exiliouse a Capadocia no 355, mentres que os romanos puxeron a Ausencio no trono episcopal de Milán. Á morte de Ausencio foi elixido santo Ambrosio bispo de Milán. Entre os seus sucesores pódese citar a Simpliciano, Senador e Dacio, quen viviu no exilio en Constantinopla por mor da guerra gótica.

Durante a invasión lombarda sucedéronlle moitas cousas á Igrexa de Milán. O cisma dos tres capítulos deulle autonomía durante 38 anos, xa que os lombardos eran inimigos dos bizantinos. Co asedio de Milán polo lombardo Alboíno, o bispo Honorato buscou refuxio en Xénova con gran parte do seu clero, que volveu a Milán 70 anos despois baixo Xoán o Bo.

No século X os arcebispos milaneses pasaron a ser vasalos do Emperador xermánico, estendendo a súa xurisdición á totalidade do noroeste de Italia. O máis distinguido destes foi Ariberto. Ao medrar o poder da burguesía diminuíu o dos arcebispos, e xa que logo a autoridade imperial que o prelado representaba, e dende o século XII Milán combateu ao Emperador. No século XIII o propio arcebispo Ottone Visconti foi proclamado Señor a perpetuidade, rematando coa República de Milán e estabelecendo o poder da Casa de Visconti que dirixiu o Ducado de Milán entre 1277 e 1447.

A figura que marcou a historia moderna da Igrexa en Milán foi San Carlos Borromeo, arcebispo entre 1564 e 1584, que foi unha figura sobranceira durante a contrarreforma e responsable de reformas de importancia dentro da Igrexa Católica. Os seus esforzos pastorais foron continuados polos seus sucesores, como Federico Borromeo (finado en 1631) e Giuseppe Pozzobonelli (finado en 1783).

No século XX, dous arcebispos de Milán foron elixidos ao papado: en 1922, o Cardeal Ambrogio Damiano Ratti foi elixido como papa Pío XI, e en 1963 o Cardeal Giovanni Battista Montini foi elixido como Paulo VI.

Notas editar

  1. L'Osservatore Romano, ed. (3 de xuño de 2012). "Milano laica e religiosa" (en italiano). Consultado o 14 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.