Khilperico I
Khilperico I, nado cara o 539 e finado no 584, foi rei de Neustria no 561 á morte do seu pai Clotario I, rei dos francos, o cal divide o reino entre os seus catro fillos.
Khilperico I | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | post. 525 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 27 de setembro de 584 |
Lugar de falecemento | Chelles |
Causa | asasinato premeditado |
Soterrado | Abadia de Saint-Germain-des-Prés |
Ocupación | monarca |
Pai | Clotario I |
Nai | Aregunda |
Cónxuxe | Audovera, Galsvinta e Fredegunda |
Fillos | Theudebert of Soissons, Merovech of Soissons, Clovis, Basina, daughter of Chilperic I, Childesinda, Rigunda, Clodeberto, Sansão, Dagoberto, Teodorico e Clotario II |
Irmáns | Chram, Cariberto I, Gontrán, Sixeberto I de Austrasia, Gundoaldo e Clodosvinda |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Khilperico apodérase do tesouro de Soissons e ocupa París. Pero os seus irmáns obrígano a respectar a partición.
Repudia á súa primeira esposa, Audovera.
No 566, casa con Galswinta, filla do rei visigodo Atanaxildo e irmá de Brunequilda, esposa de Sixeberto I, o seu irmán, que herdara Austrasia.
No 567, Galswinta foi asasinada (esganada na súa cama). Sixiberto decide vingar á súa cuñada e é o comezo da guerra entre Neustria e Austrasia, que durará moito tempo. Foi continuada polos seus descendentes.
Casa con Fredegunda. E o mesmo ano, a morte de Cariberto I faille gañar o reino de París.
Batido polo seu irmán Sixeberto, debe o seu trono ao asasinato deste no ano 575.
No 584, foi morto durante unha cacería. O seu fillo Clotario II herda o reino á idade de catro meses, baixo a tutela da súa nai Fredegunda e a protección do seu tío Gontrán I, rei de Borgoña, que así recupera o reino de París.