Amalaberga foi unha nobre gótica do século VI, do reino ostrogodo e do reino dos Turingii. Era filla dun nobre de nome descoñecido falecido ca. 500 e Amalafrida, a futura esposa do rei vándalo Trasamundo (r. 496-523), e sobriña do rei ostrogodo Teodorico, o Grande (r. 474–526). Tiña un irmán chamado Teodato que chegou a ser rei dos ostrogodos (r. 534–536).[1]

Amalaberga
Nacementomilenioxuliano
Falecemento540
Ocupaciónconsorte
NaiAmalafrida
CónxuxeHermanfredo
FillosAmalafredo e Rodelinda
Na rede
WikiTree: Ostrogoths-40
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pertencía á dinastía dos Amalos. Educada en Italia, casou polo 507/511 co rei dos turingii Hermanfredo, fillo do rei Bisinus e da súa esposa longobarda Menia, con quen tivo dous fillos, Amalafredo e Rodelinda. Como dote, Hermanfredo pagou a Teodorico algúns cabalos branco-prateados.[2] Procopio de Cesarea afirma que o matrimonio foi para pechar unha alianza entre os ostrogodos e os turingii dirixida contra os francos.[3]

As guerras dos Turingii editar

Hermanfredo e mailos seus irmáns Baderico e Berthar sucederon a seu pai como co-gobernantes, mentres que a súa nai regresou co seu pobo, onde a súa irmá, Radegunda, casara con Wacho, rei dos lombardos. Impulsado pola influencia da súa esposa, Hermanfredo matou a Berthar e tratou de eliminar tamén ao seu outro irmán Baderico para quedar como único rei.[4] De novo, aconsellado pola súa muller, Hermanfredo aliouse co rei franco Teodorico I da Austrasia (r. 511–534/535) contra seu irmán Baderico.[5] A cambio da axuda, prometeu ao franco a metade do reino. De contado, Baderico foi derrotado e decapitado polos francos; mais, unha vez que tomou posesión do reino, Hermanfredo non atendeu as cláusulas da alianza esperando que, en caso dun ataque franco, contaría coa axuda do tío da súa muller. Como consecuencia, naceu unha profunda inimizada entre ambos.

No 531, cinco anos despois da morte de Teodorico o Grande, os francos de Teodorico I axudados polo seu medio irmán, Clotario I de Neustria, e polos saxóns lanzaron unha segunda campaña contra os turingii de Hermanfredo que, segundo o Decem Libri de Gregorio de Tours, foron completamento derrotados e masacrados en masa na batalla nos arredores do río Unstrut e tomaron o palacio real de Scithingi (o actual Burgscheidungen) e o reino turinxio foi anexionado polos francos.

Posteriormente, Hermanfredo, polo 532-533, morreu a carón das murallas de Zülpich,[6][7] no que semellaba unha trampa polo que Amalaberga retornou para a corte ostrogoda en Italia[1] onde gobernaba seu irmán Teodato.[8] Trala toma de Rávena por Belisario, seus fillos foron levados a Constantinopla[9] onde Amalafredo se converteu en xeneral imperial e Rodelinda foi obrigada a casar co rei longobardo Audoíno.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Martindale (1980), p. 63.
  2. Gummere (1930), p. 155.
  3. Procopio de Cesarea, 2007 & pp. 120-121.
  4. Duruy (1918), p. 86.
  5. Martindale (1980), p. 550.
  6. Oman (1908), p. 114.
  7. Duruy (1918), p. 87.
  8. Procopio de Cesarea (2007), p. 127.
  9. Eder, Walter (2021). "Amalaberga". Brill's New Pauly (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Duruy, Víctor (1918). A Short History of France (en inglés). Londres / Toronto: J. M. Dent & sons, Limited. 
  • Gummere, Francis Barton; Magoun, Francis Peabody (1930). Founders of England (en inglés). Brooklyn: G.E. Stechert & Company. 
  • Martindale, J. R.; Jones, Arnold Hugh Martin; Morris, John (1980). The prosopography of the later Roman Empire (en inglés). Volume 2. (395 - 527). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. ISBN 9780521201605. 
  • Oman, Charles (1893). The Dark Ages, 476-918 (en inglés). Londres: Rivingtons. 
  • Procopio de Cesarea (2007). Flores Rubio,, José Antonio, ed. Historia de las Guerras. Guerras Góticas. Libros V-VI. Colección: Biblioteca clásica Gredos, nº 355 (en castelán). Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-2862-9.