Clotario I
Clotario I foi o fillo máis novo de Clodoveo e Clotilde. Foi rei de Neustria (511-561), de Orleáns (532-561), de Borgoña, compartido co seu irmán Khildeberto (534-558), de Austrasia (555-561) e de París e de Borgoña (558-561).
Clotario I | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 498 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido e Soissons |
Falecemento | 29 de novembro de 561 |
Lugar de falecemento | valor descoñecido e Soissons |
Soterrado | Soissons |
Nacionalidade | Reino franco |
Ocupación | monarca |
Pai | Clodoveo I |
Nai | Clotilde da Borgoña |
Cónxuxe | Guntheuc, Ingonda, Aregunda, Chunsene, Radegunda e Waldrada |
Fillos | Cariberto I, Gontrán, Sixeberto I de Austrasia, Clodosvinda, Khilperico I, Chram, Gundoaldo, Bilichilde e Chlotsuinda (?) |
Irmáns | Clodomiro, Childeberto I, Teodorico I, rei franco, Ingomer e Clotilde |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
No repartimento do Regnum Francorum, á morte do seu pai (511), Clotario obtén a Neustria. Casa con Ingonda no 517.
Á morte do seu irmán Clodomiro (524), Clotario casou coa súa viúva, Gondioque; pero aínda así non obtén o territorio do seu irmán defunto: a lei sálica impón a partición do reino entre os fillos de Clodomiro. Para evitalo, Clotario alíase con Khildeberto para organizar o asasinato dos seus novos herdeiros (532). Dos tres irmáns, dous foron asasinados, e o último (Clodoaldo) renunciará á súa parte e escollerá a vida monástica. Así, Clotario e Khildeberto, puidéronse repartir libremente o territorio do seu irmán.
No ano 531, casa con Radegunda. Pero ela preferirá retirarse a un convento, no canto de convivir ao seu lado, fundando en Poitiers a abadía da Santa Cruz, a primeira abadía feminina de Europa. Foi canonizada como Santa Radegunda. Volveu casar no 532 con Ingonda e logo coa súa irmá Arnegonda.
A morte de Teobaldo (neto de Teodorico, o seu irmán defunto) no 555, e a de Khildeberto (sen descendencia) no 558, permitirán a Clotario reunificar o Regnum Francorum do seu pai.
Aínda volveu casar con Chunsina, e logo con Vulderade (555) viúva de Teodebaldo, rei de Austrasia.
O seu reinado estivo marcado por numerosas campañas militares, a saber:
- A guerra contra os burgundios (523-526).
- A campaña de Turinxia (530).
- A invasión da Borgoña (534), en compañía do seu irmán Khildeberto (onde se repartiron a coroa).
- A tentativa errada da invasión de Hispania (542), con Khildeberto; pero foron rexeitados en Zaragoza.
Ao final do seu reinado tivo problemas co seu fillo Cramne, que se revelou contra el en numerosas ocasións. Seguiu a Cramne ata Inglaterra, onde se refuxiara, e Clotario encerrouno a el e á súa muller e fillos nunha granxa e prendeulle lume. Perseguido polo remordemento, foi a Tours a implorar perdón sobre a tumba de San Martiño. Morreu pouco despois.