Pío XI, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
Pío XI, nado en Desio o 31 de maio de 1857 e finado en Roma o 10 de febreiro de 1939, foi o 259º papa da Igrexa católica entre 1922 e 1939, bispo de Roma e soberano da Cidade do Vaticano desde 1922 ata a súa morte.
Nome orixinal | (la) Pius PP. XI |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Achille Ambrogio Damiano Ratti 31 de maio de 1857 Desio (Imperio Austrohúngaro) |
Morte | 10 de febreiro de 1939 (81 anos) Cidade do Vaticano |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Grutas vaticanas |
259º Papa | |
6 de febreiro de 1922 – 10 de febreiro de 1939 ← Bieito XV – Pío XII → | |
Roman Catholic Archbishop of Milan (en) | |
13 de xuño de 1921 – 6 de febreiro de 1922 ← André Carlos Ferrari (pt) – Eugenio Tosi (pt) → | |
Cardeal | |
13 de xuño de 1921 – | |
Arcebispo titular | |
19 de abril de 1921 – Diocese: Adana (en) | |
Titular archbishop of Naupactus (en) | |
3 de xullo de 1919 – Diocese: Naupactus titular see (en) | |
Núncio apostólico na Polónia (pt) | |
6 de xuño de 1919 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana Universidade de Roma La Sapienza |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Cidade do Vaticano |
Ocupación | bispo católico (1919–), Sacerdote católico de rito romano (1879–), montañista, bibliotecario |
Membro de | |
Orde relixiosa | Orde Franciscana |
Consagración | Aleksander Kakowski (pt) |
Deporte | alpinismo |
Participou en | |
2 de febreiro de 1922 | Conclave de 1922 (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Francesco Ratti e Teresa Ratti |
Premios | |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, 1922 Encyclopædia Britannica (en) |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e estudos
editarNado como Achille Damiano Ambrogio Ratti en (Desio, naquela altura Reino da Lombardía-Venecia), cuarto fillo de Francesco Rati, director dunha fábrica téxtil, e de Teresa Galli. Comezou os seus estudos na escola elemental de Desio, e aos dez anos ingreso no Seminario Menor de Seveso, posteriormente estuda no Seminario de Monza e no Colexio de San Carlos de Milán, onde remata os seus estudos secundarios.
Comeza os seus estudos de teoloxía no Seminario da mesma cidade de Milán , que continúa en Roma, no Seminario Lombardo. O 20 de decembro de 1879 é ordenado sacerdote na basílica de San Xoán de Latrán.
Era un home dotado para o estudo e dunha grande erudición, tanto que os seus estudos de Filosofía chamaron a atención do papa León XIII. O ano 1882 será o da súa tripla licenciatura. O 13 de marzo na Pontificia Facultade della Sapienza consegue a titulación en teoloxía; o 9 de xuño, na Universidade Gregoriana, licenciase en dereito canónico e o 23 de xuño, sempre no mesmo ano, na Pontificia Academia de San Tomé, a licenciatura en filosofía.
Ao mesmo tampo chamaa atención na súa biografía que era un excelente atleta, gran afeccionado ao alpinismo. De feito, foi dos primeiros en escalar o Mont Blanc.
Milán
editarComezou como profesor de oratoria sagrada e teoloxía dogmática no seminario de Milán. Máis tarde entrará a traballar como investigador na prestixiosa Biblioteca Ambrosiana da mesma cidade, onde chegou ó máis alto grao. Chamado por San Pío X a Roma, en 1914 convértese en Viceprefecto da Biblioteca Vaticana.
Tras a primeira guerra mundial, en 1918 o Papa Bieito XV nomeouno Visitador apostólico en Polonia, cargo que se converteu en Nuncio en 1919. Pero era un home de carácter enérxico e escasas dotes diplomáticas, e pola súa actitude sobre os plebiscitos na Alta Silesia e en Prusia Occidental, que provocou o descontento de tódalas partes, o goberno polaco solicita ao Vaticano a súa marcha.
En 1921, foi creado cardeal e nomeado arcebispo de Milán. Volveu á súa cidade de orixe e destacou pola súa capacidade de traballo, a pesar do pouco tempo que exerceu este posto deixou obras como a Universidade Pontificia do Sacro Cuore, que no seu pensamento, era a continuación case natural da longa e prestixiosa tradición da Biblioteca Ambrosiana.
Papado
editarO 6 de febreiro de 1922, á morte de Bieito XV, foi electo papa polo Sacro Colexio Cardenalicio en Conclave. Foi un candidato de compromiso, escolleito tamén pola súa ampla formación e cultura e polo seu dominio de idiomas.
A súa coroación papal realizouse na explanada da basílica de San Pedro, acto que despois sería imitado por Pío XII, Xoán XXIII e Paulo VI, e lugar onde se realizan as actuais "Misas de Inicio de Pontificado". Dende a autoproclamación da "catividade" da Igrexa católica por Pío IX en 1870, era esta a primeira coroación pública dun papa dende entón. Os seus predecesores foron coroados na basílica de San Pedro ou na Capela Sistina, como o fixeron León XIII, (Pío X e Bieito XV, este último porque, escolleito cando xa comezara a Grande Guerra, quixo unha cerimonia sinxela).
