Clotario II
Clotario II, nado en 584 e finado en 629, foi rei de Neustria, París e finalmente dos francos. Fillo de Khilperico I e de Fredegunda. Pai de Dagoberto I.
Clotario II | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 584 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 18 de outubro de 629 e outubro de 629 |
Lugar de falecemento | valor descoñecido |
Soterrado | Abadia de Saint-Germain-des-Prés |
Nacionalidade | Reino franco |
Ocupación | monarca |
Pai | Khilperico I |
Nai | Fredegunda |
Cónxuxe | Haldetrude, Bertrude e Sichilda |
Fillos | Dagoberto I, Cariberto II, Emma da Austrásia, Meroveo, Berta e Enimia |
Irmáns | Basina, daughter of Chilperic I, Rigunda, Childesinda, Merovech of Soissons, Theudebert of Soissons, Clovis, Clodeberto, Sansão, Dagoberto e Teodorico |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Proclamado rei de Neustria á morte do seu pai con só meses de idade. A rexencia lévaa a súa nai Fredegunda. Pronto comezou a ter problemas cos nobres que lle reprochaban a forma en que obtivera o poder.
Non podendo gobernar só, chamou ao seu cuñado Gontrán I, que xa controlaba a maioría do reino franco. Este fai promulgar no ano 587 mediante o tratado de Andelot numerosas reformas conducentes a simplificar a xestión do reino.
Gontrán fai tamén recoñecer, baixo o nome da lei sálica, un costume segundo a cal o rei non necesitará dividir o reino entre os seus herdeiros. Debe designar un só e único sucesor. Se non o fai, terase en conta a primoxenitura masculina ou o parentesco próximo.
Gontrán morreu no 592, deixando ao seu sobriño baixo a tutela dun consello formado por leudes e Mordomos de Palacio. Fredegunda morreu no 597, deixando ao seu fillo con enormes dificultades.
Gontrán deixara a maior parte das súas posesións ao seu outro sobriño, Khildeberto II. Á súa morte Clotario convértese no rei de todos os francos.
Un dos primeiros actos de Clotario foi de vinganza. Fai asasinar a Brunequilda, nunha ofrenda póstuma á súa nai.
Desde o 613 ata a súa morte no 629, Clotario II goberna un país franco unificado, pacificado, pero con xordas loitas de influencia entre o poder central e os seus leudes, que non puidera eliminar, necesitando numerosos administradores para un reino tan grande. Neste momento é cando comeza o poderío dos mordomos de palacio, aos cales cede o mando dos exércitos e recoñece como hereditario o cargo de mordomo. Constituíndo unha ameaza para o trono.
Á súa morte, Clotario II deixa o xerme da decadencia merovinxia, aínda que o seu comezo estará atrasada pola acción do seu fillo, o último gran rei merovinxio, Dagoberto I.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clotario II |