Cariberto I
Cariberto I, nado c. 521 e finado en París en 567, foi rei de París de 561 a 567.
Cariberto I | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 520 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 567 |
Lugar de falecemento | Chelles |
Ocupación | monarca |
Pai | Clotario I |
Nai | Ingonda |
Cónxuxe | Ingoberga, Meroflede, Theodechilde e Marcova |
Fillos | Berta de Kent, Berteflede, Clothilde e Cariberto de Hesbaye |
Irmáns | Chram, Khilperico I, Gontrán, Sixeberto I de Austrasia, Gundoaldo e Clodosvinda |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
XenealoxíaEditar
Fillo de Clotario I e da súa primeira esposa Ingunda.
BiografíaEditar
Clotario I reunificara con traballo o reino franco de Clodoveo I. Á súa morte, o reino foi dividido novamente entre os seus catro fillos.
- Cariberto I recibiu o Reino de París.
- Neustria tocoulle a Khilperico I.
- Orleáns (Austrasia) a Sixeberto I.
- A Borgoña a Gontrán.
En 558, organizou unha expedición contra a rebelión de seu irmán Chram. Á morte de seu pai en 561, foi rei de París, e posuía o oeste da Galia. Fortunato loou a súa cultura en letra e en dereito. Casou con Inxeberga, coa que tivo dúas fillas. Despois abandonouna por dúas fillas dun artesán do obradoiro real: Merofleda e Marcova. Foi excomungado polo bispo Xermán de París despois da súa voda cunha relixiosa chamada Tibilda. En 566, nomeou o seu sobriño político Bertrand como bispo de Bordeos e casou a súa filla Berta co rei de Kent. Morreu o 5 de marzo de 567 en París.
Francos | ||
---|---|---|
Segue a: Cariberto I |
Cariberto I | Precede a: Clotario I |
Merovinxios |