Audoíno de Lombardía

Audoíno (en longobardo: Aldwin ou Hildwin, en latín: Audoinus; tamén chamado Auduin o Audoin) foi un rei longobardo do século VI que gobernou entre o 547 e 563.

Infotaula de personaAudoíno de Lombardía
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte566 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónPaganismo e arianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei dos longobardos (546–560) Editar o valor em Wikidata
FamiliaGausos Editar o valor em Wikidata
CónxuxeRodelinda Editar o valor em Wikidata
FillosGrasulfo de Friúl, Bruder oder Schwester (?) (en) Traducir, Cleph, Ealhild (?) (en) Traducir, Alboíno Editar o valor em Wikidata
PaisAuthari (?) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Menia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Lombardia-21

Traxectoria editar

Pertencente á estirpe dos gausos, segundo a Historia Langobardorum, era fillo de Menia, a esposa longobarda de Basinus, rei dos Turingii,[1]e medio irmán do rei Hermanfredo de Turinxia e Radegunda, a esposa do rei longobardo Wacho.

Segundo Procopio de Cesarea, (Historia das Guerras V, 13), trala morte de Hermanfredo, a súa viúva, Amalaberga, fuxiu cos seus fillos Amalafredo e Rodelinda cara Italia onde seu irmán Teodato era, nese momento (534-36), rei dos ostrogodos.[2] Polo 539, durante as Guerras góticas, estes, foron capturados polo xeneral bizantino Belisario e enviados a Constantinopla. Aló, Xustiniano converteu a Amalafredo en xeneral e casou a Rodelinda con Audoino.[3]

Á morte do soberano letingo Wacho e cando Valtari o seu fillo menor de idade subiu ao trono, Audoíno asumiu o papel de rexente (sobre 540). Conduciu aos longobardos a Pannonia, onde foron asentados por Xustiniano e, cara ao 541, convértese en federado do Imperio Bizantino, obtendo un fœdus do emperador Xustiniano quen lle outorga a Pannonia e a Nórica así como subsidios a cambio de defender a fronteira do Danubio fronte os francos.

Cando, de alí a pouco, tamén morre Valtari, aínda novo (547), Audoíno non respectou os dereitos dos outros parentes do defunto soberano e proclamouse rei. Consumado o cal, porén, foi aceptado sen demasiadas desordes polo pobo longobardo que, neste período de pleno ascenso, estaba situado na Pannonia.

A partir de 551, debeu enviar tropas a Italia ao servizo de Narsés, nas chamadas Guerras góticas, contra os ostrogodos e en 552 non foron menos de 5 000 guerreiros longobardos os que participaron na derrota ostrogoda nas abas do Vesuvio. Ese mesmo ano, Audoíno conseguira vencer tamén aos xépidos coa axuda do seu cuñado Amalafredo:[4] o rei dos xépidos, Turisindo, perdeu ao seu fillo marior, Turismundo, na batalla de Asfeld, durante a cal foi morto por Alboíno, o fillo de Audoíno.

Morto sobre o 563, foi o pai do rei Alboíno, que levou aos longobardos a Italia.

Notas editar

  1. Brandes (2005), p. 181
  2. Procopio de Cesarea (2007), p. 127.
  3. "Lombards Kings". germantribes.org (en inglés). 23 de maio de 2011. Archived from the original on 23 de maio de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  4. Wolfram (1997), p. 283

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Reino longobardo

Segue a:
Valtari
Audoíno de Lombardía
Precede a:
Alboíno