Alboíno

rei dos longobardos entre 563 e 572

Alboíno é rei dos longobardos máis ou menos desde 563 a 572, sucesor do rei Alduíno, seu pai.

Alboíno
Nuremberg chronicles f 147v 1.jpg
Nacementoc. 530 e 526
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento28 de xuño de 572
Lugar de falecementoVerona
SoterradoVerona
RelixiónArianismo
Ocupaciónmonarca
PaiAudoíno de Lombardía
NaiRodelinda
CónxuxeClodosvinda e Rosmunda
FillosAlbsuinda
IrmánsGrasulfo de Friúl
Na rede
WikiTree: Di_Lombardia-19
editar datos en Wikidata ]
O asasinato do rei Alboino, de Charles Landseer, Leicester Galleries.

TraxectoriaEditar

Tras entrar ao servizo de Bizancio con todo o seu pobo, alíase cos ávaros do khagan Baian contra os xépidos e destrúe o seu reino sobre o Danubio sobre o 567, matando ao seu vello rei Cunimundo e casando á forza coa filla deste último, a princesa Rosmunda. Ao principio do ano 568, se cadra por desconfianza cara os ávaros, pero tamén ao corrente da inestabilidade do dominio bizantino en Italia despois da guerra gótica, decide a migración do seu pobo cara a Italia do Norte, non sen ter concluído con Baian un dereito de regreso a Pannonia e a Nórica válido durante dous séculos. Diríxese desde alí co seu pobo e con outras tribos, entre as que se contas os xépidos, saxóns e mesmo ávaros, cara Italia partindo do lago Balaton (na Hungría actual) o luns de Pascua do ano 568. Ocupa o Friúl na primavera de 569, facendo da rexión o primeiro ducado longobardo e instalando nel un sobriño seu, Xisulfo, con sede en Cividale, capital do ducado. Desde o nordeste da península, conquista toda a fértil chaira do Po ata os Alpes, así como a Italia central coa excepción de Rávena e de Roma, que se libran del, conservadas polos bizantinos, e instala o seu cuartel xeral na antiga Regia do rei Teodorico o Grande en Verona. Milán cae ao final do verán de 569 e Pavía capitula despois dun longo e penoso cerco de tres anos (572).

O 23 de xuño de 572, Alboíno é asasinado en Verona mentres dorme a sesta. Segundo a lenda, Rosmunda foi a instigadora desta morte por vinganza, pois o rei a obrigara a beber o viño da vitoria nunha copa feita co cranio do seu propio pai.

Alboíno casara antes con Clotsuínda, unha princesa cristiá merovinxia, filla de Clotario, rei dos francos.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Reino longobardo

Segue a:
Alduíno
Alboíno
Precede a:
Cleph