O seu papado caracterizouse polo recoñecemento do Estado italiano por parte da Igrexa, cuestión pendente dende a ocupación dos Estados Pontificios polo reino de Italia en 1870. Pío XI asinou co goberno italiano de Benito Mussolini e o rei Vítor Manuel III o Tratado de Letrán (febreiro de 1929), que deu nacemento ó estado Vaticano independente.
Este acordo, que poñía fin ó estado de cousas vixente dende 1870, fora procurado por ambas partes, e a ambas conviña. Para Mussolini, que buscaba un achegamento ós católicos, cuxa posición ante o Fascismo fora bastante fría. Para a Igrexa, o obte-lo recoñecemento de dereito do seu estado, que aínda que reducido a unha mínima expresión territorial, colocaba a este dentro do concerto das nacións do mundo, con capacidade de establecer relacións diplomáticas.
En Italia, o partido católico do dirixente político Luigi Sturzo, chamado Partido Popular, e opositor ó fascismo, disolvérase pouco antes. Pío XI animou ós católicos italianos nas eleccións de marzo de 1929 a que votasen ós fascistas, e catalogou a Benito Mussolini como un home enviado a nós pola providencia.
De ton similar foi o acordo ou concordato celebrado coa Alemaña nazi o 20 de xullo de 1933, e que implicou, como o Tratado de Letrán para Italia, a imposición do Código de Dereito Canónico en Alemaña e a desarticulación da intervención en política dos católicos. No caso de Alemaña, o Partido do Centro do ex chanceler Heinrich Brüning foi disolto, co que os nazis ficaron sen oposición legal algunha no seu país.
A pesar do seu intransixente anticomunismo, que compartía con quen era un dos seus colaboradores máis próximos, Uxío Pacelli, o futuro Pío XII, cara ao final do seu pontificado, en marzo de 1937, Pío XI emitiu unha encíclica coñecida como Con candente preocupación (en alemán: Mit brennender sorge), en onde se condenaba nunha forma moi tépeda ó réxime nazi. A pesar do ton moi vago das afirmacións deste documento, Adolf Hitler ordenou a Reinhard Heydrich, xefe da Gestapo, que incautase e destruíse as copia do mesmo, e as relacións entre a Alemaña nazi e o Vaticano enturbáronse por un tempo.
Días despois, outra encíclica, coñecida como Divino Redentor (en latín: Divini Redemptoris), condenaba, en termos esta vez máis explícitos, ó comunismo.
Afirmouse que cara fins de 1938 Pío XI preparaba un documento similar no que se aprestaba a denuncia-lo antisemitismo do réxime nazi, pero esta encíclica, cuxos borradores foron descubertos non hai moito, nunca foi publicada debido á súa enfermidade e morte.
Outra encíclica importante do seu reinado é a denominada Quadragessimo anno que conmemorou os corenta anos da publicación da Rerum Novarum de León XIII de 1891 e na que a Igrexa católica tomaba posición por vez primeira fronte ó movemento obreiro.
Pio XI morre o 10 de febreiro de 1939, cando só faltaban uns poucos meses para que estalase a segunda guerra mundial. Durante o seu pontificado, a Igrexa católica fortaleceuse como institución e comezou a ser un referente importante a nivel mundial non soamente nos aspectos relixiosos senón tamén políticos.
Algúns anos antes, en 1931, e coa colaboración dun dos inventores da radio, o nobre italiano Marconi, inauguráronse as transmisións de Radio Vaticano, a través das cales a Igrexa manifestou dende entón as súas opinións a nivel mundial, xa que a emisora moi pronto desenvolveu transmisións en diversos idiomas, cousa que ata o presente continúa facendo.
Outras realizacións
editar- No ámbito intelectual e científico, dou un gran pulo a institucións como a Biblioteca Vaticana, o Instituto Arqueolóxico ou a Pontificia Academia das Ciencias.
- No ámbito diplomático: estendeu as relacións da igrexa con múltiples países. Creou delegacións e nunciaturas e asinou concordatos. Os Secretarios de Estado do seu pontificado foron Gasparri, ata 1930 e Eugenio Pacelli, que o sucedería despois no Sede de Pedro.
- Tamén foi chamado o "Papa dos Xubileos": Ano Santo Romano de 1925, as súas Vodas de ouro sacerdotais en 1929, centenario da Redención 1933-1934. E centenarios de Santo Agostiño, Tomé de Aquino, San Francisco e o Concilio de Éfeso.
Encíclicas
editar- Quadragesimo Anno, sobre a chamada "cuestión social".
- Mit Brennender Sorge, crítica ao nazismo.
- Non Abbiamo Bisogno, crítica ao fascismo italiano.
- Divini Redemptoris, crítica ao comunismo.
- Casti Connubii, sobre a familia.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pío XI, papa |