Reims

cidade do nordeste de Francia

Reims (/rmz/, Francés: [ʁɛ̃s] ( )) é a cidade máis poboada da rexión de Gran Leste, aínda que non é capital do seu departamento, Marne. A cidade atópase 129 km (80 mi) ao nordés de París no río Vesle, un afluente do Aisne.

Reims
Reims
Flag of Rheims.svg
Armoiries de Reims.svg
Praza Drouet-d'Erlon;
Arco na Porta de Marte Catedral de Reims
concello de Reims Vila Demoiselle
Praza Real de Reims
Localización
Reims en Francia
Reims
Reims
PaísFlag of France.svg Francia
RexiónGran Leste
DepartamentoMarne
Xeografía
Altitude80-135 m. msnm
Superficie46´9 km²
Demografía
Poboación182.211 (xan. 2018)
Densidade3.885 hab/km²
Outros datos
Código postal52454
AlcaldeArnaud Robinet (2020-2026)

Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne. Ao sur e ao oeste elévase a Montaña de Reims, e nesa mesma dirección atópanse os viñedos de Champaña. Os principais lugares de Reims son a Place Drouet d'Erlon, a Place Royale, no centro, onde se atopa unha estatua de Luís XV, e a place du Parvis, onde hai unha estatua de Xoana de Arco. A Rue de Vesle, a arteria máis importante, atravesa a cidade de suroeste a nordés.

Fundada polos galos, Reims converteuse nunha cidade importante do Imperio Romano.[1] Reims desempeñou máis tarde un papel cerimonial destacado na historia monárquica francesa como lugar tradicional da coroación do reis de Francia. A unción real realizouse na Catedral de Reims, que albergaba a Santa Ampola do crisma supostamente traída por unha pomba branca no bautismo do rei franco Clodoveo I no 496. Por esta razón, Reims refírese a miúdo en francés como la cité des sacres ("a Cidade da Coroación").

Reims é recoñecida pola diversidade do seu patrimonio, que vai dende o Románico ata o Art-déco. A Catedral de Reims, o adxacente Palacio de Tau e a Abadía de Saint-Remi foron catalogados xuntos como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1991 debido á súa destacada arquitectura románica e gótica e a súa importancia histórica para a monarquía francesa.[2] Reims tamén se atopa no extremo norte da rexión vitivinícola de Champaña e está vinculada á súa produción e exportación.

A superficie da cidade é de 47,02 km² e a súa poboación en 2019 era de 181.194 habitantes.

NotasEditar

Referencias
  1. "Reims". Nouveau petit Larousse. 1971. p. 1638. 
  2. "Cathedral of Notre-Dame, Former Abbey of Saint-Rémi and Palace of Tau, Reims". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 17 de outubro de 2021. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar