Khildeberto II

rei de Austrasia


Khildeberto II, nado en 570 e finado en 595, foi rei de Austrasia e fillo de Sixeberto I.

Modelo:BiografíaKhildeberto II

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Childebert II Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 570 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortemarzo de 596 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteIntoxicación Editar o valor en Wikidata
Rei dos francos
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, escritor Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos francos (593–595)
Rei dos francos (592–596)
Rei dos francos (575–595) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Merovinxia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFaileuba Editar o valor en Wikidata
FillosTheodila, Teodeberto II, Teodorico II, Rei franco Editar o valor en Wikidata
PaisSixeberto I de Austrasia Editar o valor en Wikidata  e Brunilda da Austrásia Editar o valor en Wikidata
IrmánsIngund
Chlodosind Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
The Nuttall Encyclopædia >>>:Childerbert II.
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Merovingian-32

Cando o seu pai foi asasinado no 575, por dous escravos de Fredegunda, Khildeberto foi sacado de París cara a Metz, por Gundebaldo, un dos seus fieis e foi recoñecido rei. Tiña só cinco anos de idade e durante a súa longa minoría, o poder estivo disputado entre a súa nai Brunequilda e os nobres.

Khilperico, rei de París, e o rei Gontrán de Borgoña, buscaron aliarse con Khildeberto, o cal foi adoptado por ambos, por quendas. Pero despois do asasinato de Khilperico no 584, e os perigos ocasionados á monarquía franca pola expedición de Gundebaldo no 585, Khildeberto foi finalmente adoptado por Gontrán.

Mediante o Pacto de Andelot no 587, Khildeberto foi recoñecido como herdeiro de Gontrán. Coa axuda do seu tío dominou as revoltas dos nobres e tivo éxito no sitio do castelo de Woëwre. Durante a súa vida fixéronse moitos intentos por parte de Fredegunda, que estaba ansiosa de asegurar a herdanza de Gontrán para o seu fillo Clotario II.

Tamén é coñecido por completar a lei sálica, mediante un decreto.

Khildeberto tivo relacións co Imperio Bizantino e loitou no 585 en nome do emperador Mauricio contra os longobardos en Italia.

Á morte de Gontrán no 592. Khildeberto anexiónase o reino de Borgoña, e mesmo contempla a posibilidade de ameazar as propiedades de Clotario para se converter en único rei dos francos. Morreu no ano 595 deixando dous fillos Teodeberto e Teoderico.