Sixeberto I de Austrasia
Sixeberto I, nado no ano 535 e finado en Vitry en decembro de 575, foi o primeiro rei de Austrasia, trala división do reino de Francia logo da morte de seu pai Clotario I no 561. A súa nai era Ingunda.
Sixeberto I de Austrasia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 535 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 575 |
Lugar de falecemento | Vitry-en-Artois |
Nacionalidade | Reino franco |
Ocupación | monarca |
Pai | Clotario I |
Nai | Ingonda |
Cónxuxe | Brunilda da Austrásia |
Fillos | Ingund, Khildeberto II e Chlodosind |
Irmáns | Chram, Khilperico I, Cariberto I, Gontrán, Gundoaldo e Clodosvinda |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |


Historia editar
Os ávaros, unha feroz tribo nómade relacionada cos hunos, fixeron incursións que lle obrigaron a mover a súa capital de Reims a Metz. Repeleu os seus ataques dúas veces, no 562 e o 568. No 566 contraeu matrimonio con Brunequilda, filla do rei visigodo Atanaxildo. No 567, a morte do seu irmán Cariberto I proporcionoulle o reino de París; ese mesmo ano Galswinta, irmá de Brunequilda e esposa do seu irmán Khilperico I, rei de Neustria, foi asasinada (esganada na súa cama, probabelmente por orde de Fredegunda, amante e futura esposa de Khilperico). Sixeberto decidiu vingar á súa cuñada, comezando así a guerra entre Neustria e Austrasia, que duraría ata 613 e sería continuada polos seus sucesores.
No 573, apoderouse de Poitiers e da Turaine, pero o seu medio irmán Khilperico, así mesmo, obterá conquistas en Aquitania, apoderándose tamén de Reims durante pouco tempo. Asinaron un acordo, que Khilperico incumpriu, e Sixeberto apoderouse do reino do seu irmán no ano 575. Con todo, inmediatamente logo de asumir a coroa, Sixeberto sería asasinado en Vitry por dous sicarios ás ordes de Fredegunda. O seu fillo Khildeberto II, de só 5 anos de idade, sucedeuno como rei de Austrasia.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sixeberto I de Austrasia |